MUSEO DEL MAR

museo do mar

O pasado mariñeiro da Guarda, baseado na pesca de baixura tradicional, xerou un interesante patrimonio tanto material como inmaterial.

O patrimonio material pódese observar na arquitectura e o urbanismo do barrio mariñeiro e na fachada marítima do porto, pero sobre todo pódese admirar no Museo do Mar.

O Museo do Mar localízase na Atalaia, ao final do paseo marítimo. Esta edificación, ao final do Paseo Marítimo, lembra unha antiga fortaleza defensiva de planta circular situada no porto que foi derrubada en 1945 para facilitar a extensión das grandes redes utilizados polos barcos de pesca e aproveitar a pedra na construción do dique. En 1997 reconstrúese no emprazamento actual.

O Museo do Mar conta con dúas coleccións: unha etnográfica cunha mostra das antigas artes de pesca e os seus aparellos e outra malacolóxica, cunha selección de cunchas de mar procedentes de todo o mundo.

Unha parte do patrimonio inmaterial está recollido en vídeos editados polo Concello: “Xentes do mar”, “Lendas de mar”, “Mulleres do mar” ou “Tesouros vivos”

Pódese visitar os fins de semana e festivos (de febreiro á Ponte da Constitución):

Horarios:

  • Horario inverno: 11:00 – 14:00 e 16:00 – 19:00
  • Horario verán: (15/06 ao 15/09): 11:00 – 14:00 e 18:00 – 21:00

Taxa de acceso (a partir do 22 de xuño de 2021):

  • 1,50 € tarifa adulto.
  • 1 € tarifa reducida: nenos de 6 a 14 anos, titulares de Carné Xove e membros de familia numerosa.
  • De balde o primeiro sábado de cada mes e festivos locais (16 de xullo e 23 de setembro en 2021).

Prema para descargar a Ordenanza visita a Museos da Guarda.

360