O mércores 14 de abril abre o prazo para solicitar o bono turístico #QuedamosEnGalicia2021

O bono turístico #QuedamosEnGalicia21 é unha tarxeta moedeiro e a finalidade deste programa é estimular a demanda turística interna.

En 2020 os traballadores sanitarios desfrutaron dun bono similar.Para esta segunda convocatoria o programa está financiado no 60% pola Xunta de Galicia.

Beneficiarios:

  • Persoas maior de idade, empadroadas nos concellos galegos e que non se tiveran beneficiado do bono na primeira convocatoria.

Os cidadáns disporán de tres tipos para escoller:
• Tarxeta de 500 € (300 € aportación da Xunta – 200 € aportación da persoa)
• Tarxeta de 375 € (225 € aportación da Xunta – 150 € aportación da persoa)
• Tarxeta de 250 € (150 € aportación da Xunta – 100 € aportación da persoa)

A tarxeta prepagamento, que emitirá a entidade bancaria colaboradora, ABANCA, estará operativa ata o 15 de decembro do 2021, data na que perderá toda a súa vixencia. Poderán utilizar o saldo da súa tarxeta de forma total ou parcial, así como completar os pagos, de non ter saldo suficiente, con outras formas de pago admitidas polo establecemento turístico.

Prema no enlace para consultar os establecementos hoteleiros e paquetes turísticos adheridos ao programa. Este listado estará en constante actualización a medida que se adhiran as empresas e publiquen as ofertas e paquetes turísticos. As empresas turísticas (empresas de aloxamento e axencias de viaxe) dispoñen ata decembro para darse de alta.

Prazo de presentación das solicitudes:
Do 14 de abril ata o 1 de novembro (incluído)
A solicitude tramitarase excluvisamente por orde de petición.

Tramitación:

Estos cidadáns deberán facer a súa solicitude a través da sede electrónica presentando o anexo II (código de procedemento TU985D)

Unha vez verificado que o solicitante cumpre os requisitos, recibirá unha notificación por sede electrónica e disporá de 3 días naturaies para realizar o ingreso na conta segundo se lle informe na notificación. Despois comprobarán que o ingreso do solicitante foi realizado, ABANCA disporá de 10 días para remitir a tarxeta pregamento ao domicilio do solicitante.

DOGA Nº 68 do 13 de abril – Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, da tarxeta Bono turístico #QuedamosenGalicia21

Comentarios

Leave a Reply