08/09 Avance do novo protocolo para a hostalería.

Hoxe fíxose público o novo protocolo para a hostalería que se basa en dous niveis segundo o compromiso que adquira o establecemento e que serán de obrigado cumprimento.

Este novo protocolo entrará en vigor o próximo 15 de setembro e non se modificarán as condicións de apertura con independencia do nivel epidemiolóxico do concello.

Á espera da publicación do protocolo detallado, este é o resumo:

-Apertura ata a 1:00h para os dous niveis.

-NIVEL 1:

  • Aforo en interior ao 50 % e 75 %  en terrazas.
  • Distancia mínima de 1,5 metros entre mesas.
  • Exposición pública dos aforos permitidos do local.
  • Medidor de CO2, con anotacións como mínimo cada catro horas.
  • Máscaras cirúrxicas para o persoal, que se deben cambiar cada 4 horas
  • Dúas horas de formación en protocolos covid para o persoal.

-NIVEL 2:

  • Aforo en interior ao 75 % e 100 %  en terrazas.
  • Permitese o uso das barras, sempre para utilización individual ou de dúas persoas se son conviventes.
  • Distancia mínima de 1,5 metros entre persoas de distintas mesas.
  • Exposición pública dos aforos permitidos do local.
  • Rexistro de clientes só para restaurantes.
  • Medidor de CO2 continuo, coa recomendación de contar con actuadores que fan saltar automaticamente o aire acondicionado cando se supera determinado nivel
  • Disporán de máscaras FPP2 para aqueles empregados que así o requiran, facilitándolles probas diagnósticas cada 7 ou 14 días, dependendo da situación epidemiolóxica.
  • Catro horas de formación en protocolos covid para o persoal.

Haberá un terceiro nivel de seguridade para casos extraordinarios cando así o requira a gravidade da situación epidemiolóxica e a ocupación asistencial.

O ocio nocturno regularase por un protocolo (actualmente en elaboración) e a previsión e que entre en vigor a principios de outubro.

NOTA DA XUNTA COMPLETA

Comentarios

Leave a Reply