Marítimas
Fluviales
Ordenanza
Calidad Aguas
Distinciones
Cod. Conducta
Ordenanza
Documento para descarga: Ordenanza reguladora do uso das praias.pdf
Calidad de las aguas
CALIFICACIÓN SANITARIA FINAL PARA AS PRAIAS EN 2023 |
|
Calificación sanitaria do auga de baño* | |
O MUÍÑO | Excelente |
A LAMIÑA | Excelente |
A ARMONA | Excelente |
O CARREIRO | Excelente |
AREA GRANDE | Excelente |
*Calificación sanitaria final de 2023 calculada cos resultados dos controis das catro últimas temporadas. Calificación do auga de baño segundo os criterios establecidos na Directiva 2006/7 /CE e Real Decreto 1341/2007
Distinciones
A Guarda conta con praias fluviais e marítimas, de características diferentes pero iguais estándares de calidade. Nos últimos anos a praia marítima de Area Grande e a fluvial do Muíño recibiron o galardón medioambiental de Bandeira Azul e o distintivo de calidade do SICTED “Compromiso de Calidade Turística” que promove a Secretaría do Estado. Isto mostra o esforzo do Concello en ofrecer un servizo e unha atención de calidade nas praias. Durante os meses de verán organízanse actividades deportivas e eventos nestas praias.
BANDEIRA AZUL: PRAIAS: AREA GRANDE E O MUÍÑO
A Bandeira Azul é un galardón á calidade ambiental da praia que se concede anualmente. Os criterios esixidos para a concesión da bandeira azul son:
- Calidade das augas de baño: augas excelentes. Análise cada dúas semanas.
- Información e educación ambiental: panel informativo e actividades ambientais.
- Xestión ambiental: recollida selectiva de residuos, campañas ambientais.
- Seguridade, servizos e instalacións: Departamento de Salvamento e socorrismo.
Máis información en www.adeac.es
Campaña Bandeira Azul (pdf a descargar)
SICTED. PRAIAS: AREA GRANDE E O MUÍÑO
Desde 2010 estas praias contan coa distinción de calidade SICTED “Compromiso de Calidade Turística” que promociona a Secretaría General de Turismo entre os destinos turístico.
O distintivo recoñece o esforzo e compromiso coa calidade e mellora continua. Grazas á implantación deste sistema de calidade mellorouse a xestión das praias cun novo enfoque procurando a mellora continuada.
Máis información en www.calidadendestino.es
ECOPLAYA EN PRAIA DO MUÍÑO
Desde o 2015 a bandeira ECOPLAYA ondea na praia do Muíño que certifica a súa calidade desde o punto de vista medioambiental.
Este galardón está promovido por ATEGRUS, Asociación Técnica para la gestión de los residuos, aseo urbano y medio ambiental, e foi concedido pola limpeza manual da praia que permite conservar o ecosistema dunar e polas diferentes actuacións postas en marcha para a súa rexeneración.
Cada ano é preciso documentar as melloras implantadas para optar a súa renovación.
Código de conducta
CÓDIGO DE CONDUTA NA PRAIA: CONSELLOS E RECOMENDACIÓNS
CONSELLOS PARA TOMAR O SOL:
- Evite a exposición prolongada ao sol.
- Tome o sol progresivamente día a día.
- Extreme as precauciones nas horas do mediodía.
- Use protectores solares.
CONSELLOS NA AUGA:
- Evite os baños prolongados.
- Non se bañe despois de comer abundantemente ou se nota fatiga.
- Cando se meta en el agua fágao amodo, mollando antes a caluga e depois as bonecas.
- Se ten calafríos persistentes, picores nos brazos ou no ventre, sensación de fatiga, cambras, salga rapidamente do agua.
- Non se bañe nas zonas cualificadas como non recomendables, nin deixe xogar aos menores nas proximidades.
CONSELLOS NA AREA:
- Deposite o lixo nas papeleiras.
- Non practique actividades ou deportes na area que poidan ocasionar molestias ou situacións de perigo aos demais usuarios.
- Respecte sempre as normas e recomendacións establecidas polas autoridades e servizos competentes.
NON ESTÁ PERMITIDO:
- Acceder con animais de compañía á praia.
- Facer lume.