O obxecto destas axudas é paliar o impacto económico que tivo a crise sanitaria como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19.
Cada beneficiario/a poderá recibir ata un máximo de 300 euros en función da contía xustificada.
Gastos subvencionables e que estén comprendidos entre o 14 de marzo de 2020 ao 30 de abril de 2021.
- Adquisición de material funxible destinados aos equipos de protección individual ou a adopción de medidas hixiénico sanitarias: mascarillas, xelas, mamparas, medidores CO2,…
- Asistencia externa para labores de desinfección dos equipos e instalacións.
- Plan de contixencias e/ou asistencia de servizo de prevenció alleo para a avaliación dos postos de traballo fronte á COVID-19.
- Gastos de licenzas ou aplicativos informativos para o impulso ou desenvolvemento do teletrabllo ou o comercio electrónico.
- Gastos de arrendamento de bens inmobles.
- Gastos de cotas de autónomos e Seguridade Social.
Poderán solicitar estas axudas, sempre que cumpran os requisitos especificados nas bases, aquelas persoas físicas ou xurídicas, así como as comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades económicas sen personalidade xurídica legalmente constituídas que leven a cabo actividades empresariais que motivan a concesión da subvención, e entidades do 3º sector que desenvolvan actividades económicas.
Documentación a presentar: ANEXO 1, ANEXO 2 e ANEXO 3, dispoñible na sede electrónica municipal xunto coas bases completas.
Prazo de presentación das solicitudes ata o 8 xullo (incluído).
Comentarios