PRAZA DO RELÓ

Plaza del Reló

Os edificios máis significativos son o actual Concello, a Torre do Reló e a Casa dos Alonsos. A actual da Praza do Reló recibiu outros nomes en función da época e da situación política do momento: Praza Maior ata o s. XVI, despois praza da Constitución, da República e de España.

TORRE DO RELÓ

Formaba parte da antiga muralla medieval e protexía un dos accesos á vila no máis alto do recinto. No 1570 levantouse a actual torre sobre outra primitiva. Reedificouse no 1730 por ameazar ruína a anterior substituíndose por esta data a campá mentres o reloxo actual, doado por José Manuel Andreini, data de 1924. No corpo da torre destacan os escudos de armas.

PRAZA DE SAN MARCOS

Plaza de San Marcos

Esta praza atópase entre as rúas Colón e San Marcos e o actual Xulgado de Paz. Ata o s. XIX localizábase o Hospital de san Marcos que prestaba axuda aos pobres e peregrinos a Santiago chegados desde Portugal. Descoñécese a data da súa fundación pero si está documentada a súa existencia no s. XIV ao ser reedificado en edificio do hospital e a capela.

RÚA COLÓN

Rúa Colón puerta norte

Dividía en dous sectores á cidade amurallada. No comezo e no final atopábanse as únicas portas de acceso á vila. As escaleiras de pedra tamén datan de tempo inmemorial e comunican a praza do Reló co porto.

RÚA BAIXO MURO

Antigua Muralla

Esta rúa denomínase O Muro porque aquí se conservan parte dos lenzos da antiga muralla que defendía a poboación dos ataques externos. Tamén a rúa Ireira conserva outro lenzo da muralla medieval.

FACHADA MARÍTIMA

Fachada marítima

A fachada marítima forma parte núcleo histórico e é unha das estampas máis características da Vila. Xérase coa tipoloxía das construcións, de arquitectura mariñeira entre medianeiras, típica das rías baixas galegas. Esta fachada está englobada no barrio da mariña e as súas edificacións máis antigas están situadas entre o paseo marítimo e a rúa Malteses, noutra época habitada exclusivamente por pescadores.

Na actualidade o aspecto que ofrece a fachada marítima da Garda é dun conxunto de vivendas multicolor que dan a sensación de estar apiladas unhas sobre outras e que se estende mais alá da primeira linea de costa. Polo seu colorido e variedade de formas é unha das paisaxes mais fotografados e que mellor identifican a vila da Guarda.

CASAS INDIANAS

Casa Indiana naranja

Estas vivendas construíronse na segunda metade do S. XIX e comezos do XX polos emigrantes guardeses a Porto Rico, República Dominicana e Brasil.

As vivendas indianas caracterízanse polo emprego de cantaría, azulexo e forxa. Son casas rechamantes que adoptaron as estruturas propias do país americano, o que lles confire unha personalidade propia. Algunhas eran de carácter residencial como é o caso das vilas e outras se dedicaban a negocios ou fins sociais.

Consérvanse un número importante de vivendas en todos as parroquias aínda que destaca sobre todo a rúa Galicia polo elevado número de edificacións por que os emigrados retornados construíron as súas vivendas con sentido de espazos abertos creando esta importante avenida e as seguintes que a comezos do s. XX destacaba pola súa amplitude.

A Ruta das Casas Indianas mostra unha parte das construcións indianas situadas no centro urbano. A ruta proposta comeza en cálea Porto Rico onde se conservan varios exemplos de casas indianas e continúa polo centro histórico até rematar na rúa Galicia, despois de pasar pola Alameda, con algúns excepcionais exemplos de vilas indianas. Seleccionáronse doce destacadas edificacións indianas nun percorrido sinxelo de menos dunha hora.

+DESCARGA A RUTA

MUÍÑOS DE VENTO

Molinos de viento

Na costa construíronse muíños de vento que foron subsistindo con moitas dificultados ao longo do XIX e chegaron algúns deles ata principios do XX, momento no que deixan de utilizarse xa que a causa das continuas avarías que sofren deixan de seren rendibles. Paseando pola Senda Litoral ou pola Ruta das Cetarias aprécianse restos dalgúns destes antigos enxeños no barrio da Guía, As Solanas, A Cruzada e na parroquia de Camposancos,

FORNOS CERÁMICOS

Horno cerámico en Salcidos

Na parroquia de Salcidos, a poucos metros do observatorio de aves da Xunqueira e do cámping de Santa Tecla, poden ser visitados dous fornos cerámicos recentemente rehabilitados que funcionaron hata os anos 60 do s. XX. Neles cocíanse ladrillos e tellas -cabacos no argot dos tecervos- destinadas á construción. Foron moitos veciños de telleiros ou cabaqueiros da parroquia de Salcidos os que emigraron na primavera e verán a outras partes de Galicia e de España dedicándose a esta actividade.

FONTES E LAVADOIROS

Lavadero de la Rivera

FONTES E LAVADOIROS

Son numerosas as fontes e lavadoiros públicos distribuídos polo tres parroquias guardesas. Entre os máis interesantes figuran o lavadoiro e fonte da Ribeira, no Porto, reedificado en 1854; o lavadoiro e fonte da Poza no barrio do Couto na parroquia de Camposancos e o da Cal, tamén coa súa fonte no barrio da Cruzada

MARCOS

Marco del Couto

Na parroquia de Camposancos consérvanse os marcos, antigas pedras que sinalaban os límites do primitivo coto e que tiñan marcas referentes á súa finalidade. A partir do século XII as terras de Camposancos pertenceron ao Mosteiro de Barrantes e ao desaparecer este pasaron ao Cabildo da Catedral Tui no s. XV. Trala desamortización no s. XIX os veciños da parroquia de Camposancos recuperaron estas terras como extensións de uso comunal. Algúns marcos desapareceron e outros aínda se conservan: o marco do Couto é perfectamente identificable e localízase no comezo desta rúa en pleno Camiño Portugués da Costa.