11/05 Modificación das bases da Axuda do Programa Bono Enerxia Pemes

O 10 de maio publicouse a modificación das bases reguladoras no DOG para subvencionar proxectos de mellora enerxética dirixido a autónomos, pemes con actividade en comercio, hostalería e outros.

O prazo de presentación das solicitudes remata o 30 de xuño polo que os autónomos e PEMES anda poden solicitar a subvención tendo en conta as dúas modificacións detalladas no boletín:

Ampliación dos beneficarios:

  • Sección S: só as divisións 95 e 96.

Ampliación  do gasto subvencionable:

  • Bono equipamento: renovación do equipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras, secadoras, pasadoras de ferro, vending, mobles frigoríficos, autoservizo e calquera equipamento de consumo enerxético propio do establecemento, sempre que se poida acreditar unha cualificación enerxética B ou superior. Cando non se dispoña dun sistema de etiquetaxe oficial poderase utilizar como referencia outro sistema, como Eurovent ou similar. Aqueles equipamentos para os cales non exista sistema de cualificación enerxética poderán ser subvencionables se acreditan este aspecto e xustifican que o novo equipamento previsto ten unha eficiencia enerxética superior ao substituído. Deberá xustificarse a retirada do equipamento existente e a súa entrega a un xestor autorizado.

 

PROGRAMA ENERXIA PEME

Afinalidade desta subvención é dimunir o consumo de enerxía, aumentando a eficiencia enerxética e promovendo a introdución da mellor tecnoloxía dispoñible. E deste xeito, reducir a factura de enerxía e aumentar a competitividade das pemes e autonómos.

Pemes e autónomos beneficiarios (seccións do CNAE 2009):
– Sección G: venta e reparación de vehículos de motor y motocicletas (divisións 45, 46 e 47)

– Sección I: Hostalaría:
• Servizos de aloxamento (división 55): Hoteis, aloxamentos turísticos, campings e outros.
• Servizos de comidas e bebidas (división 56): restaurantes, cafeterías e bares.

– Sección R: actividades artísticas, recreativas e de entretemento (división do 90 ao 93)
• Actividades deportivas, recreativas e de entretemento (división 93): xestión de instalacións deportivas, actividades de clubs de deportivos e ximnasios.

–Sección S: outros servizos divisións: 95 e 96 (ampliado na modificación das bases-DOGA 10/05/2021)

Tramitación:

  •  Directamento co INEGA (Instituto Enerxético de Galicia, tel. 981 953 543) onde están dispoñibles os modelos da documentación requerida como os anexos e a memoria técnica do proxecto.
  • Sede electrónica da Xunta (código de procedemento IN417Z)

Prazo de presentación das solicitudes: remata o 30 de xuño de 2021 ou ata esgotar o crédito.

Contía da axuda: 80 % do custo elixible da actuación ata un máximo de 6.000€.

GASTOS SUBVENCIONABLES:
Son obxecto de subvención os proxectos de mellora enerxética que inclúan investimentos en equipamentos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente.

Investimento mínimo: 1.000 euros, sen incluír o IVE.
Investimentos subvencionables realizados entre o 1 xaneiro e o 30 de setembro de 2021.

Resumo das tipoloxías para gastos subvencionables (pódense combinar varios bonos no mesmo proxecto):
• Bono envolvente: mellorar a envolvente a través de toldos ou láminas de control solar ou térmico.
• Bono iluminación: renovar os equipos de iluminación interior ou exterior.
• Bono instalacións eléctricas: mellora das instalacións eléctricas.
• Bono equipamento: renovar o equipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras ou secadoras, … (ampliado na modificación das bases-DOGA 10/05/2021)
• Bono climatización: equipos para a redución do consumo enerxético nas instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria.
• Bono inmótica: sistemas domóticos e inmóticos que permitan xestionar a enerxía e o gasto de xeito máis eficiente.

DOGA 13/04/2021 Bases reguladoras de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes con actividade de comercio, hostalaría ou artístico-recreativas (programa Bono enerxía peme).

DOGA 10/05/2021: Modificación das bases reguladoras Programa enerxía peme.

Comentarios

Leave a Reply