15/04 Publicación do DOGA coas medidas previstas para o 16 de abril

O mércores 14 de abril publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde e decreto xunto co Plan de Hostalería coas novas medidas sanitarias que rexeran a partir das 00.00h do venres 16 de abril.
Esta nova orde derroga a anterior do 25 de febreiro e modifícanse algúns puntos:

Para toda Galicia:
• Ampliación do toque de queda: 23:00h.
• Continúa o peche perimetral como Comunidade.

A Guarda continúa no nivel D. Incidencia acumulada menor a 150 (x100.000 habitantes).

No caso da hostalería:
Mantense:
• Horario de peche ao público ás 21:00 horas.
• TERRAZA: aforo máximo do 75% e 6 persoas non conviventes por mesa ou agrupación de mesas.
• INTERIOR: aforo máximo do 50% e 4 persoas non conviventes por mesa ou agrupación de mesas.
• A prohibición do servizo na barra.
• Entrega a domicilio poderá realizarse ata as 24:00 horas.

Modifícase:

  • Recollida no local e consumo a domicilio ata as 22.30 horas.
  • Detalla expresamente que o aforo permitido debe distribuirse de xeito homoxéneo, especialmente naqueles que dispoñen de varias salas ou comedores. Se hai salas e non se están empregando non se poderá computar esta superfecie para o cálculo do aforo.
  • Restaurantes con licencia poderán pechar ás 23:00h cumplindo uns requisitos:
  1. Funcionará con reserva previa.
  2. Deberá haber un rexistro dos clientes do servizo de cea que incluirá o nome e apelidos, DNI e número de teléfono. O responsable do restaurante deberá custodialo polo menos durante 1 mes e deberá asegurarse cumprir coas normas de protección de datos de carácter persoal.
  3. Garantir a correcta ventilación do local que se obxectivará a través da utilización de dispositivos medidores de CO2, que deberán dispor dunha pantalla que mostre os niveis de CO2 en tempo real nunha zona visible para os usuarios. Estes dispositivos deberán levar a marcación CE.
    A localización do medidor deberá axustarse ás indicacións técnicas aplicables e ter en conta o tamaño e a forma do espazo, as súas entradas de aire e o fluxo da ventilación. Non se situarán preto das xanelas, portas ou outros puntos de ventilación.
    No caso de sistemas mecánicos de ventilación, débese asegurar en todo caso o nivel de CO2 interior e persoal cualificado documentará o mantemento adecuado e as actuacións realizadas.
    A obriga de utilización de dispositivos medidores de CO2 terá efectos a partir das 00:00h do día 23 de abril de 2021.

 

DOG 69 BIS 14 de abril de 2021: Orde da Consellería de Sanidade coas medidas específicas

DOG 69 BIS 14 de abril de 2021: Plan hostalería segura.

DOG 69 BIS 14 de abril de 2021: Decreto de Presidencia.

Comentarios

Leave a Reply