29/04 Aberto o prazo de inscrición cursos de Turismo de Galicia.

Turismo de Galicia lanza o Plan de Formación para 2021 cunha ampla oferta de cursos de idiomas organizados segundo negocio e, inclusive, específicos como a atención dos peregrinos para establecementos ubicados no Camiño de Santiago.

Os cursos gratuítos realízanse en liña e teñen unha duración entre 18 e 50 horas. Turismo de Galicia expedirá un certificado de participación ás persoas que completen como mínimo o 80 % da formación e superen o test de autoavaliación final.

Destinatarios:

  • Estar a traballar (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego ou ERTE debido á crise da COVID-19 no sector turístico de Galicia.

Prazo de inscrición: 2 de maio (prazas limitadas).

Cursos dispoñibles:

  • Programa de transformación dixital para as empresas turísticas de Galicia.
  • Curso de inglés para Turismo rural.
  • Curso de inglés para Rutas do Viño.
  • Curso de inglés para Restaurantes.
  • Curso de inglés para Aloxamentos.
  • Curso de inglés para Oficina de turismo.
  • Curso de inglés para Axencias de viaxes.
  • Curso de inglés para Rutas do Camiño de Santiago.
  • Curso de inglés para Empresas de turismo activo.
  • Curso de inglés para Guías de turismo.
  • Curso de inglés para Balnearios.
  • Curso portugués turístico básico.
  • Curso de xestión de Empresas de Aloxamento.
  • Evolución do modelo de negocio de Axencias de Viaxe en Galicia: adaptación ao novo mercado.

Prema para máis información e inscrición.

Comentarios

Leave a Reply