23/07 Novas medidas sanitarias coa declaración da Guarda en nivel medio

No boletín publicado pola Consellería de Sanidade detallanse as medidas sanitarias acordadas polo Comité clínico e que entran en vigor o sábado 24 de xullo.

A Guarda sube ao nivel medio.

No referente a hostalería:

  • Modifícase o aforo máximo en terraza sendo do 50 %.
  • Indicacións que non se modifican:
    • Aforo en interior: 50%.
    • Recollida no local e reparto a domicilio ata as 01:00 horas.
    • Agrupacións en hostalería: máximo de 6 persoas non convivintes en interior e de 10 persoas non conviventes en terraza.
    • Horario de peche ás 23:00h, permítese ampliar ata ás 1:00h cumprindo os requisitos:
      -Non admitir clientes despois das 00:00h.
      -Dispor dun medidor de CO2 que contará coa marcación CE.
    • Recomendase o uso do medidor de CO2 aos establecementos de hostalería aínda que non traballen a partir das 23:00h.

No referente ao ocio nocturno:

  • O horario máximo de peche será ás 3:00 horas. 
  • O uso de máscara será obrigatorio en todo momento. Só se poderá exceptuar o uso da máscara exclusivamente nos momentos estritamente necesarios para comer ou beber.
  • Dispor do rexistro de clientes nas condicións establecidas no Protocolo de lecer nocturno.
  • Exterior aforo máximo do 100% segundo autorización a partir das 23:00h. Pero sempre que se poda garantir a distancia de seguridade de 1,50 metros entre mesas.
  • Interior aforo máximo do 50%.
    • Acceso para interior e terraza (corrección do 23 de xullo) previa presentación dun certificado emitido polo servizo de saúde ou por un laboratorio oficial autorizado:
      • 1º. Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se  concedeu unha autorización de comercialización de conformidade co Regulamento (CE) 726/2004.
      • 2º. Que dispoñen dunha proba diagnóstica de infección activa (PDIA) negativa. No caso dos tests rápidos de antíxenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01, do Consello de Europa, e admitirase a exhibición da comunicación remitida polo servizo público de saúde. A proba debe ser realizada nas últimas 72 horas anteriores.
      • 3º. Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 diagnosticada e está no período comprendido entre o día 11 e o 180, ambos incluídos, despois da PDIA positiva.
      • Estos certificados tan só se mostrarán á entrada do espazo interior, non se conservarán estes datos nin se crearán ficheiros con eles.
    • Na entrada e na saída dos asistentes deben establecerse os mecanismos necesarios para impedir as aglomeracións de persoas e respectar as distancias de seguridade.
    • A distribución das mesas e das persoas será homoxénea entre as diferentes estancias.
    • Pódese consumir sentado ou de pé pero cumplindo o aforo permitido.
    • Só se pode solicitar ou recoller a consumición en barra pero non o consumo para evitar as aglomeracións.
    • Permítese o uso da pista de baile, sempre que a ocupación non supere os 2 metros cadrados da pista por cada usuario.
    • Os establecementos deberán usar dispositivos medidores de CO2, que deberán dispor dunha pantalla que mostre os niveis de CO2 en tempo real nunha zona visible para os usuarios. Estes dispositivos deberán levar a marcación CE.

 

DOG 139BIS do 22 de xullo: Medidas Covid

Protocolo do ocio nocturno (a 17/07/2021)

Comentarios

Leave a Reply