21/05 Actualización das medidas sanitarias para a hostalería

Na tarde de hoxe publicouse o boletín DOG da Xunta coa Orde da Consellería de Sanidade onde se detalla o Plan de Hostalería Segura e que entran en vigor o sábado 22 de maio (ás 00.00h do venres ao sábado):

• Manténse:

    • A Guarda, no nivel medio baixo (grupo D).
    • Recollida no local e consumo a domicilio e reparto a domicilio ata as 01:00 horas.
    • Prohibición do servizo en barra.

Os establecementos de hostalería (sen licencia de restaurante) poderán dar ceas ata as 01:00h cumprindo uns requisitos xa marcados con anterioridade para os restaurantes:

  1. Funcionará con reserva previa e non admitirá clientes despois das 00.00h.
  2. Deberá haber un rexistro dos clientes do servizo de cea que incluirá o nome e apelidos, DNI e número de teléfono. O responsable do restaurante deberá custodialo polo menos durante 1 mes e deberá asegurarse cumprir coas normas de protección de datos de carácter persoal.
  3. Garantir a correcta ventilación do local que se obxectivará a través da utilización de dispositivos medidores de CO2, que deberán dispor dunha pantalla que mostre os niveis de CO2 en tempo real nunha zona visible para os usuarios. Estes dispositivos deberán levar a marcación CE.
    A localización do medidor deberá axustarse ás indicacións técnicas aplicables e ter en conta o tamaño e a forma do espazo, as súas entradas de aire e o fluxo da ventilación. Non se situarán preto das xanelas, portas ou outros puntos de ventilación.
    No caso de sistemas mecánicos de ventilación, débese asegurar en todo caso o nivel de CO2 interior e persoal cualificado documentará o mantemento adecuado e as actuacións realizadas.

Comentarios

Leave a Reply