PRAIAS FLUVIAIS

vuelo-pe-y-152

O Muíño, A Lamiña, A Armona e O Codesal

Na privilexiada contorna natural que forma a desembocadura do río Miño localízanse estas catro praias ao longo dos últimos dous quilómetros da desembocadura e que forman unha perfecta unidade. Ademais de ofrecer unhas vistas inmellorables cara Portugal e a desembocadura do río, estes areais están delimitados por un piñeiral que convida ao descanso e ofrece sombra para os días calorosos de verán. Estas praias de gran valor natural e paisaxístico forman parte do percorrido da ruta PR-G 160 Desembocadura do Miño. As praias fluviais vense afectadas pola marea, polo que o grao de salinidade aumentará cando a marea suba río arriba. Tamén influirá na temperatura das augas, con carácter oceánica coa marea alta e fluvial con marea baixa.

+ Información

PRAIAS MARÍTIMAS

Playa de la Arena Grande

Area Grande, Fedorento e O Carreiro

Son pequenas calas abertas ao océano e que se atopan a pouca distancia entre elas e unidas polo Carreiro Azul e a Ruta das Cetarias. Son ideais para o baño e outras actividades como a pesca submarina. As súas augas iodadas están recoñecidas polas propiedades beneficiosas para a saúde, ideais para mellorar as enfermidades reumáticas e dermatológicas. As praias marítimas ofrecen uns atardeceres espectaculares.

+ Información

SENDEIRO AZUL

Senda litoral

A Guarda conta desde 2013 co distintivo Sendeiro Azul en recoñecemento ao itinerario que enlaza as dúas praias do Concello que contan co galardón de Bandeira Azul: O Muíño e Area Grande.

A Senda Litoral: Praia O Muíño – Praia Area Grande (SA-3606) así denominada permite descubrir os valores naturais e etnográficos de case a totalidade da costa atlántica da Guarda ao longo dos 5,6 km de percorrido.

O Sendeiro Azul comeza en plena desembocadura do Miño, na praia do Muíño, e seguindo a Senda Litoral inaugurada en 2010, percorre a costa atlántica ata o Porto pesqueiro e continúa ata a praia da Area Grande onde enlaza coa Ruta das Cetarias. Durante un pequeno tramo Ruta das Cetarias e Camiño de Santiago da Costa fúndense nun mesmo itinerario que continúa ata o límite do concello da Guarda co veciño Rosal