CASTELO DE SANTA CRUZ

castillo de Santa Cruz

O Castelo de Santa Cruz forma parte das fortalezas e sistemas defensivos que se construíron no tramo final do río Miño durante a Guerra de Independencia no s. XVII entre España e Portugal. A fortaleza, coñecida popularmente como Castelo, construíuse ao redor de 1664 e para acelerar a súa construción utilizouse pedra da muralla medieval que rodeaba a vila. A planta é de polígono irregular, con catro baluartes que sobresaen da muralla. Nos baluartes localízanse as garitas ben labradas en pedra.

No patio de armas había capela, casa para o gobernador, cuartel para as tropas, cortes, almacéns, polvoreira, carnicería, etc; instalacións detalladas nos planos da época e que se conservan aínda que non permanezan restos das mesmas.

+información

ATALAIA

Atalaya

O edificio actual é unha réplica reconstruída en 1997 da fortaleza defensiva de planta circular existente no Porto e que foi derrubada en 1945 para facilitar a extensión das grandes redes utilizadas polos barcos de pesca e para aproveitar a pedra na construción do dique. Cando os portugueses toman o Castelo de Santa Cruz (1665-1668) no transcurso da guerra da Independencia, ocupan tamén a atalaia e posiblemente refórmena. Serviu igualmente como elemento de defensa ante os ataques piratas.

+ información

MURALLA MEDIEVAL

Muralla medieval

Son escasas as referencias e documentos referidos á antiga muralla, posiblemente medieval, da que aínda se conservan tramos fisicamente descontinuos na rúa da Ireira e na do Muro. Ávila e La Cueva, no século XIX descríbea como muralla de reducido tamaño, sen ningún templo, con poucos veciños no seu interior, de forma circular e non moi forte. No seu interior quedaba o antigo Hospital de Pobres mentres que o actual Concello quedaba fóra da mesma. Constaba de dúas portas, unha xunto ás casas do Concello na actual Praza e outra nas escaleiras que baixan cara ao convento de san Benito.