Na tarde de hoxe publicouse o boletín DOG da Xunta coa Orde da Consellería de Sanidade onde se detallan as novas medidas sanitarias e que entran vigor o sábado 12 de xuño (ás 00.00h do venres ao sábado):
• Manténse:
- A Guarda, no nivel medio baixo (grupo D).
- Recollida no local e consumo a domicilio e reparto a domicilio ata as 01:00 horas.
- Prohibición do servizo en barra.
- Aforo no interior do 50% e en terraza do 75%.
• Modifícase:
- Agrupacións en hostalería: amplíase de 10 a 15 persoas non conviventes en terraza (Para o interior manténse o máximo de 6 persoas non conviventes).
- Toda hostalería poderá abrir ata ás 1.00h cumprindo os requisitos:
-Non admitir clientes despois das 00.00h.
-Dispor dun medidor de CO2 que contará coa marcación CE. A localización do medidor deberá axustarse ás indicacións técnicas aplicables e ter en conta o tamaño e a forma do espazo, as súas entradas de aire e o fluxo da ventilación. Non se situarán preto das xanelas, portas ou outros puntos de ventilación. - Recomendase o uso do medidor de CO2 aos establecementos de hostalería aínda que non traballen a partir das 23.00h.
- Eliminase a prohibición de reunión de non conviventes entre ás 1:00 e 6:00 horas tanto en vivendas coma espazos públicos. Aínda que se recomenda continuar coas precaucións.
- Eliminase a limitación nos grupos de persoas. Excepto en determinadas actividades coma a hostalería.
- Manténse o aforo do 30% para os albergues pero sí poderán ampliar a ocupación dunha habitación si o grupo é un grupo burbulla acreditado.
Comentarios