O venres 7 de maio publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde e decreto coas novas medidas sanitarias que rexeran coa súa publicación, é dicir, xa está en vigor.
Estas medidas son consecuencia da finalización da prórroga do estado de alarma establecida polo Real decreto 956/2020, do 3 de novembro.
Para toda Galicia:
- Mantéñense os niveis de restricións e seguiranse actualizando en función da evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria.
- Suprímese o toque de queda (excepto nos concellos co nivel máximo de restricións)
No referente ás reunións de non conviventes:
– Durante o día estará limitado a 4 persas en espazos pechados e a 6 en espazos abertos.
– Quedan restrinxidas as reunións entre ás 1:00 a 6:00h. - Finaliza o peche perimetral a partir do 9 de maio.
Reforzo no rexistro de viaxeiros: as persoas que nos visiten ou que regresen de zonas de alta incidencia deben rexistrarse en coronavirus.sergas.gal/viaxeiros e serán chamados para facer unha proba diagnóstica excepto que acrediten que están vacinados. Para aqueles chegados en avión terán a disposición un posto de cribado.
A Guarda continúa no nivel medio-baixo de restricións, no referente a hostalería:
Mantense:
• TERRAZA: aforo máximo do 75% e 6 persoas non conviventes por mesa ou agrupación de mesas.
• INTERIOR: aforo máximo do 50% e 4 persoas non conviventes por mesa ou agrupación de mesas.
• A prohibición do servizo na barra.
Modifícase:
• Recollida no local e consumo a domicilio e reparto a domicilio ata as 01:00 horas.
• Bares e cafeterías: peche ás 23:00h
• Restaurantes con licencia poderán pechar ás 01:00h cumprindo uns requisitos:
- Funcionará con reserva previa e non admitirá clientes despois das 00.00h.
- Deberá haber un rexistro dos clientes do servizo de cea que incluirá o nome e apelidos, DNI e número de teléfono. O responsable do restaurante deberá custodialo polo menos durante 1 mes e deberá asegurarse cumprir coas normas de protección de datos de carácter persoal.
- Garantir a correcta ventilación do local que se obxectivará a través da utilización de dispositivos medidores de CO2, que deberán dispor dunha pantalla que mostre os niveis de CO2 en tempo real nunha zona visible para os usuarios. Estes dispositivos deberán levar a marcación CE.
A localización do medidor deberá axustarse ás indicacións técnicas aplicables e ter en conta o tamaño e a forma do espazo, as súas entradas de aire e o fluxo da ventilación. Non se situarán preto das xanelas, portas ou outros puntos de ventilación.
No caso de sistemas mecánicos de ventilación, débese asegurar en todo caso o nivel de CO2 interior e persoal cualificado documentará o mantemento adecuado e as actuacións realizadas.
DOG 86 BIS 7 de maio de 2021: Orde da Consellería de Sanidade coas medidas específicas
Comentarios