MASAT

Exterior del Masat

A sala de exposición, duns 120 m2 ofrece unha visión dos sucesivos períodos do castro e os traballos arqueolóxicos de investigación realizados ata agora. Os principais contidos expositivos son:

  • Da prehistoria: bifaces, raspadores, picos asturienses, etc.

  • Da Idade de Bronce: machadas de bronce e gravados rupestres no monte.

  • Época castrexa. A sala expositiva xira en torno as pezas tipicamente castrexas vinculadas á economía, útiles, crenzas, ornamentación. Destacan as diferentes labras, especialmente, a colección de esvásticas. O remate de torques exposto na vitrina central é o motivo principal de toda a exposición.

  • De influencia romana son os ronseis funerarios antropomorfas, os muíños circulares, os distintos tipos de cerámica, os xogos, a importante colección de moedas, o cabezón de Trega.

  • Escavacións arqueolóxicas. A mesa central recolle as principais campañas arqueolóxicas e o papel desempeñado pola sociedade Prol-Monte nos seus 67 anos de historia.

Os contidos están accesibles aos visitantes mediante audioguías descargables en smartphones en varios idiomas. Ademais conta cunha aula para a realización de talleres didácticos destinados fundamentalmente a escolares de todas as idades.

360

PEZAS DE MUSEO