O mércores 17 de marzo publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde e decreto xunto co Plan de Hostalería coas novas medidas sanitarias que rexeran a partir das 00.00h do venres 19 de marzo.
Esta nova orde derroga a anterior do 25 de febreiro e modifícanse algúns puntos:
Para toda Galicia:
- Continúa o peche como Comunidade
- Prohibido as reunións de non conviventes nos domicilios.
- Establécense 4 niveis. O Comité Clínico poderá modificar o nivel do concello se a incidencia acumulada aumenta.
A Guarda atópase no nivel D. Incidencia acumulada menor a 150 (x100.000 habitantes)
No caso da hostalería:
- Horario de peche ao público ás 21:00 horas.
- TERRAZA: aforo máximo do 75% e 6 persoas non conviventes por mesa ou agrupación de mesas.
- INTERIOR: aforo máximo do 50% e 4 persoas non conviventes por mesa ou agrupación de mesas.
- O aforo non inclúe aos empregados (aclaración expresa no DOGA Nº47 do 11/03 para evitar a interpretación).
- Non se establecen cambios no cómputo do aforo.
- Manténse:
- A prohibición do servizo na barra.
- Recollida no local e consumo a domicilio ata as 21.30 horas
- Entrega a domicilio poderá realizarse ata as 24.00 horas.
- Fumar en terraza: só estará permitido cando se poda garantir de 2 metros de distancia con outros clientes e cos lugares habituais de circulación dos viandantes.
- A obligación da colocación do aforo actualizado é a partir do sábado 20. A entrada en vigor das medidas é o venres 19 pero a Xunta permite tres días para actualizar a información.
Estas medidas terán validez na proxima semana e serán revisadas o luns 29 ou 30 de marzo para entrar en vigor os festivos da Semana Santa.
Comentarios