13/09 A Xunta anuncia axudas para apoiar á hostalería no cumprimento do novo protocolo

No acto celebrado hoxe entre o Conselleiro de Sanidade e os representantes do Clúster Turismo de Galicia, da Federación Hostalería de Galicia e das 4 asociacións provinciais de hostalería foi validado o novo protocolo de hostalería que entrará en vigor este mércores.

No adianto deste novo protocolo indicouse que haberá dous niveis para os establecementos de hostalería con independencia da evolución epidemiolóxica de cada concello. Este novo protocolo non foi publicado na súa totalidade polo que se descoñecen os detalles e se hai prazos na implementación das medidas.

Estos niveis teñen uns requisitos obligatorios polo que a Xunta de Galicia aprobou unhas liñas de axudas para apoiar aos hostaleiros na adquisición do equipamento postcovid como os medidores de CO2. Ao longo deste mes faranse público as 4 liñas de axudas.

Ademais do anuncio das axudas aos hostaleiros, neste acto fixose pública a imaxe da cartelería para a hostalería de nivel 2 no novo protocolo e coa Cunchiña, a mascota virtual do Xacobeo 21-22, como protagonista.

Recordase que haberá un terceiro nivel de seguridade para casos extraordinarios cando así o requira a gravidade da situación epidemiolóxica e a ocupación asistencial.

NOTA DE PRENSA COMPLETA

Comentarios

Leave a Reply