Liña de axudas a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada que teñen por obxecto contribuír á mellora da calidade turística mediante procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca de Calidade Turística Q do ICTE, correspondentes ao ano 2021 e que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2021.
- Dirixida a persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos (Categoría 2ª).
- Contía da axuda: entre o 60% e o 70%, sendo o máximo 2.000€ a percibir no proceso de 1ª certificación.
- Prazo de solicitudes: remata o 29 de abril de 2021.
- Tramitación na sede electrónica da Xunta
PARA O PROCESO DE ADHESIÓN E 1ª CERTIFICACIÓN:
Gastos subvencionables:
- Os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema (excluídos os gastos de implantación) correspondente ao ano 2021.
- Os custos derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2021.
Documentación a aportar na solicitude:
a) Anexo II
b) Certificado do ICTE sobre a solicitude da adhesión do establecemento ou servizo á marca Q.
c) Orzamento desagregado por conceptos das actuacións que se van realizar.
d) Orzamento ou factura da empresa auditora acreditada polo ICTE, referido aos custos de auditoría externa da marca correspondente ao presente ano.
e) Orzamento, factura pro forma ou factura emitida polo ICTE correspondente á cota de uso de marca anual do ano en curso.
Ademais deberase presentar unha memoria xustificativa e os certificados para a valoración dos criterios que definirá a puntuación obtida e a porcentaxe a subvencionar:
• Municipio de Interese Turístico de Galicia.
• Período de apertura e antiguidade do establecemento ou servizo.
• A posesión do distintivo de compromiso de calidade turística do SICTED (Sistema de Calidade Turística Española en Destinos).
• Distintivos de calidade ambiental e/ou accesibilidade e/ou sustentabilidade e/ou safe tourism en vigor.
• Uso das novas tecnoloxías (TIC).
Esta axuda regúlase en réxime de concorrencia competitiva, sendo compatible coa percepción doutras subvencións, sempre que o importe total non supere o custo da actividade subvencionada.
Prema para máis información sobre esta axuda publicada no DOGA nº 59
Comentarios