Hoxe fíxose público o novo protocolo para a hostalería que se basa en dous niveis segundo o compromiso que adquira o establecemento e que serán de obrigado cumprimento.
Este novo protocolo entrará en vigor o próximo 15 de setembro e non se modificarán as condicións de apertura con independencia do nivel epidemiolóxico do concello.
Á espera da publicación do protocolo detallado, este é o resumo:
-Apertura ata a 1:00h para os dous niveis.
-NIVEL 1:
Aforo en interior ao 50 % e 75 % en terrazas.
Distancia mínima de 1,5 metros entre mesas.
Exposición pública dos aforos permitidos do local.
Medidor de CO2, con anotacións como mínimo cada catro horas.
Máscaras cirúrxicas para o persoal, que se deben cambiar cada 4 horas
Dúas horas de formación en protocolos covid para o persoal.
-NIVEL 2:
Aforo en interior ao 75 % e 100 % en terrazas.
Permitese o uso das barras, sempre para utilización individual ou de dúas persoas se son conviventes.
Distancia mínima de 1,5 metros entre persoas de distintas mesas.
Exposición pública dos aforos permitidos do local.
Rexistro de clientes só para restaurantes.
Medidor de CO2 continuo, coa recomendación de contar con actuadores que fan saltar automaticamente o aire acondicionado cando se supera determinado nivel
Disporán de máscaras FPP2 para aqueles empregados que así o requiran, facilitándolles probas diagnósticas cada 7 ou 14 días, dependendo da situación epidemiolóxica.
Catro horas de formación en protocolos covid para o persoal.
Haberá un terceiro nivel de seguridade para casos extraordinarios cando así o requira a gravidade da situación epidemiolóxica e a ocupación asistencial.
O ocio nocturno regularase por un protocolo (actualmente en elaboración) e a previsión e que entre en vigor a principios de outubro.
A Deputación de Pontevedra celebra o 8 de setembro unha xornada informativa en formato online para informar a todo o sector turístico da provincia dos proxectos de financiación dos fondos europeos Next Generation que se van dedicar ao turismo.
Nesta xornada informase das liñas subvencionable, datas de presentación e que proxectos se poden presentan. Para asistir á xornada informativa “Plan de Recuperación do Sector Turístico: Oportunidades para o sector público e o sector privado”, que se desenvolverá de maneira telemática, hai que inscribirse mediante o formulario aquí.
O Comité de Sanidade da Xunta de Galicia reunido no día de onte modificou os niveis de restriccións dos concellos.
No caso da Guarda baixa ao nivel medio-baixo, entrando en vigor ás 00:00h do sábado 28 de agosto:
No referente a HOSTALERÍA:
-Modifícase:
Aforo en interior: 75%.
-Mantense:
No interior: ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.
Non se poderá prestar servizo en barra.
Nas terrazas ao aire libre: 100% das mesas permitidas. A ocupación máxima será de 10persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.
Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.
Horario do peche ao público: as 23:00 horas ca opción de pechar as 1:00 horas sempre que cumpran os requisitos establecidos no marco do Plan de Hostalaría segura.
Non se pode admitir novos clientes a partir das 00.00 horas.
Permítese a recollida no local para consumo no domicilio ata as 1.00 horas.
Permítese a entrega a domicilio ata as 1.00 horas.
-No referente ao OCIO NOCTURNO:
-Modifícase:
Nas terrazas ao aire libre: 100% da capacidade máxima permitida. A ocupación máxima será de 10 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.
-Mantense:
Nas terrazas ao aire libre: A ocupación máxima será de 10 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.
No interior: Limitación ao 50% da capacidade máxima permitida. A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.
A distribución das mesas e persoas será homoxénea entre as diferentes estancias e andares se existen.
Poderá consumirse sentado ou de pé. Non se poderá realizar consumo en barra.
Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.
Horario máximo de peche as 3:00 horas.
Os establecementos deberán dispor dun rexistro de clientes.
Limitación de reunión a só convivintes de 3:00 a 6:00h.
Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro da Guarda presentou o Volanteiro O Piueiro en 2019, esta embarcación típica de gran envergadura navegou a vela pola nosa costa ata comezos do s. XX.
Durante este verán a Asociación Piueiro ofreceu diferentes saídas de navegación promocionando o Camiño Portugués da Costa a través do programa O Teu Xacobeo e que tiveron moi boa acollida.
O Concello da Guarda colabora coa Asociación Piueiro e vai ofrecer saídas gratuítas de navegación pola costa co Volanteiro O Piueiro para aqueles que queiran descubrir esta embarcación a vela que incluirá ademais de navegación polo exterior do porto.
Ofertaranse un total de 8 saídas a finais de agosto e as prazas están limitadas polo que é preciso realizar reserva previa na Oficina de Turismo da Guarda.
O luns 23 de agosto abrirá o prazo de inscrición que pode ser presencial, a través do teléfono 986 61 45 46 ou mail en aguarda.oficina.turismo@gmail.com. Debido ao número reducido de prazas dispoñibles unha persoa poderá inscribir a un total de catro, excepto as unidades familiares. A idade mínima para participar é de 10 anos.
Adiantase os cambios nos aforos da hostalería e a actualización dos niveis de restriccións do concellos resultado do Comité de Sanidade da Xunta de Galicia reunido no día de onte.
Estas medidas entrarán en vigor ás 00:00h do sábado 21 de agosto:
A Guarda baixa ao nivel medio:
Cambios na hostalería:
Aforo en interior: 50%.
Aforo en terraza: 100%.
Cambios no ocio nocturno:
Aforo en interior: 50%.
Aforo en terraza: 75%.
Limitación de reunión a só convivintes de 3:00 a 6:00h.
Os albergues poderán manter a ocupación máxima das prazas dos espazos de aloxamento de uso compartido sempre que os peregrinos realicen o Camiño en todas as súas etapas no territorio galego nun mesmo grupo «burbulla» ou de convivencia estable. Para estes efectos, fomentarase a constitución destes grupos de convivencia estable para a realización do Camiño e o aloxamento compartido na rede pública e privada de albergues de Galicia. Para a acreditación da constitución dos grupos de convivencia estable para o aloxamento compartido admitirase a declaración responsable por parte dos membros do grupo, sen que, unha vez feita, poidan admitirse novos membros.
Cando o aloxamento compartido non sexa dun grupo de convivencia estable, a ocupación máxima das prazas nos espazos de aloxamento compartido será do 50 %
O venres 13 de agosto publicouse o boletín coas novas medidas sanitarias acordadas tralo coñecemento da resolución do Tribunal de Xustiza no que deixa sen validez o requisito de acreditación de inmunidade para o acceso ao interior do local.
A Guarda mantense no nivel alto.
-Mantense a permanecia a grupos de convivintes entre as 1:00 e 6:00h. No restante horario, limitase a permanencia en grupos a 6 persoas non convivintes en interior e de 10 en exterior.
-No referente a hostalería e ocio nocturno
Indicacións que SI SE MODIFICAN entrando en vigor o 17 de agosto:
Hostalería: aforo en interior: 30%
Peche do ocio nocturno.
Indicacións que non se modifican:
Aforo no exterior: 50%.
Recollida no local e reparto a domicilio ata as 01:00 horas.
Agrupacións en hostalería: máximo de 6 persoas non convivintes en interior e de 10 persoas non conviventes en terraza.
Horario de peche ás 23:00h, permítese ampliar ata ás 1:00h cumprindo os requisitos:
-Non admitir clientes despois das 00:00h.
-Dispor dun medidor de CO2 que contará coa marcación CE.
Recomendase o uso do medidor de CO2 aos establecementos de hostalería aínda que non traballen a partir das 23:00h.
A finalidade desta subvención é contribuír á modernización e á mellora da competitividade dos establecementos hoteleiros e as empresas de restauración de 25 ou máis persoas traballadoras para o ano 2021.
Os establecementos hoteleiros (artigo 55.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro)
Establecementos hoteleiros
Apartamentos e vivendas turísticas.
Campamentos de turismo.
Establecementos de turismo rural.
Albergues turísticos
As empresas de restauración (Grupos I, II e III do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro)
Información: Axencia de Turismo (Fomento) nos teléfonos: 981 54 74 04 e 981 54 63 64 ou vía mail: fomento.turismo@xunta.gal
Prazo de presentación das solicitudes: remata o 26 de agosto de 2021.
Contía da axuda: 100 % do gasto subvencionable cos límites indicados segundo número de traballadores:
Para empresas de 25 a 50 traballadores: máximo de 40.000€.
Para empresas de 51 a 75 traballadores: máximo de 55.000€.
Para empresas de 76 ou máis traballadores: máximo de 75.000€.
GASTOS SUBVENCIONABLES:
Gastos derivados da transformación dixital.
Gastos derivados de mellora da imaxe da empresa e vinculación coa imaxe de Galicia e do Xacobeo.
Actuacións de mellora da accesibilidade nos establecementos: actuacións que permitan mellorar a accesibilidade e configurar unha oferta inclusiva para calquera colectivo.
Desenvolvemento de actuacións que permitan melloras na sustentabilidade das actividades turísticas: estudo e definición de proxectos de investimento que melloren a sustentabilidade da empresa, creación de produtos sustentables, oferta baseada en km 0 ou posta en valor de recursos naturais e vinculados co territorio.
Gastos derivados da creación de produto e/ou comercialización do destino Galicia.
DOG nº 141 do 26/07/2021 Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a mellora da competitividade dos establecementos hoteleiros e de restauración que serán susceptibles de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021.
Publicado o boletín coas novas medidas sanitarias acordadas no comité clínico, adiantanse os cambios para a hostalería e ocio nocturno que entran en vigor o sábado 31 de xullo.
A Guarda sube ao nivel alto.
Limitase a permanecia a grupos de convivintes entre as 1:00 e 6:00h. No restante horario, limitase a permanencia en grupos a 6 persoas non convivintes en interior e de 10 en exterior.
No referente a hostalería:
Requisito de acreditación de inmunidade (maiores de 12 anos) para o acceso ao interior do local.
Indicacións que non se modifican:
Aforo en interior e exterior: 50%.
Recollida no local e reparto a domicilio ata as 01:00 horas.
Agrupacións en hostalería: máximo de 6 persoas non convivintes en interior e de 10 persoas non conviventes en terraza.
Horario de peche ás 23:00h, permítese ampliar ata ás 1:00h cumprindo os requisitos:
-Non admitir clientes despois das 00:00h.
-Dispor dun medidor de CO2 que contará coa marcación CE.
Recomendase o uso do medidor de CO2 aos establecementos de hostalería aínda que non traballen a partir das 23:00h.
No referente ao ocio nocturno:
Unicamente servizo nas terrazas ao aire libre para o consumo e o servizo sentado na mesa.
Requisito de acreditación de inmunidade.
Aforo do 50% da capacidade máxima permitida.
Máximo de 10 persoas non convivintes por agrupación.
Non estará permitida a instalación de barras para o consumo ou o servizo nelas a clientes da terraza.
Horario máximo de peche será á 1:00 horas.
A inmunidade acreditase mediante certificado emitido polo servizo de saúde ou por un laboratorio oficial autorizado (exentos os menores de 12 anos):
Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización de conformidade co Regulamento (CE) nº 726/2004.
Que dispoñen dunha proba diagnóstica de infección activa (PDIA) negativa. No caso dos tests rápidos de antíxenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01, do Consello de Europa, e admitirase a exhibición da comunicación remitida polo servizo público de saúde. A proba debe ser realizada nas últimas 72 horas anteriores.
Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 diagnosticada e está no período comprendido entre o día 11 e o 180, ambos incluídos, despois da PDIA positiva.
Estos certificados tan só se mostrarán á entrada do espazo interior, non se conservarán estes datos nin se crearán ficheiros con eles.
No boletín publicado pola Consellería de Sanidade detallanse as medidas sanitarias acordadas polo Comité clínico e que entran en vigor o sábado 24 de xullo.
A Guarda sube ao nivel medio.
No referente a hostalería:
Modifícase o aforo máximo en terraza sendo do 50 %.
Indicacións que non se modifican:
Aforo en interior: 50%.
Recollida no local e reparto a domicilio ata as 01:00 horas.
Agrupacións en hostalería: máximo de 6 persoas non convivintes en interior e de 10 persoas non conviventes en terraza.
Horario de peche ás 23:00h, permítese ampliar ata ás 1:00h cumprindo os requisitos:
-Non admitir clientes despois das 00:00h.
-Dispor dun medidor de CO2 que contará coa marcación CE.
Recomendase o uso do medidor de CO2 aos establecementos de hostalería aínda que non traballen a partir das 23:00h.
No referente ao ocio nocturno:
O horario máximo de peche será ás 3:00 horas.
O uso de máscara será obrigatorio en todo momento. Só se poderá exceptuar o uso da máscara exclusivamente nos momentos estritamente necesarios para comer ou beber.
Dispor do rexistro de clientes nas condicións establecidas no Protocolo de lecer nocturno.
Exterior aforo máximo do 100% segundo autorización a partir das 23:00h. Pero sempre que se poda garantir a distancia de seguridade de 1,50 metros entre mesas.
Interior aforo máximo do 50%.
Acceso para interior e terraza (corrección do 23 de xullo) previa presentación dun certificado emitido polo servizo de saúde ou por un laboratorio oficial autorizado:
1º. Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización de conformidade co Regulamento (CE) nº726/2004.
2º. Que dispoñen dunha proba diagnóstica de infección activa (PDIA) negativa. No caso dos tests rápidos de antíxenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01, do Consello de Europa, e admitirase a exhibición da comunicación remitida polo servizo público de saúde. A proba debe ser realizada nas últimas 72 horas anteriores.
3º. Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 diagnosticada e está no período comprendido entre o día 11 e o 180, ambos incluídos, despois da PDIA positiva.
Estos certificados tan só se mostrarán á entrada do espazo interior, non se conservarán estes datos nin se crearán ficheiros con eles.
Na entrada e na saída dos asistentes deben establecerse os mecanismos necesarios para impedir as aglomeracións de persoas e respectar as distancias de seguridade.
A distribución das mesas e das persoas será homoxénea entre as diferentes estancias.
Pódese consumir sentado ou de pé pero cumplindo o aforo permitido.
Só se pode solicitar ou recoller a consumición en barra pero non o consumo para evitar as aglomeracións.
Permítese o uso da pista de baile, sempre que a ocupación non supere os 2 metros cadrados da pista por cada usuario.
Os establecementos deberán usar dispositivos medidores de CO2, que deberán dispor dunha pantalla que mostre os niveis de CO2 en tempo real nunha zona visible para os usuarios. Estes dispositivos deberán levar a marcación CE.
Á espera da publicación do boletín coas novas medidas sanitarias acordadas no comité clínico, adiantanse os cambios para a hostalería que entran en vigor o sábado 24 de xullo.
A Guarda sube ao nivel medio polo se modifica o aforo en exterior: 50 %
Indicacións que non se modifican:
Aforo en interior: 50%.
Apertura do ocio nocturno ata as 3:00h.
Agrupacións en hostalería: mantense 6 persoas non conviventes no interior e 10 en terraza.
Publicado o boletín DOG da Xunta coa Orde da Consellería de Sanidade onde se detallan as novas medidas sanitarias e que entran en vigor o sábado 17 de xullo (ás 00.00h do venres ao sábado):
• Manténse:
A Guarda, no nivel medio baixo (grupo D).
Recollida no local e consumo a domicilio e reparto a domicilio ata as 01:00 horas.
Aforo no interior do 50% e en terraza ao 100% segundo autorización. Pero sempre que se poda garantir a distancia de seguridade de 1,50 metros entre mesas.
Prohibido o consumo en barra. Permitido solicitar e recoller consumicións na barra por parte das persoas usuarias.
Toda hostalería poderá abrir ata ás 1.00h cumprindo os requisitos:
-Non admitir clientes despois das 00.00h.
-Dispor dun medidor de CO2 que contará coa marcación CE. A localización do medidor deberá axustarse ás indicacións técnicas aplicables e ter en conta o tamaño e a forma do espazo, as súas entradas de aire e o fluxo da ventilación. Non se situarán preto das xanelas, portas ou outros puntos de ventilación.
Recomendase o uso do medidor de CO2 aos establecementos de hostalería aínda que non traballen a partir das 23.00h.
• Modifícase:
Agrupacións en hostalería: máximo 10 persoas non conviventes en terraza. Manténse o máximo de 6 persoas non convivintes en interior.
Recoméndase que os grupos non superen as seis persoas, como máximo, en espazos pechados, e as dez persoas, como máximo, en espazos abertos ou ao aire libre, sexan de uso público ou privado, agás que se trate de conviventes.
Publicado o boletín DOG da Xunta coa Orde da Consellería de Sanidade onde se detallan as novas medidas sanitarias e que entran en vigor o sábado 26 de xuño (ás 00.00h do venres ao sábado):
• Manténse:
A Guarda, no nivel medio baixo (grupo D).
Recollida no local e consumo a domicilio e reparto a domicilio ata as 01:00 horas.
Agrupacións en hostalería: máximo de 6 persoas non convivintes en interior e de 15 persoas non conviventes en terraza.
Aforo no interior do 50%.
Toda hostalería poderá abrir ata ás 1.00h cumprindo os requisitos:
-Non admitir clientes despois das 00.00h.
-Dispor dun medidor de CO2 que contará coa marcación CE. A localización do medidor deberá axustarse ás indicacións técnicas aplicables e ter en conta o tamaño e a forma do espazo, as súas entradas de aire e o fluxo da ventilación. Non se situarán preto das xanelas, portas ou outros puntos de ventilación.
Recomendase o uso do medidor de CO2 aos establecementos de hostalería aínda que non traballen a partir das 23.00h.
• Modifícase:
Amplíase o aforo en terraza ao 100% segundo autorización. Pero sempre que se poda garantir a distancia de seguridade de 1,50 metros entre mesas.
Importante: “Só se poderá utilizar a barra para solicitar e recoller consumicións por parte das persoas usuarias, pero non para realizar o consumo nela.”
Á espera da publicación do boletín coas novas medidas sanitarias acordadas no comité clínico, adiantanse os cambios que entran en vigor o sábado 26 de xuño, e en especial no referente a hostalería.
Permítese pedir e servir na barra, pero non consumir.
Permítese o 100% do aforo en terraza, si se manten o 1,50 metros de distancia entre mesas.
Reapertura do ocio nocturno a partir do 1 de xullo (seguindo o protocolo de saúde pública).
Aumento ata o 75% do aforo de museos, bibliotecas, academias, ximnasios, academias e lugares de culto.
Proposta de empregar máscara ou distancia de seguridade no exterior a partir do 26 de xuño.
Indicacións que non se modifican:
Aforo en interior: 50%
Agrupacións en hostalería: mantense 6 persoas non conviventes no interior e 15 persoas en terraza.
Toda hostalería poderá abrir ata ás 1.00h cumprindo o requisito de dispor dun medidor de CO2.
O obxecto destas axudas é paliar o impacto económico que tivo a crise sanitaria como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19.
Cada beneficiario/a poderá recibir ata un máximo de 300 euros en función da contía xustificada.
Gastos subvencionables e que estén comprendidos entre o 14 de marzo de 2020 ao 30 de abril de 2021.
Adquisición de material funxible destinados aos equipos de protección individual ou a adopción de medidas hixiénico sanitarias: mascarillas, xelas, mamparas, medidores CO2,…
Asistencia externa para labores de desinfección dos equipos e instalacións.
Plan de contixencias e/ou asistencia de servizo de prevenció alleo para a avaliación dos postos de traballo fronte á COVID-19.
Gastos de licenzas ou aplicativos informativos para o impulso ou desenvolvemento do teletrabllo ou o comercio electrónico.
Gastos de arrendamento de bens inmobles.
Gastos de cotas de autónomos e Seguridade Social.
Poderán solicitar estas axudas, sempre que cumpran os requisitos especificados nas bases, aquelas persoas físicas ou xurídicas, así como as comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica legalmente constituídas que leven a cabo actividades empresariais que motivan a concesión da subvención, e entidades do 3º sector que desenvolvan actividades económicas.
Documentación a presentar: ANEXO 1, ANEXO 2 e ANEXO 3, dispoñible na sede electrónica municipal xunto coas bases completas.
Prazo de presentación das solicitudes ata o 8 xullo (incluído).
Na tarde de hoxe publicouse o boletín DOG da Xunta coa Orde da Consellería de Sanidade onde se detallan as novas medidas sanitarias e que entran vigor o sábado 12 de xuño (ás 00.00h do venres ao sábado):
• Manténse:
A Guarda, no nivel medio baixo (grupo D).
Recollida no local e consumo a domicilio e reparto a domicilio ata as 01:00 horas.
Prohibición do servizo en barra.
Aforo no interior do 50% e en terraza do 75%.
• Modifícase:
Agrupacións en hostalería: amplíase de 10 a 15 persoas non conviventes en terraza (Para o interior manténse o máximo de 6 persoas non conviventes).
Toda hostalería poderá abrir ata ás 1.00h cumprindo os requisitos:
-Non admitir clientes despois das 00.00h.
-Dispor dun medidor de CO2 que contará coa marcación CE. A localización do medidor deberá axustarse ás indicacións técnicas aplicables e ter en conta o tamaño e a forma do espazo, as súas entradas de aire e o fluxo da ventilación. Non se situarán preto das xanelas, portas ou outros puntos de ventilación.
Recomendase o uso do medidor de CO2 aos establecementos de hostalería aínda que non traballen a partir das 23.00h.
Eliminase a prohibición de reunión de non conviventes entre ás 1:00 e 6:00 horas tanto en vivendas coma espazos públicos. Aínda que se recomenda continuar coas precaucións.
Eliminase a limitación nos grupos de persoas. Excepto en determinadas actividades coma a hostalería.
Manténse o aforo do 30% para os albergues pero sí poderán ampliar a ocupación dunha habitación si o grupo é un grupo burbulla acreditado.
Á espera da publicación do boletín coas novas medidas sanitarias acordadas no comité clínico, adiantanse os cambios que entran en vigor o sábado 12 de xuño, e en especial no referente a hostalería.
Eliminase a prohibición de reunión de non conviventes entre ás 1:00 e 6:00 horas tanto en vivendas coma espazos públicos. Aínda que se recomenda continuar coas precaucións.
Eliminase a limitación nos grupos de persoas. Excepto en determinadas actividades coma a hostalería.
Agrupacións en hostalería: mantense 6 persoas non conviventes no interior. Pero amplíase a 15 persoas non conviventes en terraza si o Ministerio de Sanidade publica a modificación.
Toda hostalería poderá abrir ata ás 1.00h cumprindo o requisito de dispor dun medidor de CO2.
Mantense o aforo do 30% para os albergues pero sí poderán ampliar a ocupación dunha habitación si o grupo é un grupo burbulla acreditado.
Trala proposta de Alcaldía e a aprobación en pleno desta medida, será a partir dende o luns 7 de xuño que se podan solicitar estas axudas que chegarán a ser de ata 700 euros por negocio.
O obxecto destas axudas é paliar o impacto económico que sufriron aquelas empresas ou autónomos que tiveron que cesar a súa actividade como consecuencia da ORDE de 26 de xaneiro de 2021, e na que se establecían medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderán solicitar estas axudas, sempre que cumpran os requisitos especificados nas bases, aquelas persoas físicas ou xurídicas, así como as comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica legalmente constituídas que leven a cabo actividades empresariais que foron afectadas polos efectos da ORDE de 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecían medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
Os gastos que poderán ser compensados a través destas axudas incluirán servizos de asesoría ou xestoría, gastos de arrendamento de bens inmobles, de electricidade, de comunicacións, pólizas de seguros ou cotas de autónomos e Seguridade Social. Poderán xustificarse todos aqueles que se teñan realizado entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 25 de xuño, data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Cada beneficiario/a poderá recibir ata un máximo de 700 euros en función da contía xustificada.
Nas próximas semanas o Concello ten previsión de publicar as bases doutra liña de axudas, nas que os beneficiarios serán tamén os negocios locais, a través das que se podan cubrir gastos realizados en material de protección fronte á COVID-19, así como outras inversións dirixidas a adaptar ou desenvolver o negocio dentro da situación de pandemia.
Documentación a presentar: ANEXO 1, ANEXO 2 e ANEXO 3, dispoñible na sede electrónica municipal xunto coas bases completas.
Prazo de presentación das solicitudes do 7 ao 25 de xuño (incluído).
Publicadas as ordes da Consellería de Sanidade onde se establecen as novas medidas de prevención e que entran en vigor o sábado 29 de maio (ás 00.00h do venres ao sábado):
• Manténse:
A Guarda, no nivel medio baixo (grupo D).
Recollida no local e consumo a domicilio e reparto a domicilio ata as 01:00 horas.
Prohibición do servizo en barra.
• Ampliación dos máximos para grupos non conviventes en espazos públicos e privados, e no caso de hostalería tamén están ampliados:
No interior de 4 persoas non conviventes amplíase ata as 6
No exterior de 6 persoas non conviventes amplíase ata as 10.
• Garantir a correcta ventilación dos establecementos de hostalería e recomendación do uso dos dispositivos medidores de CO2 para aqueles que bares e cafeterías sen obligación porque non dan servizo de ceas.
Na tarde de hoxe publicouse o boletín DOG da Xunta coa Orde da Consellería de Sanidade onde se detalla o Plan de Hostalería Segura e que entran en vigor o sábado 22 de maio (ás 00.00h do venres ao sábado):
• Manténse:
A Guarda, no nivel medio baixo (grupo D).
Recollida no local e consumo a domicilio e reparto a domicilio ata as 01:00 horas.
Prohibición do servizo en barra.
• Os establecementos de hostalería (sen licencia de restaurante) poderán dar ceas ata as 01:00h cumprindo uns requisitos xa marcados con anterioridade para os restaurantes:
Funcionará con reserva previa e non admitirá clientes despois das 00.00h.
Deberá haber un rexistro dos clientes do servizo de cea que incluirá o nome e apelidos, DNI e número de teléfono. O responsable do restaurante deberá custodialo polo menos durante 1 mes e deberá asegurarse cumprir coas normas de protección de datos de carácter persoal.
Garantir a correcta ventilación do local que se obxectivará a través da utilización de dispositivos medidores de CO2, que deberán dispor dunha pantalla que mostre os niveis de CO2 en tempo real nunha zona visible para os usuarios. Estes dispositivos deberán levar a marcación CE.
A localización do medidor deberá axustarse ás indicacións técnicas aplicables e ter en conta o tamaño e a forma do espazo, as súas entradas de aire e o fluxo da ventilación. Non se situarán preto das xanelas, portas ou outros puntos de ventilación.
No caso de sistemas mecánicos de ventilación, débese asegurar en todo caso o nivel de CO2 interior e persoal cualificado documentará o mantemento adecuado e as actuacións realizadas.
Á espera da publicación no día de hoxe do boletín especial coas novas medidas sanitarias acordadas no comité clínico, adiantanse os cambios na hostalería, que entran en vigor o sábado 22 de maio:
• Manténse a recollida no local e consumo a domicilio e reparto a domicilio ata as 01:00 horas.
• Os establecementos de hostalería (sen licencia de restaurante) poderán dar ceas ata as 01:00h cumprindo uns requisitos xa marcados con anterioridade para os restaurantes:
Funcionará con reserva previa e non admitirá clientes despois das 00.00h.
Deberá haber un rexistro dos clientes do servizo de cea que incluirá o nome e apelidos, DNI e número de teléfono. O responsable do restaurante deberá custodialo polo menos durante 1 mes e deberá asegurarse cumprir coas normas de protección de datos de carácter persoal.
Garantir a correcta ventilación do local que se obxectivará a través da utilización de dispositivos medidores de CO2, que deberán dispor dunha pantalla que mostre os niveis de CO2 en tempo real nunha zona visible para os usuarios. Estes dispositivos deberán levar a marcación CE.
A localización do medidor deberá axustarse ás indicacións técnicas aplicables e ter en conta o tamaño e a forma do espazo, as súas entradas de aire e o fluxo da ventilación. Non se situarán preto das xanelas, portas ou outros puntos de ventilación.
No caso de sistemas mecánicos de ventilación, débese asegurar en todo caso o nivel de CO2 interior e persoal cualificado documentará o mantemento adecuado e as actuacións realizadas.
Esta información actualizarase coa publicación completa no DOG de Galicia.
O 10 de maio publicouse a modificación das bases reguladoras no DOG para subvencionar proxectos de mellora enerxética dirixido a autónomos, pemes con actividade en comercio, hostalería e outros.
O prazo de presentación das solicitudes remata o 30 de xuño polo que os autónomos e PEMES anda poden solicitar a subvención tendo en conta as dúas modificacións detalladas no boletín:
–Ampliación dos beneficarios:
Sección S: só as divisións 95 e 96.
–Ampliación do gasto subvencionable:
Bono equipamento: renovación do equipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras, secadoras, pasadoras de ferro, vending, mobles frigoríficos, autoservizo e calquera equipamento de consumo enerxético propio do establecemento, sempre que se poida acreditar unha cualificación enerxética B ou superior. Cando non se dispoña dun sistema de etiquetaxe oficial poderase utilizar como referencia outro sistema, como Eurovent ou similar. Aqueles equipamentos para os cales non exista sistema de cualificación enerxética poderán ser subvencionables se acreditan este aspecto e xustifican que o novo equipamento previsto ten unha eficiencia enerxética superior ao substituído. Deberá xustificarse a retirada do equipamento existente e a súa entrega a un xestor autorizado.
PROGRAMA ENERXIA PEME
Afinalidade desta subvención é dimunir o consumo de enerxía, aumentando a eficiencia enerxética e promovendo a introdución da mellor tecnoloxía dispoñible. E deste xeito, reducir a factura de enerxía e aumentar a competitividade das pemes e autonómos.
Pemes e autónomos beneficiarios (seccións do CNAE 2009):
– Sección G: venta e reparación de vehículos de motor y motocicletas (divisións 45, 46 e 47)
– Sección I: Hostalaría:
• Servizos de aloxamento (división 55): Hoteis, aloxamentos turísticos, campings e outros.
• Servizos de comidas e bebidas (división 56): restaurantes, cafeterías e bares.
– Sección R: actividades artísticas, recreativas e de entretemento (división do 90 ao 93)
• Actividades deportivas, recreativas e de entretemento (división 93): xestión de instalacións deportivas, actividades de clubs de deportivos e ximnasios.
–Sección S: outros servizos divisións: 95 e 96 (ampliado na modificación das bases-DOGA 10/05/2021)
Tramitación:
Directamento co INEGA (Instituto Enerxético de Galicia, tel. 981 953 543) onde están dispoñibles os modelos da documentación requerida como os anexos e a memoria técnica do proxecto.
Prazo de presentación das solicitudes: remata o 30 de xuño de 2021 ou ata esgotar o crédito.
Contía da axuda: 80 % do custo elixible da actuación ata un máximo de 6.000€.
GASTOS SUBVENCIONABLES:
Son obxecto de subvención os proxectos de mellora enerxética que inclúan investimentos en equipamentos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente.
Investimento mínimo: 1.000 euros, sen incluír o IVE.
Investimentos subvencionables realizados entre o 1 xaneiro e o 30 de setembro de 2021.
Resumo das tipoloxías para gastos subvencionables (pódense combinar varios bonos no mesmo proxecto):
• Bono envolvente: mellorar a envolvente a través de toldos ou láminas de control solar ou térmico.
• Bono iluminación: renovar os equipos de iluminación interior ou exterior.
• Bono instalacións eléctricas: mellora das instalacións eléctricas.
• Bono equipamento: renovar o equipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras ou secadoras, … (ampliado na modificación das bases-DOGA 10/05/2021)
• Bono climatización: equipos para a redución do consumo enerxético nas instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria.
• Bono inmótica: sistemas domóticos e inmóticos que permitan xestionar a enerxía e o gasto de xeito máis eficiente.
DOGA 13/04/2021 Bases reguladoras de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes con actividade de comercio, hostalaría ou artístico-recreativas (programa Bono enerxía peme).
DOGA 10/05/2021: Modificación das bases reguladoras Programa enerxía peme.
O venres 7 de maio publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde e decreto coas novas medidas sanitarias que rexeran coa súa publicación, é dicir, xa está en vigor.
Estas medidas son consecuencia da finalización da prórroga do estado de alarma establecida polo Real decreto 956/2020, do 3 de novembro.
Para toda Galicia:
Mantéñense os niveis de restricións e seguiranse actualizando en función da evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria.
Suprímese o toque de queda (excepto nos concellos co nivel máximo de restricións)
No referente ás reunións de non conviventes:
– Durante o día estará limitado a 4 persas en espazos pechados e a 6 en espazos abertos.
– Quedan restrinxidas as reunións entre ás 1:00 a 6:00h.
Finaliza o peche perimetral a partir do 9 de maio.
Reforzo no rexistro de viaxeiros: as persoas que nos visiten ou que regresen de zonas de alta incidencia deben rexistrarse en coronavirus.sergas.gal/viaxeiros e serán chamados para facer unha proba diagnóstica excepto que acrediten que están vacinados. Para aqueles chegados en avión terán a disposición un posto de cribado.
A Guarda continúa no nivel medio-baixo de restricións, no referente a hostalería:
Mantense:
• TERRAZA: aforo máximo do 75% e 6 persoas non conviventes por mesa ou agrupación de mesas.
• INTERIOR: aforo máximo do 50% e 4 persoas non conviventes por mesa ou agrupación de mesas.
• A prohibición do servizo na barra.
Modifícase:
• Recollida no local e consumo a domicilio e reparto a domicilio ata as 01:00 horas.
• Bares e cafeterías: peche ás 23:00h
• Restaurantes con licencia poderán pechar ás 01:00h cumprindo uns requisitos:
Funcionará con reserva previa e non admitirá clientes despois das 00.00h.
Deberá haber un rexistro dos clientes do servizo de cea que incluirá o nome e apelidos, DNI e número de teléfono. O responsable do restaurante deberá custodialo polo menos durante 1 mes e deberá asegurarse cumprir coas normas de protección de datos de carácter persoal.
Garantir a correcta ventilación do local que se obxectivará a través da utilización de dispositivos medidores de CO2, que deberán dispor dunha pantalla que mostre os niveis de CO2 en tempo real nunha zona visible para os usuarios. Estes dispositivos deberán levar a marcación CE.
A localización do medidor deberá axustarse ás indicacións técnicas aplicables e ter en conta o tamaño e a forma do espazo, as súas entradas de aire e o fluxo da ventilación. Non se situarán preto das xanelas, portas ou outros puntos de ventilación.
No caso de sistemas mecánicos de ventilación, débese asegurar en todo caso o nivel de CO2 interior e persoal cualificado documentará o mantemento adecuado e as actuacións realizadas.
Turismo de Galicia lanza o Plan de Formación para 2021 cunha ampla oferta de cursos de idiomas organizados segundo negocio e, inclusive, específicos como a atención dos peregrinos para establecementos ubicados no Camiño de Santiago.
Os cursos gratuítos realízanse en liña e teñen unha duración entre 18 e 50 horas. Turismo de Galicia expedirá un certificado de participación ás persoas que completen como mínimo o 80 % da formación e superen o test de autoavaliación final.
Destinatarios:
Estar a traballar (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego ou ERTE debido á crise da COVID-19 no sector turístico de Galicia.
Prazo de inscrición: 2 de maio (prazas limitadas).
Cursos dispoñibles:
Programa de transformación dixital para as empresas turísticas de Galicia.
Curso de inglés para Turismo rural.
Curso de inglés para Rutas do Viño.
Curso de inglés para Restaurantes.
Curso de inglés para Aloxamentos.
Curso de inglés para Oficina de turismo.
Curso de inglés para Axencias de viaxes.
Curso de inglés para Rutas do Camiño de Santiago.
Curso de inglés para Empresas de turismo activo.
Curso de inglés para Guías de turismo.
Curso de inglés para Balnearios.
Curso portugués turístico básico.
Curso de xestión de Empresas de Aloxamento.
Evolución do modelo de negocio de Axencias de Viaxe en Galicia: adaptación ao novo mercado.
O mércores 14 de abril publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde e decreto xunto co Plan de Hostalería coas novas medidas sanitarias que rexeran a partir das 00.00h do venres 16 de abril.
Esta nova orde derroga a anterior do 25 de febreiro e modifícanse algúns puntos:
Para toda Galicia:
• Ampliación do toque de queda: 23:00h.
• Continúa o peche perimetral como Comunidade.
A Guarda continúa no nivel D. Incidencia acumulada menor a 150 (x100.000 habitantes).
No caso da hostalería:
Mantense:
• Horario de peche ao público ás 21:00 horas.
• TERRAZA: aforo máximo do 75% e 6 persoas non conviventes por mesa ou agrupación de mesas.
• INTERIOR: aforo máximo do 50% e 4 persoas non conviventes por mesa ou agrupación de mesas.
• A prohibición do servizo na barra.
• Entrega a domicilio poderá realizarse ata as 24:00 horas.
Modifícase:
Recollida no local e consumo a domicilio ata as 22.30 horas.
Detalla expresamente que o aforo permitido debe distribuirse de xeito homoxéneo, especialmente naqueles que dispoñen de varias salas ou comedores. Se hai salas e non se están empregando non se poderá computar esta superfecie para o cálculo do aforo.
Restaurantes con licencia poderán pechar ás 23:00h cumplindo uns requisitos:
Funcionará con reserva previa.
Deberá haber un rexistro dos clientes do servizo de cea que incluirá o nome e apelidos, DNI e número de teléfono. O responsable do restaurante deberá custodialo polo menos durante 1 mes e deberá asegurarse cumprir coas normas de protección de datos de carácter persoal.
Garantir a correcta ventilación do local que se obxectivará a través da utilización de dispositivos medidores de CO2, que deberán dispor dunha pantalla que mostre os niveis de CO2 en tempo real nunha zona visible para os usuarios. Estes dispositivos deberán levar a marcación CE.
A localización do medidor deberá axustarse ás indicacións técnicas aplicables e ter en conta o tamaño e a forma do espazo, as súas entradas de aire e o fluxo da ventilación. Non se situarán preto das xanelas, portas ou outros puntos de ventilación.
No caso de sistemas mecánicos de ventilación, débese asegurar en todo caso o nivel de CO2 interior e persoal cualificado documentará o mantemento adecuado e as actuacións realizadas.
A obriga de utilización de dispositivos medidores de CO2 terá efectos a partir das 00:00h do día 23 de abril de 2021.
A finalidade desta subvención é dimunir o consumo de enerxía, aumentando a eficiencia enerxética e promovendo a introdución da mellor tecnoloxía dispoñible. E deste xeito, reducir a factura de enerxía e aumentar a competitividade das pemes e autonómos.
Pemes e autónomos beneficiarios (seccións do CNAE 2009):
– Sección G: venta e reparación de vehículos de motor y motocicletas (divisións 45, 46 e 47)
– Sección I: Hostalaría:
• Servizos de aloxamento (división 55): Hoteis, aloxamentos turísticos, campings e outros.
• Servizos de comidas e bebidas (división 56): restaurantes, cafeterías e bares.
– Sección R: actividades artísticas, recreativas e de entretemento (división do 90 ao 93)
• Actividades deportivas, recreativas e de entretemento (división 93): xestión de instalacións deportivas, actividades de clubs de deportivos e ximnasios.
Tramitación:
Directamento co INEGA (Instituto Enerxético de Galicia, tel. 981 953 543) onde están dispoñibles os modelos da documentación requerida como os anexos e a memoria técnica do proxecto.
Prazo de presentación das solicitudes: remata o 30 de xuño de 2021 ou ata esgotar o crédito.
Contía da axuda: 80 % do custo elixible da actuación ata un máximo de 6.000€.
GASTOS SUBVENCIONABLES:
Son obxecto de subvención os proxectos de mellora enerxética que inclúan investimentos en equipamentos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente.
Investimento mínimo: 1.000 euros, sen incluír o IVE.
Investimentos subvencionables realizados entre o 1 xaneiro e o 30 de setembro de 2021.
Resumo das tipoloxías para gastos subvencionables (pódense combinar varios bonos no mesmo proxecto):
• Bono envolvente: mellorar a envolvente a través de toldos ou láminas de control solar ou térmico.
• Bono iluminación: renovar os equipos de iluminación interior ou exterior.
• Bono instalacións eléctricas: mellora das instalacións eléctricas.
• Bono equipamento: renovar o equipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras ou secadoras, …
• Bono climatización: equipos para a redución do consumo enerxético nas instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria.
• Bono inmótica: sistemas domóticos e inmóticos que permitan xestionar a enerxía e o gasto de xeito máis eficiente.
DOGA 13/04/2021 Bases reguladoras de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes con actividade de comercio, hostalaría ou artístico-recreativas (programa Bono enerxía peme).
O bono turístico #QuedamosEnGalicia21 é unha tarxeta moedeiro e a finalidade deste programa é estimular a demanda turística interna.
En 2020 os traballadores sanitarios desfrutaron dun bono similar.Para esta segunda convocatoria o programa está financiado no 60% pola Xunta de Galicia.
Beneficiarios:
Persoas maior de idade, empadroadas nos concellos galegos e que non se tiveran beneficiado do bono na primeira convocatoria.
Os cidadáns disporán de tres tipos para escoller:
• Tarxeta de 500 € (300 € aportación da Xunta – 200 € aportación da persoa)
• Tarxeta de 375 € (225 € aportación da Xunta – 150 € aportación da persoa)
• Tarxeta de 250 € (150 € aportación da Xunta – 100 € aportación da persoa)
A tarxeta prepagamento, que emitirá a entidade bancaria colaboradora, ABANCA, estará operativa ata o 15 de decembro do 2021, data na que perderá toda a súa vixencia. Poderán utilizar o saldo da súa tarxeta de forma total ou parcial, así como completar os pagos, de non ter saldo suficiente, con outras formas de pago admitidas polo establecemento turístico.
Prema no enlace para consultar os establecementos hoteleiros e paquetes turísticos adheridos ao programa. Este listado estará en constante actualización a medida que se adhiran as empresas e publiquen as ofertas e paquetes turísticos. As empresas turísticas (empresas de aloxamento e axencias de viaxe) dispoñen ata decembro para darse de alta.
Prazo de presentación das solicitudes:
Do 14 de abril ata o 1 de novembro (incluído)
A solicitude tramitarase excluvisamente por orde de petición.
Tramitación:
Estos cidadáns deberán facer a súa solicitude a través da sede electrónica presentando o anexo II (código de procedemento TU985D)
Unha vez verificado que o solicitante cumpre os requisitos, recibirá unha notificación por sede electrónica e disporá de 3 días naturaies para realizar o ingreso na conta segundo se lle informe na notificación. Despois comprobarán que o ingreso do solicitante foi realizado, ABANCA disporá de 10 días para remitir a tarxeta pregamento ao domicilio do solicitante.
DOGA Nº 68 do 13 de abril – Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, da tarxeta Bono turístico #QuedamosenGalicia21
A oferta patrimonial e natural é moi variada e propuxéronse 5 plans para descubrir A Guarda. Estes plans están organizados por temática para que os visitantes poidan descubrir en detalle segundo a súa preferencia.
Ademais dos 5 plans para descubrir unha boa opción é combinar a visita coñecendo a nosa gastronomía e a nosa sobremesa de renome, a rosca de xema.
Descubrimos en detalle o que non che podes perder en cada plan:
PLAN 1: MONTE SANTA TREGA
O Monte Santa Trega é un referente polos seus valores patrimoniais, relixiosos e paisaxísticos:
–Castro de Santa Trega
É a mostra da cultura castrexa máis importante do noroeste peninsular e a propia estrada de acceso crúzao. Recoméndase estacionar uns metros despois no aparcadoiro diante da Casa Forestal (de pedra). Desde alí pódese contemplar a área escavada do castro e dúas casas reconstruídas.
A súa extensión supera as 20 hectáreas e considérase unha citania xa que foi habitada por máis de 4.000 persoas o que implica unha importante urbanización do espazo. Actualmente está ao descuberto menos do 20% do castro e a parte mellor conservada na zona norte xunto ás casas reconstruídas.
–MASAT
Horario de primavera: de martes a domingo 10:00 a 20:00
O Museo Arqueolóxico de Santa Trega ( MASAT), situado na cima do monte, consérvanse os vestixios atopados ao longo as escavacións, como fíbulas, botóns, empuñaduras, moedas ou diversos obxectos líticos e cerámicos das diferentes épocas e culturas: Bronce, Castrexa e Romana. Destaca a colección labras e esvásticas, elementos de pedra con fins quizás de protección na Cultura Castrexa.
–Patrimonio relixioso
A poucos metros da Casa Forestal comezan a dous Vía Crucis (artístico e antigo) ata chegar á Capela de Santa Trega. Diante da capela localízase o Cruceiro de San Francisco. Unha boa opción é estacionar na Casa Forestal e coñecer o resto do monte camiñando pola senda uns 10 minutos.
–PRG 122 Camiños do Trega
Este roteiro homologado ofrece unha ruta semicircular comezando na Casa Forestal e 6 sendas máis que están unidas entre si e cunha distancia total de 7,7 km. Estas sendas permiten coñecer a riqueza histórica e paisaxista lentamente e co máximo respecto a este legado.
–Excelente miradoiro
Un excelente recordo son as vistas panorámicas á desembocadura do río Miño, Portugal, o Océano Atlántico e o val do Rosal. Calquera lugar ofréceche unha perfecta vista pero destacan as panorámicas desde os dous picos do monte:
.Pico do Facho: ofrece unha excelente panorámica ao Castro de Santa Trega, ao centro urbano e porto pesqueiro, só terás que subir unas cantas escaleiras.
.Pico de San Francisco: é o máis elevado e localízase o MASAT ofrece case unha panorámica completa pero destaca a vista á desembocadura do Miño.
–Atardecer desde a cima
As vistas panorámicas desde o monte poténcianse á tardiña cando o sol desaparece na inmensidade do océano. Moitos visitantes escollen este momento para capturalo.
PLAN 2: PATRIMONIO MARÍTIMO
A Guarda é un pobo mariñeiro que foi crecendo arredor do porto pesqueiro. Unha boa opción é estacionar no porto pesqueiro e percorrer a costa tranquilamente descubrindo este patrimonio:
–Porto pesqueiro
Conserva o seu carácter coas fachadas das casas mariñeiras, estreitas e de gran colorido. No dique sur obsérvanse as tarefas diarias dos mariñeiros, a súa chegada a porto e, mesmo, pódese asistir á venda de marisco e peixe na lonxa os días laborables. Ademais hai varios monumentos que fan referencia á vida e sufrimento no mar.
–Museo do Mar
Aberto fins de semana e festivos. Horario ata o 15 de xuño: de 11.00 a 14.00 h e de 16.00 a 19.00 h
Ao final do paseo marítimo sitúase unha pequena fortaleza circular reconstruída en 1997. O edificio orixinal construíuse no outro dique polos portugueses no s. XVII. Empregouse durante séculos como elemento de defensa contra os ataques piratas. Aparece reproducida no escudo da Guarda desde 1844.
Acolle dúas coleccións museísticas: unha etnográfica cunha mostra do antigo traballo en mar da Guarda e outra malacológica, cunha selección de cunchas de mar do mundo.
–Dique norte
A finais de 2018 realizouse un novo pintado do dique norte con fondo azul en referencia ao mar e con elementos patrimoniais, históricos e naturais representativos da Guarda. Na contorna pódese ver outros exemplos de arte urbana.
–Senda Litoral
Paseo marítimo que percorre a Costa Atlántica en dirección sur ata chegar á desembocadura do Miño (praia do Muíño). Son 3,6 km e é unha ruta apta para bici. A menos de 1km do porto localízanse as Salinas Romanas a pé da senda. É unha antiga industria de sal mariño recentemente escavada.
–Ruta das Cetarias
Esta senda permite contemplar con marea baixa estas construcións no mar empregadas para manter vivo o marisco e que se deixaron de utilizar contorna a 1970.
Esta ruta comeza na Senda Litoral a uns 300 metros do porto coa primeira cetaria e continúa cara ao norte con outra cetaria preto do Museo do Mar. Despois de pasar pola praia de Area Grande a senda é máis natural e tras 3 km de ruta pódese coñecer a Cetaria Redonda, a máis monumental e fácil de visitar cos nenos.
PLAN 3: PATRIMONIO URBANO
O centro histórico localízase en torno ao porto pesqueiro, reflexo do pasado e presente mariñeiro. Nun agradable paseo pódese coñecer o patrimonio:
–Rúa Colón e rúa Baixo Muro
A rúa Colón une o porto coa praza do Reló e foi a rúa principal cando a vila estaba amurallada. Xusto no comezo das escaleiras de pedra consérvase parte dos lenzos da antiga muralla que defendía a poboación dos ataques externos, esta rúa chámase Baixo Muro.
–Praza de San Marcos
Esta praza atópase entre as rúas Colón e San Marcos e ata o s. XIX localizábase o Hospital de San Marcos que prestaba axuda aos pobres e peregrinos a Santiago chegados desde Portugal.
–Praza e Torre do Reló
Os edificios máis significativos a Torre do Reló, a Casa dos Alonso e o antigo Concello onde se localiza a Oficina de Turismo e a Policía Local.
–Igrexa de Santa María
Esta igrexa parroquial orixinalmente románica ampliouse no s. XVI. A fachada principal é barroca con murais brancos (influencia portuguesa) e a fachada sur é de estilo renacentista. A torre lateral de planta rectangular rematada nunha cúpula foi realizada no s. XIX.
Hai que ter en conta que o centro urbano é pequeno e que se pode percorrer comodamente cun paseo:
–Castelo de Santa Cruz
A fortaleza, coñecida popularmente como castelo, construíuse en s. XVII durante a Guerra de Independencia entre España e Portugal. Destaca na súa estrutura os catro baluartes que sobresaen da muralla. Conta con dúas portas de acceso peonil. Desde a rúa Puerto Rico accédese pola Porta da Vila que é a máis próxima. O outro acceso, Porta de Socorro, rodea o recinto amurallado desde a rúa República Dominicana.
–Casas Indianas
Estas vivendas construíronse na segunda metade do s. XIX e comezos do XX polos emigrantes guardeses a Porto Rico, República Dominicana e Brasil. Consérvanse un número importante de vivendas en todo o municipio aínda que destacan as situadas no casco antigo e en nas rúas Puerto Rico e Galicia. As vivendas indianas caracterízanse polo emprego de cantería, azulexo e forxa. Son casas rechamantes que adoptaron as estruturas propias do país americano, o que lles confire unha personalidade propia. Algunhas eran de carácter residencial como é o caso das vilas e outras se dedicaban a negocios ou fins sociais.
–Alameda
Atópase na zona alta do centro urbano e próxima á estrada de acceso ao Monte de Santa Trega. Na súa contorna pódese contemplar destacados exemplos de vivendas indianas e desde aquí pódese iniciar a visita pola contorna urbana para finalizar no porto.
–Zona comercial e mercado semanal
A zona urbana conta cun interesante e variado comercio que se pode paseando. Ademais os sábados pola mañá na contorna da Alameda celébrase o mercado semanal.
–Mercado de Abastos
Na rúa Concepción Arenal localízase o Mercado de Abastos que ofrece produtos frescos as mañás laborais de luns a sábado.
PLAN 4: PATRIMONIO NATURAL
O espazo natural máis interesante da Guarda é a desembocadura do río Miño, xa que nos seus últimos quilómetros antes de verter as súas augas no océano forma un estuario de gran riqueza ecolóxica.
-PRG160 Ruta da Desembocadura do Miño
Ruta sinalizada que permite coñecer os valores naturais comezando preto dos observatorios das aves onde se concentra o maior número de aves do estuario do Miño. Percórrense o 5 km da ribeira do Miño ata chegar á praia do Muíño, na propia desembocadura do río, e tras outro 2 km finalízase na costa atlántica
–Observación de aves:
O Esteiro do Miño localízase na ruta migratoria de numerosas aves que se achegan ata a desembocadura do Miño como zona de paso ou lugar de invernada.A maior concentración de aves localízase na contorna de Salcidos e os observatorios de aves permiten contemplalas e así evitar asustalas.
–Praias fluviais: O Muíño, A Lamiña, A Armona e O Codesal
Na privilexiada contorna natural que forma a desembocadura do Miño localízanse estas catro praias ao longo dos últimos dous quilómetros do río e forman unha bela unidade. Estas praias teñen características oceánicas coa marea alta e fluvial coa marea baixa.Ademais de ofrecer unhas vistas inmellorables cara a Portugal e á desembocadura do río, estes areais están enmarcados por un piñeiral que ofrece lugar de descanso e sombra para os días calorosos de verán. Estas praias de gran valor natural e paisaxístico están incluídas no percorrido da ruta PRG160 Desembocadura do Miño.
–Praias marítimas: Area Grande, Fedorento e O Carreiro
Estas praias ofrecen uns atardeceres espectaculares. Son pequenas calas de area rodeadas de rocas e que se atopan próximas e unidas grazas á ruta das Cetarias. Estas praias son moi valoradas polas propiedades das súas augas iodadas recoñecidas polas propiedades beneficiosas para a saúde, ideais para mellorar as enfermidades reumáticas e dermatolóxicas.
PLAN 5: RUTAS DE SENDEIRISMO
Para gozar do aire ao libre e da natureza hai 6 rutas:
1.- PRG-160 Ruta da Desembocadura do Miño
Ruta sinalizada que permite coñecer os valores naturais comezando preto dos observatorios das aves onde se concentra o maior número de aves do estuario do Miño. Percórrense o 5 km da ribeira do Miño ata chegar á praia do Muíño, na propia desembocadura do río, e tras outro 2 km finalízase na costa atlántica.
2.- Senda Litoral
Paseo marítimo que percorre a costa Atlántica en dirección sur ata chegar á desembocadura do Miño (praia O Muíño). Son 3,6 km e é unha ruta apta para bici. A menos de 1km do porto localízanse as Salinas romanas a pé da senda. É unha antiga industria de sal mariño recentemente escavada.
3.- Ruta das Cetarias
As cetarias son viveiros que se localizan en costa da Guarda. A finalidade destas construcións en pedra era conservar vivo o marisco para a súa posterior venda. Ao longo desta ruta de 4.6 km pódense coñecer 4 cetarias que aínda se conservan.
4.- Ruta PR G122 Camiños do Trega
Este roteiro homologado ofrece unha ruta semicircular comezando na Casa Forestal e 6 sendas máis que están unidas entre si e cunha distancia total de 7,7 km. Estas sendas permiten coñecer a riqueza histórica e paisaxista lentamente e co máximo respecto a este legado.
5.- Camiño Portugués da Costa
Parte do embarcadoiro do transbordador e continúa polos camiños rurais entrando no tramo urbano da Guarda. Segue polo centro histórico ata enlazar na praia de Area Grande coas sendas da costa ata chegar ao municipio limítrofe do Rosal, deixando atrás o 9 km de percorrido de baixa dificultade.
6.- Monte Torroso: sendeiros e ruta BTT
Para aqueles que lle guste a tranquilidade e a aventura ten o Monte Torroso coa Ruta BTT do Suroeste que percorre que os montes da Serra da Groba. Un 35 km e un desnivel acumulado duns 1.000 metros destacando os montes de Sta. Mariña (O Rosal) e o territorio da Valga (Oia). Tamén se pode percorrer a pé os sendeiros deste monte comezando na casa da comunidade de montes.
Liña de axudas a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada que teñen por obxecto contribuír á mellora da calidade turística mediante procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca de Calidade Turística Q do ICTE, correspondentes ao ano 2021 e que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2021.
Dirixida a persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos (Categoría 2ª).
Contía da axuda: entre o 60% e o 70%, sendo o máximo 2.000€ a percibir no proceso de 1ª certificación.
Prazo de solicitudes: remata o 29 de abril de 2021.
Os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema (excluídos os gastos de implantación) correspondente ao ano 2021.
Os custos derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2021.
Documentación a aportar na solicitude:
a) Anexo II
b) Certificado do ICTE sobre a solicitude da adhesión do establecemento ou servizo á marca Q.
c) Orzamento desagregado por conceptos das actuacións que se van realizar.
d) Orzamento ou factura da empresa auditora acreditada polo ICTE, referido aos custos de auditoría externa da marca correspondente ao presente ano.
e) Orzamento, factura pro forma ou factura emitida polo ICTE correspondente á cota de uso de marca anual do ano en curso.
Ademais deberase presentar unha memoria xustificativa e os certificados para a valoración dos criterios que definirá a puntuación obtida e a porcentaxe a subvencionar:
• Municipio de Interese Turístico de Galicia.
• Período de apertura e antiguidade do establecemento ou servizo.
• A posesión do distintivo de compromiso de calidade turística do SICTED (Sistema de Calidade Turística Española en Destinos).
• Distintivos de calidade ambiental e/ou accesibilidade e/ou sustentabilidade e/ou safe tourism en vigor.
• Uso das novas tecnoloxías (TIC).
Esta axuda regúlase en réxime de concorrencia competitiva, sendo compatible coa percepción doutras subvencións, sempre que o importe total non supere o custo da actividade subvencionada.
Prema para máis información sobre esta axuda publicada no DOGA nº 59
No Pleno Ordinario do pasado 26 de marzo aprobaronse as bases regularadoras da liña de axudas directas aos establecementos afectados polo peche obrigatorito decretado na orde do 26 xaneiro de 2021.
Esta axuda directa establece unha contía máxima de 700 € por establecemento ou empresa e está destinada ao pagamento de gastos de arrendamento, electricidade, cotas de autónomos, seguros…
O seguinte paso é a publicación das bases reguladoras desta axuda no Boletón Oficial da Provincia (BOPPO). De todos os xeitos informarase da apertura do prazo e das condicións.
Publicado hoxe no boletín Nº 55 da Xunta as condicións e procedemento para adhesión dos establecementos turísticos este programa de incentivo ao sector turístico galego.
Que é o bono turístico 2021 #QuedamosenGalicia2?
O ano pasado lanzouse esta mesma campaña destinada ao persoal sanitario e sociosanitario de Galicia e neste 2021 amplíase a toda a poboación galega.
Ademais nesta edición conta cunha importante novidade, non se lle esixirá ás empresas turísticas que apliquen ningún desconto sobre os servizos cos que se adhiran ao programa.
Establecementos turísticos se poden adherir:
Aloxamentos turísticos excepto vivendas de uso turístico.
Axencias de viaxes que elaborarán paquetes turísticos coa oferta complementaria (resturantes, turismo activo, industrial,…)
As empresas deben estar inscritas no REAT e dispor de TPV con número de comercio que os identifiquen no servizo de pagamentos.
Coa aceptación da adhesión debese acceder a Turespazo e incorporar os produtos ou ofertas específicas para a promoción.
Quenes serán os beneficiados?
Persoas maior de idade, empadroadas nos concellos galegos que non se tiveran beneficiado do bono na primeira convocatoria.
Estos cidadáns poderán facer a súa solicitude a través da sede electrónica da Xunta cando sexa publicado o procedemento tamén no Diario Oficial de Galicia (DOG).
O Bono turístico 2021 é unha tarxeta moedeiro e os cidadáns disporán de tres tipos para escoller:
Tarxeta de 500 € (300 € aportación da Xunta – 200 € aportación da persoa)
Tarxeta de 375 € (225 € aportación da Xunta – 150 € aportación da persoa)
Tarxeta de 250 € (150 € aportación da Xunta – 100 € aportación da persoa)