INTRODUCIÓN

Poboado castreño y casa forestal

En tan só 20,5 km2 de superficie A Guarda posúe un rico e variado patrimonio construído e inmaterial, parte do distinguido como Ben de Interese Cultural (BIC).

A citania de Santa Trega, parcialmente escavada, é o referente castrexo do Noroeste peninsular, a fortaleza de Santa Cruz, do século XVII, forma parte do sistema de fortalezas transfronteirizas construídas a ambos os dous lados do río Miño no contexto da guerra da independencia de Portugal. A paisaxe fortificada complétase coa Atalaia actualmente reconstruída no Porto e os restos de muralla medieval que aínda consérvanse.

O patrimonio relixioso abarca desde as pequenas ermidas de Santa Trega, a Guía, San Caetano e as Mercés ata as igrexas parroquiais de Salcidos, A Guarda e Camposancos e o antigo convento de San Benito, hoxe reconvertido en hotel. Cruces e cruceiros como o de San Francisco fronte á ermida de Santa Trega, o cruceiro Pinto complementado cun peto de ánimas, en Salcidos, e a monumental Vía Crucis do monte son os exemplos máis representativos.

As salinas, as numerosas cetarias de marisco, os fornos cerámicos de Salcidos ou os restos dos muíños de vento, son testemuño dalgunhas das ocupacións das xentes da localidade ao longo da historia.

A rede de Museos da Guarda na que se integran o MASAT (Museo Arqueolóxico de Santa Trega), o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz e o Museo do Mar, conserva e divulga unha parte do rico legado histórico e etnográfico das xentes da Vila.

Ademais do patrimonio construído non debemos esquecer o interese do patrimonio inmaterial, que por intanxible non é menos importante: as romarías, a fala dos cabaqueiros de Salcidos ou a centenaria tradición do Voto que afunde as súas raíces nas calamidades da Baixa Idade Media.

Conscientes da importancia e riqueza deste patrimonio, A Guarda e a veciña localidade portuguesa de Caminha, traballan para lograr a distinción de Paisaxe Cultural da UNESCO.

Religioso

Civil

Centro Cultural

Fortificado

Marítimo

Museo del mar vista sur