C. Antigo
C. urbano
Ruta urbana
Casas Indianas
Centro cultural
Plz. Abastos
CASCO ANTIGO
No Porto atópase o convento das Beneditinas, transformado a finais do XX en hotel. Subindo unhas empinadas escaleiras accédese á rúa Colón, antiga rúa que une a zona do porto co casco antigo. Consérvanse tramos da muralla medieval na rúa Muro e rúa da Ireira. Xa na Praza do Reló encóntrase o edificio do Concello (Policía Local e Oficina de Turismo) e a Torre do Reló, antiga torre de procedencia medieval. Ademais pódense observar exemplos de casas indianas como a Casa dos Alonsos. A poucos metros atópase a igrexa parroquial de Santa María.
CASCO URBANO E ZONA COMERCIAL
O centro urbano organízase en torno ao porto pesqueiro, reflexo do pasado e presente mariñeiro da Guarda. As súas rúas convidan a pasealas e coñecer a ampla e interesante oferta de comercios. Algunhas rúas comerciais contan con zona azul e teñen restrinxido o tempo de estacionamento (gratuíto). Na baixada ao porto (rúa Concepción Arenal) atópase a Praza de Abastos que ofrece produtos frescos e de calidade durante as mañás (agás os domingos). Aqueles que disfruten das compras dispoñen do mercadillo semanal (sábados de mañá) nas rúas Coruña e Rosalía de Castro.
RUTA URBANA
Esta ruta mostra as rúas e arquitectura típicas percorrendo o casco antigo, o porto e pasando polas casas indianas. Comezando desde o porto poderanse observar as tarefas, embarcacións e aparellos dos mariñeiros e a venda de peixe e marisco na Lonxa. O visitante mergúllase no patrimonio e historia da Vila percorrendo a rúa Malteses ou admirando a Torre do Reló. Os fins de semana tamén se pode compaxinar a ruta coa visita ao Museo do Mar, situado ao final do Paseo Marítimo.
RUTA DAS CASAS INDIANAS
Esta ruta mostra unha parte das construcións indianas situadas no centro urbano. Estas edificacións construíronse na segunda metade do S. XIX e comezos do XX polos emigrantes guardeses a Porto Rico, República Dominicana e Brasil. As vivendas indianas caracterízanse polo emprego de cantaría, azulexo e forxa. Son casas rechamantes que adoptaron as estruturas propias do continente americano, o que lles confire unha personalidade propia. Algunhas eran de carácter residencial como é o caso das villas e outras se dedicaban a negocios ou fins sociais. A ruta proposta comeza na rúa Porto Rico onde se conservan varios exemplos de casas indianas e continúa polo centro histórico ata rematar na rúa Galicia, despois de pasar pola Alameda, con algúns excepcionais exemplos de casas indianas. Seleccionáronse 12 destacadas edificacións indianas nun percorrido sinxelo de menos dunha hora.
Centro cultural
Na rúa Rosalía de Castro localízase o mellor exemplo de construción indiana. Levantado en 1921 grazas á colaboración dos emigrantes guardeses e destinado a Hospital Casa-Asilo. Tras a reforma de 1990 converteuse no actual Centro Cultural. Alberga a Biblioteca Municipal, salas de exposicións e un salón de actos.
PLAZA DE ABASTOS
A Praza de Abastos da Guarda é un espazo de reunión e bullicio no que os praceiros poñen a venda produtos do mar e da horta. Veciños e veciñas da Guarda e comarca achéganse á mesma sabedores da calidade e frescura dos produtos que aí se ofrecen. Lenguados, rodaballos, fanecas, congros, rapes ,sardiña xunto con mariscos como o percebe, langosta, centolas ou nécoras… compiten entre eles por acadar o maior protagonismo. Produtos da horta, froitas e carne co recoñecemto de Tenreira Galega completan a oferta.
O singular edificio, luminoso e amplo, é obra do arquitecto guardés Constantino Candeira. A Praza atópase na baixada ao Porto da Guarda, no centro do caso urbano, sendo un dos principais elementos dinamizadores da actividade comercial da localidade.