titulo
FESTAS DO MONTE: 2ª semana de agosto
- En 2024: Do 5 ao 15 de agosto.
- Lugar: No concello da Guarda.
- Organiza: Asociación Veciñal Cultural e Deportiva Alameda.
- Destaca: Variada programación con tres eventos centrais: sábado co desfile folclórico; domingo coa romaría no monte de Santa Trega e luns despedida coa tirada de fogos.
Festa de Galicia de Interese Turístico.
Estas festas xa centenarias son as máis destacadas da comarca. Durante a semana diferentes actos culturais e deportivos atraen a centos de visitantes e as noites están reservadas ao entretemento con citas musicais e verbenas.
Un dos principais eventos é o Desfile folclórico do sábado ao que asisten miles de persoas para contemplar os traxes rexionais e os grupos de gaitas e folclóricos invitados que enchen de música as rúas no seu percorrido. Tamén destacan a vintena de bandas mariñeiras que co seu toque de tambores e caixas fan único este desfile. Estas bandas mariñeiras, familias e os visitantes ascenden ao Monte Santa Trega a mañá do domingo para celebrar a cita máis importante, a romaría centenaria. As bandas distribúense pola cima do monte nunha ambiente moi animado cos seus tambores e caixas como protagonistas. O seu son pódese escoitar en todo o municipio sen descanso durante toda a romaría.
FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA: primerio fin de semana de xullo
- En 2024: 5 ao 7 de xullo
- Lugar: Porto
- Organiza: Concello da Guarda
- Destaca: No porto e baixo unha carpa pódese degustar a langosta e outros pratos mariñeros.
Festa de Galicia de Interese Turístico.
A calidade recoñecida da gastronomía guardesa traduciuse en 1991 coa primeira Festa da Lagosta. Desde esta primeira edición a gran afluencia de visitantes aseguro o éxito da festa.
Co paso dos anos a festa foi crecendo en días de celebración e a variedade de produtos do mar e doces que permitiron aumentar a oferta gastronómica e así chegar a todos os gustos. Deste xeito conseguiuse revalorizar a festa.
No porto instálase unha carpa de 1.000 m² con mesas e cadeiras para que os asistentes poidan degustar comodamente da lagosta e demais pratos. Cada ano a oferta de animación e entretemento para adultos e pequenos multiplícase cun amplo e variado programa con actuacións de música, eventos deportivos e culturais, animación infantil, etc.
FESTA DO PEIXE ESPADA: último fin de semana de xullo
- En 2024: do 26 ao 28 de xullo
- Lugar: concello
- Organiza: ORPAGU
- Destaca: Nos restaurante adheridos degustarase das elaboracións do peixe espada. Ademais poderase disfrutar da programación.
Unha parte importante da economía da Guarda é a pesca e no caso da frota espadeira representa o 40% a nivel nacional. Esta festa recuperouse tras uns anos sen celebrarse para dar a coñecer este peixe e tamén dar maior visibilidade á pesca e ao peixe espada.
Durante o fin de semana poderase degustar o peixe espada á prancha nos restaurantes adheridos e cada un terá unha receita especial. Ademais organízanse actividades culturais e música para o goce de todos. Tamén haberá actividades para nenos.
FESTA DAS ALFOMBRAS (SANTÍSIMO)
- En 2024: 1 e 2 de xuño
- Lugar: Casco histórico e porto
- Organiza: Parroquia e grupos veciñais.
- Destaca: O esforzo de semanas de traballo e unha longa noite tradúcese nunhas fermosas alfombras florais.
O fin de semana seguinte á celebración do Corpus Christi elabóranse as tradicionais alfombras florais despois dun mes de preparativos.
Na noite do sábado ao domingo os veciños organizados por rúas do centro histórico e porto elaboran as alfombras florais e de sal tinguido de cores. Os veciños e todos os interesados en participar traballan durante toda a noite e parte da madrugada. Durante a mañá do domingo pódense observar as elaboradas alfombras con deseños moi coloridos e detallistas antes da procesión do Santísimo.
FESTA DA VIRXE DO CARMEN
- En 2024: 15 e 16 de xullo
- Lugar: Porto
- Organiza: Comisión de festas da Virxe do Carme
- Destaca: Festa de gran tradición polo que o Día da Virxe, o 16 de xullo, é festivo local.
Festa de gran arraigamento entre os mariñeiros como noutras localidades costeiras. A Guarda celebra a Festa da Virxe do Carme o 16 de xullo coa celebración da misa solemne e despois a tradicional ofrenda floral aos náufragos. Ademais dos actos relixiosos destaca na véspera da Virxe unha verbena moi popular e un concerto de rock que adoita organizarse o sábado anterior. Durante a tarde do 16 dispútase a regata de gameliñas (pequenas embarcacións a remo).
ROMARÍA DE SANTA TREGA: 23 SETEMBRO
- En 2024: 23 de setembro.
- Lugar: Monte Santa Trega
- Organiza: Irmandade do Clamor.
- Destaca: Festivo local ao ser unha celebración de gran tradición.
A Virxe de Santa Trega é a patroa da Guarda e conta con gran tradición relixiosa na comarca. Durante a mañá celébranse as misas e tras a procesión na honra á Virxe celébranse as tradicionais poxas dos produtos ofrecidos á santa. Despois as familias comen ao aire libre no Monte.
OUTRAS FESTAS
2024: 16 xuño | Festa de San Antonio |
2024: 2, 3 e 4 de agosto | Festa de San Caetano |
2024: 18 de agosto | Festa de San Roque |
2024: setembro | Festa da Virxe da Guía |
2024: 24 e 25 de setembro | Festa da Virxe das Mercedes |
2024: 16 xuño | Festa de San Antonio |
2024: 2, 3 e 4 de agosto | Festa de San Caetano |
2024: 18 de agosto | Festa de San Roque |
2024: 6, 7 e 8 setembro | Festa da Virxe da Guía |
2023: setembro | Festa da Virxe das Mercedes |