23/03 Aberto o prazo para a adhesión dos establecementos turísticos a Campaña Turística #QuedamosEnGalicia2

Publicado hoxe no boletín Nº 55 da Xunta as condicións e procedemento para adhesión dos establecementos turísticos este programa de incentivo ao sector turístico galego.

Que é o bono turístico 2021 #QuedamosenGalicia2?

O ano pasado lanzouse esta mesma campaña destinada ao persoal sanitario e sociosanitario de Galicia e neste 2021 amplíase a toda a poboación galega.

Ademais nesta edición conta cunha importante novidade, non se lle esixirá ás empresas turísticas que apliquen ningún desconto sobre os servizos cos que se adhiran ao programa.

Establecementos turísticos se poden adherir:

  • Aloxamentos turísticos excepto vivendas de uso turístico.
  • Axencias de viaxes que elaborarán paquetes turísticos coa oferta complementaria (resturantes, turismo activo, industrial,…)
  • As empresas deben estar inscritas no REAT e dispor de TPV con número de comercio que os identifiquen no servizo de pagamentos.

Tramitación:

  • Presentación telemática da solicitude co anexo I ata o 15 de decembro de 2021.
  • Coa aceptación da adhesión debese acceder a Turespazo e incorporar os produtos ou ofertas específicas para a promoción.

Quenes serán os beneficiados?

Persoas maior de idade, empadroadas nos concellos galegos que non se tiveran beneficiado do bono na primeira convocatoria.

Estos cidadáns poderán facer a súa solicitude a través da sede electrónica da Xunta cando sexa publicado o procedemento tamén no Diario Oficial de Galicia (DOG).

O Bono turístico 2021 é unha tarxeta moedeiro e os cidadáns disporán de tres tipos para escoller:

  • Tarxeta de 500 € (300 € aportación da Xunta – 200 € aportación da persoa)
  • Tarxeta de 375 € (225 € aportación da Xunta – 150 € aportación da persoa)
  • Tarxeta de 250 € (150 € aportación da Xunta – 100 € aportación da persoa)

Comentarios

Leave a Reply