21/05 Adianto do comité clínico do 20 de maio sobre a hostalería

Á espera da publicación no día de hoxe do boletín especial coas novas medidas sanitarias acordadas no comité clínico, adiantanse os cambios na hostalería, que entran en vigor o sábado 22 de maio:

• Manténse a recollida no local e consumo a domicilio e reparto a domicilio ata as 01:00 horas.

Os establecementos de hostalería (sen licencia de restaurante) poderán dar ceas ata as 01:00h cumprindo uns requisitos xa marcados con anterioridade para os restaurantes:

  1. Funcionará con reserva previa e non admitirá clientes despois das 00.00h.
  2. Deberá haber un rexistro dos clientes do servizo de cea que incluirá o nome e apelidos, DNI e número de teléfono. O responsable do restaurante deberá custodialo polo menos durante 1 mes e deberá asegurarse cumprir coas normas de protección de datos de carácter persoal.
  3. Garantir a correcta ventilación do local que se obxectivará a través da utilización de dispositivos medidores de CO2, que deberán dispor dunha pantalla que mostre os niveis de CO2 en tempo real nunha zona visible para os usuarios. Estes dispositivos deberán levar a marcación CE.
    A localización do medidor deberá axustarse ás indicacións técnicas aplicables e ter en conta o tamaño e a forma do espazo, as súas entradas de aire e o fluxo da ventilación. Non se situarán preto das xanelas, portas ou outros puntos de ventilación.
    No caso de sistemas mecánicos de ventilación, débese asegurar en todo caso o nivel de CO2 interior e persoal cualificado documentará o mantemento adecuado e as actuacións realizadas.

Esta información actualizarase coa publicación completa no DOG de Galicia.

Comentarios

Leave a Reply