28/07 Avance das restriccións: nivel alto para o Concello da Guarda

Publicado o boletín coas novas medidas sanitarias acordadas no comité clínico, adiantanse os cambios para a hostalería e ocio nocturno que entran en vigor o sábado 31 de xullo.

A Guarda sube ao nivel alto.

Limitase a permanecia a grupos de convivintes entre as 1:00 e 6:00h. No restante horario, limitase a permanencia en grupos a 6 persoas non convivintes en interior e de 10 en exterior.

No referente a hostalería:

  • Requisito de acreditación de inmunidade (maiores de 12 anos) para o acceso ao interior do local.
  • Indicacións que non se modifican:
    • Aforo en interior e exterior: 50%.
    • Recollida no local e reparto a domicilio ata as 01:00 horas.
    • Agrupacións en hostalería: máximo de 6 persoas non convivintes en interior e de 10 persoas non conviventes en terraza.
    • Horario de peche ás 23:00h, permítese ampliar ata ás 1:00h cumprindo os requisitos:
      -Non admitir clientes despois das 00:00h.
      -Dispor dun medidor de CO2 que contará coa marcación CE.
    • Recomendase o uso do medidor de CO2 aos establecementos de hostalería aínda que non traballen a partir das 23:00h.

No referente ao ocio nocturno:

  • Unicamente servizo nas terrazas ao aire libre para o consumo e o servizo sentado na mesa.
  • Requisito de acreditación de inmunidade.
  • Aforo do 50% da capacidade máxima permitida.
  • Máximo de 10 persoas non convivintes por agrupación.
  • Non estará permitida a instalación de barras para o consumo ou o servizo nelas a clientes da terraza.
  • Horario máximo de peche será á 1:00 horas.

A inmunidade acreditase mediante certificado emitido polo servizo de saúde ou por un laboratorio oficial autorizado (exentos os menores de 12 anos):

  1. Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización de conformidade co Regulamento (CE) nº 726/2004.
  2. Que dispoñen dunha proba diagnóstica de infección activa (PDIA) negativa. No caso dos tests rápidos de antíxenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01, do Consello de Europa, e admitirase a exhibición da comunicación remitida polo servizo público de saúde. A proba debe ser realizada nas últimas 72 horas anteriores.
  3. Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 diagnosticada e está no período comprendido entre o día 11 e o 180, ambos incluídos, despois da PDIA positiva.
    Estos certificados tan só se mostrarán á entrada do espazo interior, non se conservarán estes datos nin se crearán ficheiros con eles.

Nota de prensa co adianto dos concellos galegos en nivel alto.

DOCUMENTACIÓN EN VIGOR (actualizado 29/07/2021):

Comentarios

Leave a Reply