Publicado o boletín DOG da Xunta coa Orde da Consellería de Sanidade onde se detallan as novas medidas sanitarias e que entran en vigor o sábado 17 de xullo (ás 00.00h do venres ao sábado):
• Manténse:
- A Guarda, no nivel medio baixo (grupo D).
- Recollida no local e consumo a domicilio e reparto a domicilio ata as 01:00 horas.
- Aforo no interior do 50% e en terraza ao 100% segundo autorización. Pero sempre que se poda garantir a distancia de seguridade de 1,50 metros entre mesas.
- Prohibido o consumo en barra. Permitido solicitar e recoller consumicións na barra por parte das persoas usuarias.
- Toda hostalería poderá abrir ata ás 1.00h cumprindo os requisitos:
-Non admitir clientes despois das 00.00h.
-Dispor dun medidor de CO2 que contará coa marcación CE. A localización do medidor deberá axustarse ás indicacións técnicas aplicables e ter en conta o tamaño e a forma do espazo, as súas entradas de aire e o fluxo da ventilación. Non se situarán preto das xanelas, portas ou outros puntos de ventilación. - Recomendase o uso do medidor de CO2 aos establecementos de hostalería aínda que non traballen a partir das 23.00h.
• Modifícase:
- Agrupacións en hostalería: máximo 10 persoas non conviventes en terraza. Manténse o máximo de 6 persoas non convivintes en interior.
- Recoméndase que os grupos non superen as seis persoas, como máximo, en espazos pechados, e as dez persoas, como máximo, en espazos abertos ou ao aire libre, sexan de uso público ou privado, agás que se trate de conviventes.
Comentarios