30/07 Aberta a convocatoria da subvención para a mellora da competitividade dos establementos hoteleiros e de restauración (25 ou máis empregados)

A finalidade desta subvención é contribuír á modernización e á mellora da competitividade dos establecementos hoteleiros e as empresas de restauración de 25 ou máis persoas traballadoras para o ano 2021.

Os establecementos hoteleiros (artigo 55.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro)

  • Establecementos hoteleiros
  • Apartamentos e vivendas turísticas.
  • Campamentos de turismo.
  • Establecementos de turismo rural.
  • Albergues turísticos

As empresas de restauración (Grupos I, II e III do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro)

  • Restaurantes.
  • Cafeterías.
  • Bares

Tramitación:

  • Sede electrónica da Xunta (código de procedemento TU503B)
  • Información: Axencia de Turismo (Fomento) nos teléfonos: 981 54 74 04 e 981 54 63 64 ou vía mail: fomento.turismo@xunta.gal

Prazo de presentación das solicitudes: remata o 26 de agosto de 2021.

Contía da axuda: 100 % do gasto subvencionable cos límites indicados segundo número de traballadores:

  • Para empresas de 25 a 50 traballadores: máximo de 40.000€.
  • Para empresas de 51 a 75 traballadores: máximo de 55.000€.
  • Para empresas de 76 ou máis traballadores: máximo de 75.000€.

GASTOS SUBVENCIONABLES:

  • Gastos derivados da transformación dixital.
  • Gastos derivados de mellora da imaxe da empresa e vinculación coa imaxe de Galicia e do Xacobeo.
  • Actuacións de mellora da accesibilidade nos establecementos: actuacións que permitan mellorar a accesibilidade e configurar unha oferta inclusiva para calquera colectivo.
  • Desenvolvemento de actuacións que permitan melloras na sustentabilidade das actividades turísticas: estudo e definición de proxectos de investimento que melloren a sustentabilidade da empresa, creación de produtos sustentables, oferta baseada en km 0 ou posta en valor de recursos naturais e vinculados co territorio.
  • Gastos derivados da creación de produto e/ou comercialización do destino Galicia.

 

DOG nº 141 do 26/07/2021 Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a mellora da competitividade dos establecementos hoteleiros e de restauración que serán susceptibles de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021.

Comentarios

Leave a Reply