A Guarda conta con espazos para facilitar o estacionamento do vehículo. Os parkings son de uso público e gratuítos e atópanse:
- Rúa Rosalía de Castro (finca de Fínola)
- Rúa Brasil
- Zona escolar da Sangriña no Paseo de Portugal
- Explanada de portos
- Finca da Canteira (comezo da senda litoral no porto)
As principais rúas comerciais contan con ZONA AZUL. Isto significa que o estacionamento de vehículos está limitado pero segue sendo gratuíto. De luns a venres e os sábados á mañá soamente se permite estacionar durante unha hora. Os reloxos para indicar a hora de chegada son distribuídos polos comerciantes da zona e a Policía Local.