COMO CHEGAR EN BARCO

A Guarda forma unha pequena península xa que está rodeada de auga en gran parte da súa extensión polo río Miño e o océano Atlántico. Está conectada con Portugal polo ferri que cruza o río Miño (actualmente non está operativo) e os amantes do mar contan co porto pesqueiro.

Porto pesqueiro da Guarda

barco

O transbordador de Caminha-A Guarda non funciona desde outubro do 2021. Estas son as opcións para cruzar o río Miño:

1.- A ponte máis cercana (uns 25 minutos en coche) está a uns 10 km de Caminha, na localidade portuguesa de Vilanova de Cerveira, e cruza ao municipio de Tomiño (lugar de Goián). Na rotonda despois da ponte xa poden continuar en dirección A Guarda (outros 10 km) pola PO-552 ou ben pola vía rápida CG-4.2.

 

2.- Peregrinos ou personas que queiran cruzar a pé ou en bici dispoñen do servizo de transporte náutico XACOBEO TRANSFER habilitado desde semana santa de 2022.

O servizo de XACOBEO TRANSFER prestase desde o embarcadoiro do Pasaxe ata o embarcadoiro do Sporting Club Caminhense, a poucos metros do actual embarcadoiro do transbodador en Caminha.

Nota: Cambio temporal da localización en Caminha: a partir de febreiro 2023 o barco Xacobeo Transfer sairá desde o paseo fluvial (na estrada principal) a poucos metros de chegar ao embarcadoiro do transbordador.

Na actualidade o servizo realizase cunha pequena embarcación para un máximo de 12 plazas. O servizo prestase todos os días da semana si as condicións meteorolóxicas así o permiten.

As reservas tramitanse directamente en xacobeotransfer.com. Esta web dispón dos horarios confirmados para cada día (hai horarios bloqueados pola marea baixa). O prezo do viaxe é de 6 € por persoa e 8 € para aqueles pasaxeiros con bici. Só se admite o pago con tarxeta na embarcación.

Estes son os horarios españois previstos aínda que haberá algunhas cancelacións coincidindo coa marea baixa (información dispoñible na web de reservas):

  • Saídas desde A Guarda: comeza ás 8:00 ata as 19:00 (saídas ás horas en punto).
  • Saídas desde Caminha: comeza ás 8:30 ata as 19:30 (saídas ás horas e media).

Para incidencias, resolver dúbidas ou tramitar grupos de máis de 12 personas poden contactar en info@xacobeotransfer.com

Cruzar na desembocadura do Miño

1tn_Monte Santa Trega_vista del Castro de Santa Trega y Estuario del Miño_A Guarda

Aquelas embarcacións que queiran fondear nas augas do porto deben informarse no despacho de Pontevedra (zona sur) de Portos de Galicia.

Tlf: 986 853 916

+ Portos de Galicia