Author: Rosalia Verde

A Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas organizan unhas xornadas de divulgación do proxecto “Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos” (SICTED) da Provincia de Pontevedra – Rías Baixas,  que terán lugar entre o 15 de febreiro e o 1 de marzo en sete concellos da provincia de Pontevedra.

O obxectivo deste proxecto é mellorar a competitividade das pemes e a posición das Rías Baixas como destino turístico a través do SICTED.

Os beneficios que ofrece para a súa empresa son, entre outros:

  • Mellorar a xestión interna, estruturando os procesos.
  • Xerar un sistema documental.
  • Orientar as e os responsables sobre posibles melloras.
  • Incrementar a cualificación do equipo mediante un plan formativo.
  • Recibir asistencia técnica e apoio para acadar a mellora continua.
  • Exhibir un distintivo que acredite o nivel de calidade obtido tras un proceso de avaliación anual.

Os proxectos SICTED están financiados pola Deputación de Pontevedra e por Turismo Rías Baixas.

A obtención do certificado SICTED, sen ningún custo para o seu negocio, favorece a implantación e desenvolvemento dun sistema de mellora da competitividade nas entidades do sector turístico e recoñece o esforzo e o compromiso coa calidade e  mellora continuas.

A xornada do mércores 15 de febreiro ás 16.30 horas tamén se poderá seguir en liña en directo, a través da ferramenta Zoom.

Estas son as datas e lugares das xornadas que se repetirán en 7 vilas:

  • Mércores 15/02 – 11:00h en Vigo na sede da Deputación (rúa Eduardo Chao, 7).
  • Mércores 15/02 – 16:30h en Pontevedra na sede de Turismo Rías Baixas (Palacete das Mendoza, avda. Santa María s/n).
  • Xoves 16/02 – 11:00h no Grove na sala de Cunchas do Concello (Praza do Corgo, 1).
  • Xoves 16/02 – 16:30h en Vilagarcía de Arousa no Auditorio Municipal (Praza da 2ª República, avda. Marina, 23).
  • Martes 28/02 – 11:00h na Oficina de Turismo de Redondela (rúa Isidro Queimaliños, 2).
  • Martes 28/02 – 16:30h no Auditorio de Nigrán (avda. Castelao, 2).
  • Mércores 1/03 – 11:00h no Casal de Ferreiros en Poio (Avda. Andurique, 43).

Máis información e formulario para a inscrición previa (incluida a xornada online) en https://turismoriasbaixas.com/gl/xornadas-sicted-2023

O pasado 2 de novembro realizouse a aprobación definitiva da Ordenanza Reguladora da instalación de terrazas en espazos públicos no Concello da Guarda e que xa está en vigor.

Tendo en conta que a entrada en vigor da Ordenanza tivo lugar cando xa transcorrera unha boa parte do prazo que a mesma outorga para a presentación de solicitudes, e considerando axeitado o establecemento dun novo prazo con carácter extraordinario, aos efectos de permitir a presentación de solicitudes para o ano en curso, prazo que terá carácter excepcional.

Deste xeito acordouse a apertura dun prazo extraordinario para a presentación de solicitudes de licencia de instalación de terrazas no Concello da Guarda que abarca dende o 1 de febreiro ata o 30 de abril de 2023.

Para facilitar o coñecemento desta nova ordenanza municipal e a súa tramitación achéganse os documentos de referencia:

Desde a Concellería de Desenvolvemento Local estase planificando o programa de formación para empresas do 2023, e valórase incluír formación específica para hostalería.

Para definir dito programa necesitamos da vosa colaboración cubrindo esta breve enquisa na que poderedes deixar constancia dos vosos intereses e necesidades de formación.

Prema no enlace para cumprimentar a enquisa, que estará dispoñible ata o 31 de xaneiro.

A Axencia de Turismo de Galicia publicou no DOG de venres pasado a resolución das bases reguladoras da Subvención para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración. Esta subvención xa se pode solicitar dende a Sede electrónica da Xunta co código de procedemento TU503A

A finalidade é potenciar a oferta turística galega, modernizar infraestruturas e mellorar a calidade e a competitividade da oferta turística.

Dirixida a establecementos cunha antigüidade mínima de 5 anos (inscrición no REAT):

  1. -Establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, e albergues turísticos (punto 55.1 da Lei 7/2011 do Turismo de Galicia)
  2. -Restaurantes (grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011 do Turismo de Galicia)

Prazo de solicitudes: remata o luns 13 de febreiro de 2023.
• Contía da axuda: entre o 40% e o 60%, sendo o máximo 60.000€ a percibir.
• Investimento neto admitido ata 100.000 €, o IVE non está incluído.
• Investimentos iniciados a partir do 1 de xaneiro de 2023..
• Prazo xustificar o investimento: do 31 de outubro de 2023
• A Axencia de Turismo de Galicia tramita a presente axuda. Para dúbidas en fomento.turismo@xunta.gal

Os investimentos subvencionables son:

  • Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
  • Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística.
  • Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
  • Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento do contorno da instalación.
  • Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.
  • Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.
  • Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento.
  • Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.

Esta subvención regúlase en réxime de concorrencia competitiva polo que o importe a subvencionar será resultado dos criterios de valoración como a antigüidade, grado de investimento, impacto no emprego entre outros. A posesión dun certificado de calidade turística como SICTED, ademais de mellorar a xestión do establecemento, facilita acadar puntuación como nesta subvención.

O pasado 11 de octubro de 2022 publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra a aprobación definitiva da Ordenanza Reguladora da instalación de terrazas en espazos públicos e que xa está en vigor.

Para facilitar o coñecemento desta nova ordenanza municipal e a súa tramitación acheganse os documentos de referencia:

A Axencia de Turismo de Galicia publica no DOG de hoxe a resolución das bases reguladoras da Subvención para actuacións de eficiencia enerxética, en réxime de concorrencia non competitiva, ás empresas turísticas no marco do Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

A finalidade é apoiar as actuacións de eficiencia enexética que impulsen a economía circular en edificios completos cuxo uso sexa o aloxamento turístico.

Dirixida as seguintes tipoloxías de empresas turísticas de aloxamentos:
• Hoteis
• Pensións
• Establecementos de turismo rural
• Albergues turísticos
• Apartamentos turísticos.

Quedarán excluídos:
• Os establecementos de aloxamento turístico que ocupen parcialmente un edificio e aqueles construídos e con uso turístico posterior ao ano 2007.

A contía das axudas para cada unha das tipoloxías de actuacións subvencionables está establecida no anexos II (Contía das axudas ás persoas beneficiarias) e III (Actuacións subvencionables e custos elixibles) desta resolución, cun límite de 150.000,00 euros (IVE excluído) por proxecto subvencionable.

En todo caso, a persoa beneficiaria deberá realizar un gasto efectivo, que deberá xustificar, de polo menos 5.000,00 euros (IVE excluído) no proxecto subvencionable.

Tramitación:
• Sede electrónica da Xunta (código de procedemento TU986B)
• Información: Axencia de Turismo (Fomento) no teléfono: 981.546.360 / 986.547.404 ou vía mail: fomento.turismo@xunta.gal
• Sistema de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito dispoñible.
• Prazo de solicitudes: remata o 30 de marzo de 2023.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES (ANEXO III)

1. Deben cumprir cos requisitos específicos que se establecen no anexo III e encadrarse nunha ou varias das seguintes tipoloxías:
a) Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica (tipoloxía 1).
b) Mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria; incluída a instalación de redes de calor e frío alimentadas por fontes de enerxía renovable e/ou calor residual para complexos turísticos de varios edificios (tipoloxía 2).
c) Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación (tipoloxía 3).

2. As actuacións subvencionables deberán realizarse en edificacións existentes e construídas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2007, sempre que sexan edificios completos cuxo uso sexa o aloxamento turístico: hoteis e pensións, previstos no Decreto 57/2016, do 12 de maio, polo que se establece a ordenación dos establecementos hoteleiros, establecementos de turismo rural, previstos no Decreto 191/2004, do 29 de xuño, de establecementos de turismo rural, albergues turísticos, previstos no Decreto 48/2006, do 21 de abril, polo que se establece a ordenación dos albergues turísticos, e apartamentos turísticos, previstos no Decreto 12/2017, do 26 de xaneiro, polo que se establece a ordenación dos apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Estas actuacións deberán alcanzar as dúas condicións seguintes:
– Unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable do 30 % respecto á situación de partida.
– A mellora da cualificación enerxética total do edificio en, polo menos, unha letra medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO2/m2 ano). Este último criterio non será de aplicación cando o edificio acredite ter unha cualificación enerxética A.
Para a obtención das condicións anteriores poderanse combinar as actuacións que se vaian realizar, e non é necesario o seu cumprimento por cada actuación individualmente.

4. As actuacións obxecto da axuda deberán cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación, así como contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas, no caso de que as ditas actuacións as requiran.

5. Adicionalmente, deberán cumprirse outros requisitos.

6. O prazo máximo para a conclusión das actuacións obxecto da axuda será o que se fixe na resolución de concesión, sen que poida superar os 12 meses contados desde a data da notificación da resolución de concesión da axuda.

DOG Nº 230 do 02/12/2022: Resolución do 25/11/222 polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas.

DOG 02/12/2022 Extracto da subvención.

CONVITE DO XEODESTINO RÍA DE VIGO E BAIXO MIÑO

DIRIXIDO A EMPRESAS DE TURISMO E DO SECTOR PRIMARIO:

En nome do representante institucional do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño D. Juan González (Alcalde de Nigrán),  da presidenta da AD Galicia Suroeste Eurural Dna. Sandra González ( Alcaldesa de Tomiño) e demais alcaldes e alcaldesas que forman parte do Xeodestino

Comprácense en convídalo/a á xornada de traballo en rede que estamos a organizar desde o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, a cal terá lugar o vindeiro luns, 14 de Novembro, ás 18:00 horas, na fabrica de cervexas artesanais Trisk – Ale, ( Porto do Molle – Nigrán). https://goo.gl/maps/a9VN7t8r7XuWBFoaA

O obxectivo da devandita xornada é poñer en contacto á oferta turística e ao sector primario presentes nos 14 concellos que compoñen o xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui), de cara a impulsar sinerxías que faciliten a creación de produto turístico e a promoción deste territorio como destino. Trátase da segunda edición destes encontros empresariais, cuxa finalidade non é outra que fortalecer o entramado turístico local.

En canto ao formato, celebrarase un workshop ou taller de traballo, de aproximadamente dúas horas de duración, no que se disporán mesas nas cales as diferentes empresas poderán establecer contactos comerciais.

Acto seguido, servirase un cocktail degustación no cal as persoas participantes poderán seguir intercambiando impresións.

Nos gustaría contar coa súa presenza no acto, que se realizará ás 18:00 horas co seguinte formato:

18:00 – Apertura da xornada de traballo a cargo das autoridades presentes.

18:30 – Experiencias de éxito (presentación de 2 empresas e os seus casos de éxito no territorio galego).

A partir das 19:00 horas, se iniciará o taller de traballo exclusivo para as empresas e entidades participantes.

En caso de poder asistir,  pregase confirmar mediante mail en info@riadevigobaixomino.gal ou no teléfono 986 44 30 30.

Este ano, ao igual que en edicións anteriores, o Concello contará coa colaboración de diversas asociacións culturais e sociais da vila que se encargarán de decorar varias prazas durante as festas do Nadal baixo o proxecto “Decora o teu Nadal”. O deseño de cada decoración correrá a cargo das asociacións e o Concello proporcionará os materiais que necesiten.

Para complementar esta iniciativa e facer un pouquiño máis diferente o Nadal na Guarda, desde o Concello encargáronse dous elementos decorativos de gran tamaño que serán confeccionados en madeira, e que se situarán na Alameda e na Praza de Avelino Vicente, como reclamo para as persoas visitantes e consumidores/as, pero especialmente pensados para o desfrute das crianzas.

Ao igual que coas asociacións, e seguindo esa mesma liña de colaboración, o Concello desexa convidar a todos os pequenos negocios da vila a participar no pintado e preparado destes elementos. As persoas interesadas poden poñerse en contacto a través de Whatsapp ou chamada telefónica ao 679 074 381 ata o 14 de novembro.

Grazas por anticipado pola vosa colaboración e un saúdo!

O Concello da Guarda, a través do Plan Rehabita, organiza xornadas de asesoramento enerxético.

Trátase dun asesoramento individualizado sobre temas relacionados coa eficiencia enerxética de fogares e empresas da vila e que se realizará os días 16 e 30 de setembro e 14 e 28 de outubro, en horario de 9:00h a 13:00h con cita previa chamando ao 986610000 ext.2.

Dúas persoas se encargarán deste asesoramento individualizado, Belén Novoa é especialista na área de contratación e sistema de tarifas do mercado eléctrico e Santiago González é un experto no campo das enerxías renovables.

O obxectivo final é mellorar a eficiencia enerxética dos fogares e empresas da vila cun asesoramento individualizado que permitirá aos interesados en coñecer cales son as solucións existentes no mercado enerxético, a presentación e asesoramento en materia de enerxías renovables, as solucións de calefacción, illamentos, peches, fiestras ou caldeiras de biomasa, entre outras.

O Concello da Guarda atópase inmerso na preparación dunha candidatura que lle permita obter fondos europeos para o deseño e desenvolvemento dun Plan de sustentabilidade turística en destino. Concretamente, estase traballando nun proxecto cuxo principal obxectivo é impulsar a transformación da Guarda nun destino gastronómico sustentable, moderno, integrador e innovador.

Para continuar coa elaboración da candidatura considerase importante contar coas achegas daquelas empresas, asociacións e entes con experiencia e vinculación co sector turístico e coa gastronomía do concello.

Polo que se creu unha breve enquisa para coñecer a opinión do sector e entidades sobre a folla de ruta a presentar. O prazo para a enquisa finalizará o vindeiro venres 6 de maio.

https://forms.gle/Apvcr6memvEgkUws5

O Concello da Guarda volve a apostar por celebrar a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira na primeira fin de semana de xullo polo que abre o procedemento administrativo para a adxudicación dos postos para a celebración desta festa gastronómica.

Ao igual que en 2017 realizase unha prodecemento administrativo para a adxudicación dos seguintes postos:

  • 6 Restaurantes.
  • 1 Cafetería.
  • 1 Adega de DO Rías Baixas.
  • 1 Confitería.

A tramitación debe realizarse en base a normativa administrativa actual polo que están publicados no Perfil do Contratante da web municipal os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexen este procedemento. Esta tramitación e presentación de documentación deberá realizarse igualmente no perfil de contratante.

Neste primeiro paso de presentación de proposición é preciso achegar os dous anexos do prego de cláusulas administrativas:

  • Anexo 1: Obxecto do contrato (datos do solicitante)
  • Anexo 2: Proposta económica

O prazo de presentación de proposición remata as 19:00h do martes 10 de maio.

Unha vez pechado o prazo de proposicón convocarase á Mesa da contratación que estudiará as proposicións e proporán o listado de adxudicatarios. Abríndose un novo prazo de 10 días naturais para presentar a documentación esixida a estos adxudicatarios propostos.

Para calqueira dúbida ou consulta sobre este prodecemento ou a súa tramitación poden contactar co departamento de secretaría municipal.

Coincidindo coas datas de semana santa a Xunta de Galicia puxo en marcha un servizo de transporte náutico XACOBEO TRANSFER para atender a necesidade dunha conexión real entre A Guarda e Caminha.

Na actualidade o servizo realizase con dúas pequenas embarcacións para un máximo de 6 prazas. No verán está previsto que opere unha embarcación de maior tamaño o que permitirá ampliar o número de pasaxeiros por viaxe.

O servizo de XACOBEO TRANSFER prestase desde o embarcadoiro do Pasaxe ata o embarcadoiro do Sporting Club Caminhense, a poucos metros do actual embarcadoiro do transbordador en Caminha.

Estas pequenas embarcacións funcionan todos os días de semana se as condicións meteorolóxicas así o permiten.

Dispoñen da web www.nauticdestination.com cos horarios previstos e que permite reservar. O prezo do viaxe é de 6 € por persoa e só admite o pago con tarxeta na embarcación.

Estes son os horarios españois previstos e cando a marea o permite prestan servizo de maneira ininterrompidamente:

  • Saídas desde A Guarda: comenza ás 8:00 ata as 19:00
  • Saídas desde Caminha: comenza ás 8:30 ata as 19:30

Desde Xacobeo Transfer recomendan chamar cuhna antelación de 24 horas ao teléfono de atención da embarcación (+34) 613 011 226 xa que os horarios poden alterarse e/ou ampliarse polas mareas e as condicións meteorolóxicas. O persoal da embarcación informará dos servizos previstos a realizar no día seguinte.

Mañana sábado 9 de abril se presenta el transporte náutico XACOBEO TRANSFER que lanza la Xunta de Galicia ante la necesidad de una conexión real entre A Guarda y Caminha.

Como se comunicó hace un mes, este transporte comenzará a dar servicio coincidiendo con las fechas de semana santa con dos pequeñas embarcaciones para un máximo de 6 plazas. En verano llegará una embarcación que permitirá ampliar el número de pasajeros por viaje.

Segundo la comunicación facilitada se puede adelantar que el servicio se prestará desde el embarcadero de O Pasaxe hasta el embarcadero del Sporting Club Caminhense, a pocos metros del actual embarcadero del ferry en Caminha.

Estas pequeñas embarcaciones provisionales funcionarán todos los días de semana si el tiempo lo permite. Estos son los horarios españoles previstos para estos primeros meses:

Salidas desde A Guarda: 8:00 / 9:00 / 10:00 / 11:00 – 17:00 / 18:00 / 19:00
Salidas desde Caminha: 8:30 / 9:30 / 10:30 / 11:30 – 17:30 / 18:30 / 19:30

El precio del viaje es de 6 € por persona. La compra de los billetes se realizará en la web www.nauticdestination.com o directamente en el barco. Solo se admite el pago con tarjeta.

Por último, indicar que el servicio comenzará este fin de semana si las condiciones meteorológicas así lo permiten.

A finalidade desta subvención é dimunir o consumo de enerxía, aumentando a eficiencia enerxética e promovendo a introdución da mellor tecnoloxía dispoñible. E deste xeito, reducir a factura de enerxía e aumentar a competitividade das pemes e autonómos.

Pemes e autónomos beneficiarios (seccións do CNAE 2009):

– Sección G: comercio por xunto e polo miúdo (divisións 45, 46 e 47)

– Sección I: Hostalaría:
• Servizos de aloxamento (división 55): Hoteis, aloxamentos turísticos, campings e outros.
• Servizos de comidas e bebidas (división 56): restaurantes, cafeterías e bares.

– Sección R: actividades artísticas, recreativas e de entretemento (división do 90 ao 93)
• Actividades deportivas, recreativas e de entretemento (división 93): xestión de instalacións deportivas, actividades de clubs de deportivos e ximnasios.

– Sección S: outros servizo, só divisións 95 e 96.

Tramitación:

  • Directamente co INEGA (Instituto Enerxético de Galicia, tel. 981 953 543) onde están dispoñibles os modelos da documentación requerida como os anexos e a memoria técnica do proxecto.
  • Sede electrónica da Xunta (código de procedemento IN417Z)

Prazo de presentación das solicitudes: remata o 14 de de xullo de 2022 ou ata esgotar o crédito.

Contía da axuda: 80 % do custo elixible da actuación ata un máximo de 6.000€.

GASTOS SUBVENCIONABLES:
Son obxecto de subvención os proxectos de mellora enerxética que inclúan investimentos en equipamentos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente.

Investimento mínimo: 1.000 euros, sen incluír o IVE.
Investimentos subvencionables realizados entre o 1 xaneiro e o 30 de setembro de 2022.

Resumo das tipoloxías para gastos subvencionables (pódense combinar varios bonos no mesmo proxecto):
• Bono envolvente: elementos de control solar. térmico.
• Bono iluminación: renovar os equipos de iluminación interior ou exterior, incluídos rótulos e escaparates.
• Bono instalacións eléctricas: mellora das instalacións eléctricas coa renovación de transformadores, sistemas de alimentación interrompida,…
• Bono equipamento: renovar o equipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras ou secadoras, …
• Bono climatización: equipos para a redución do consumo enerxético nas instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria.
• Bono inmótica: sistemas domóticos e inmóticos que permitan xestionar a enerxía e o gasto de xeito máis eficiente.

DOGA 05/04/2022 Bases reguladoras de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes con actividade de comercio, hostalaría ou artístico-recreativas (programa Bono enerxía peme).

A Xunta de Galicia publicou no seu boletín 59BIS de venres 25 de marzo a Orde da Consellería de Sanidade a prórroga das medidas actuais ata ás 00:00h do sábado 9 de abril.

 

Manteñense as mesmas medidas da anterior actualización con data do 25 de febreiro:

Estas medidas están recollidas no Plan de Hostalería (versión 11) que foi actualizado a 26 de febreiro. En resumo podese trasladar que estas son as modificacións:

  • Permítese a realización de cócteles e actos de recepción con aperitivo e público de pé que, no momento de retirada da máscara para o consumo, deben respectar a distancia interpersoal de seguridade entre persoas non conviventes. Os grupos de persoas de pé poderán ser de ata dez persoas no interior e vinte na terraza.
  • A ocupación máxima será de dez persoas no interior e de vinte persoas na terraza, por mesa ou agrupación de mesas.
  • Retirarase a obligatoriedade da exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para o acceso ao interior dos establecementos de hostalaría e restauración.

No referente ao ocio nocturno tamén se actualizou a 26 de febreiro o Plan de Lecer Nocturno (versión 10). Estas son as modificacións:

  • A ocupación máxima será de dez persoas no interior e de vinte persoas na terraza, por mesa ou agrupación de mesas.
  • Retirarase a obligatoriedade da exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para o acceso ao interior dos establecementos de hostalaría e restauración.

A Xunta de Galicia publicou no seu boletín 49BIS de venres 11 de marzo a Orde da Consellería de Sanidade a prórroga das medidas actuais ata ás 00:00h do sábado 26 de marzo.

 

Manteñense as mesmas medidas da anterior actualización con data do 25 de febreiro:

Estas medidas están recollidas no Plan de Hostalería (versión 11) que foi actualizado a 26 de febreiro. En resumo podese trasladar que estas son as modificacións:

  • Permítese a realización de cócteles e actos de recepción con aperitivo e público de pé que, no momento de retirada da máscara para o consumo, deben respectar a distancia interpersoal de seguridade entre persoas non conviventes. Os grupos de persoas de pé poderán ser de ata dez persoas no interior e vinte na terraza.
  • A ocupación máxima será de dez persoas no interior e de vinte persoas na terraza, por mesa ou agrupación de mesas.
  • Retirarase a obligatoriedade da exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para o acceso ao interior dos establecementos de hostalaría e restauración.

No referente ao ocio nocturno tamén se actualizou a 26 de febreiro o Plan de Lecer Nocturno (versión 10). Estas son as modificacións:

  • A ocupación máxima será de dez persoas no interior e de vinte persoas na terraza, por mesa ou agrupación de mesas.
  • Retirarase a obligatoriedade da exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para o acceso ao interior dos establecementos de hostalaría e restauración.

O boletín Nº 46 da Xunta publica hoxe as condicións e procedemento para adhesión dos establecementos turísticos e axencias de viaxes do programa Bono turístico #QuedamosenGalicia22. (código de procedemento TU985C).

Esta é a terceira convocatoria desta iniciativa da Axencia de Turismo de Galicia para apoiar ao sector turístico axudando a manter a actividade na tempada baixa e a desestacionalizar a oferta.

Establecementos turísticos que se poden adherir:

  • Aloxamentos turísticos excepto vivendas de uso turístico.
  • Axencias de viaxes que elaborarán paquetes turísticos coa oferta complementaria (resturantes, turismo activo, industrial,…)

Requisitos:

  • As empresas deben estar inscritas no REAT e precisan a sinatura ou código identificativo do establecemento.
  • É imprescincible dispor de TPV con número de comercio que os identifiquen no servizo de pagamentos españois.

Tramitación a partir 9 de marzo :

  • Presentación telemática da solicitude co anexo I ata o 1 de decembro de 2022.
  • Unha empresa que xa estivo adherida á campaña Bono turístico #Quedamos en Galicia do ano 2021 debe volver adherirse, cos datos requiridos, para poder participar na campaña 2022.

 

Quenes serán os beneficiados dos bonos turísticos 2022?

Persoas maior de idade, empadroadas nos concellos galegos e con preferencia para os que non foran beneficiados na convocatoria 2021.

Estos cidadáns poderán facer a súa solicitude a través da sede electrónica da Xunta cando sexa publicado o procedemento tamén no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Nesta convocatoria, a Xunta asumirá 40% do custe dos servizos consumidos e os particulares o 60%. O límite para o seu uso é o31 de decembro de 2022 e non se poderán empregar en temporada alta (1 de xullo  – 15 de setembro) para desentacionalizar o sector.

O Bono turístico 2022 é unha tarxeta moedeiro e os cidadáns disporán de tres tipos para escoller.

  • Tarxeta de 500 € (200 € aportación da Xunta – 300 € aportación da persoa)
  • Tarxeta de 375 € (150 € aportación da Xunta – 225 € aportación da persoa)
  • Tarxeta de 250 € (100 € aportación da Xunta – 150 € aportación da persoa)

A Xunta de Galicia publicou no seu boletín 39BIS de hoxe a Orde da Consellería de Sanidade coas medidas que entrarán en vigor ás 00:00h do sábado 26 de febreiro.

Estas medidas están recollidas no Plan de Hostalería (versión 11) que foi actualizado a 26 de febreiro. En resumo podese trasladar que estas son as modificacións:

  • Permítese a realización de cócteles e actos de recepción con aperitivo e público de pé que, no momento de retirada da máscara para o consumo, deben respectar a distancia interpersoal de seguridade entre persoas non conviventes. Os grupos de persoas de pé poderán ser de ata dez persoas no interior e vinte na terraza.
  • A ocupación máxima será de dez persoas no interior e de vinte persoas na terraza, por mesa ou agrupación de mesas.
  • Retirarase a obligatoriedade da exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para o acceso ao interior dos establecementos de hostalaría e restauración.

No referente ao ocio nocturno tamén se actualizou a 26 de febreiro o Plan de Lecer Nocturno (versión 10). Estas son as modificacións:

  • A ocupación máxima será de dez persoas no interior e de vinte persoas na terraza, por mesa ou agrupación de mesas.
  • Retirarase a obligatoriedade da exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para o acceso ao interior dos establecementos de hostalaría e restauración.

Na reunión celebrada hoxe entre a Xunta e os representantes da hostalería, comunicoulles que as novas medidas propostas que entrarán en vigor esta sábado ás 00:00h.

Na nota de prensa publicada, e á espera da publicación oficial no DOG, estas son as medidas previstas:

  • O número máximo de persoas por mesa ou agrupación de mesas incrementase a 10 no interior e 20 en terraza.
  • Retirar a obrigatoriedade de presentar o certificado COVID para o acceso ao interior dos establecementos de hostalería. A autorización do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) está vixente ata as 23:59h do venres 24 de febreiro e a Xunta non solicitará a súa prórroga.

 

Nota de prensa completa. 23/02/2022

Xa está dispoñible na plataforma de Contratación do sector público o prego de claúsulas técnicas que xeren o contrato administrativo da cafetería-restaurante na Estación Marítima do Pasaxe.

Tamén se  pode acceder dende a web municipal www.aguarda.es na sección de “Perfil do contratante” que accede directamente a plataforma de contratación. Nesta nova páxina xa está o anuncio deste contrato como expediente 2990/2021.

Neste prego detallase o obxecto do contrato, obrigas, tarifas e demais información de interese. Ademais publicarase a data e hora para a visita das instalacións.

O prazo para presentar as ofertas remata o venres 11 de marzo ás 19:00h

 

 

Esta convocatoria informativa será o 22 de febreiro ás 10:30h en formato online ou presencial na sede de Turismo Rías Baixas (no Palacete das Mendoza de Pontevedra).

A finalidade deste proxecto é mellorar a competitividade das pemes e a posición das Rías Baixas como destino turístico a través do SICTED.

No proxecto de Calidade Turística SICTED poden participar aqueles sectores ou oficios que teñen contacto cos visitantes e turistas como empresas de aloxamento, bares e restaurantes pero tamén comercio, artesáns, guías turísticos, taxis, ... O obxectivo SICTED é que o turista reciba unha atención e servizos de calidade nos diferentes sectores que forman un destino.

A Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas financia este proxecto na súa totalidade: adhesión, formación, implantación e avaliación.

Esta xornada informativa precisa inscrición previa. Toda a información do proxecto e da xornada informativa e tamén o formulario de inscrición no enlace.

A posesión dun certificado de calidade turística como SICTED, ademais de mellorar a xestión do establemento, facilitica acadar puntuación nalgunas subvencións como convocatoria da mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración da Xunta de Galicia (presentación de solicitudes ata o 7 de marzo de 2022)

A Oficina de Turismo e as praias de Area Grande e O Muíño foron distinguidas en 2010 e na actualidade son 10 os establecementos turísticos distinguidos da vila. No mes de marzo está prevista a  Gala do Turismo da Deputación onde se fara público os novos distinguidos tras a adhesión e implantación realizada o ano pasado.

Hoxe martes 15 de febreiro é o último día para inscribirse nesta iniciativa no tel. 986 610 000 ext. 5 ou en cultura@aguarda.es

O departamento de cultura do Concello da Guarda traslada o convite da Fundación Casa de Rosalía, como en anos anteriores,  para celebrar o aniversario de Rosalía co “Caldo de Gloria”.

Esta iniciativa inspirada no poema “Miña casiña, meu lar” na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia. Polo que a proposta da Fundación Casa de Rosalía é conmemorar o día de Rosalía conxuntamente con bares e restaurantes ofrecendo aos clientes un Caldo de Gloria durante a xornada do mércores 23 de febreiro.

Os bares e restaurantes que participen nesta inicitiva recibirán manteis individuais e folletos informativos de parte da Casa de Rosalía e que serán facilitados dende o concello e informarase publicamente.

Prema para máis información do CALDO DE GLORIA

O boletín da Xunta publica hoxe as bases reguladoras do Programa de apoio ao peche do ocio nocturno para aqueles establecementos que optaron polo rexime de peche do 31 de decembro ao 3 de xaneiro (código de procedemento TR750A)

•Prazo de solicitudes: do 16 de febreiro ao 15 de marzo de 2022.

•Prazo de resolución: 1 mes
•A Consellería de Emprego e Igualdade tramita a presente axuda. Para dúbidas no tel. 981544666 ou mail dx.emprego@xunta.gal

Requisitos dos beneficiarios desta axuda (entre outros):

  • Discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festa, salas de concertos e similares.
  • Atoparse de alta na actividade económica como mínimo desde o 1 de novembrode 2021 e, no caso de persoas autónomas, estar de alta non RETA desde a mesma data.
  • O establecemento de lecer nocturno debeu permanecer pechado desde as 0.00 horas do día 31 de decembro de 2021 ata as 3.00 horas do día 3 de xaneiro de 2022 e non ter adiantado ou atrasado a outras datas as festas ou eventos, nos termos recollidos na Orde da Consellería de Sanidade do 29 de decembro de 2021.
  • Realizar a comunicación previa conforme o previsto no punto sétimo da Orde da Consellería de Sanidade do 29 de decembro de 2021.
  • A concesión da axuda realízase pola comprobación da concorrencia dos requisitos establecidos na persoa ou entidade solicitante

O importe da axuda determinarase por establecemento de lecer nocturno e en función dos metros cadrados do local conforme a seguinte escala:

  • 2.500 € para os locais de menos de 100 metros cadrados
  • 5.500 € para os locais de 100 a 250 metros cadrados.
  • 9.000 € para os locais de 250 a 500 metros cadrados.
  • 14.000 € para os locais de 500 e 700 metros cadrados.
  • 27.000 € para os locais de 700 a 2.000 metros cadrados.
  • 45.000 € para os locais de máis de 2.000 metros cadrados.

DOG Nº31 do 15/02/2022 bases reguladoras do Programa de apoio ao peche do lecer nocturno, financiado con fondos REACT-UE

DOGNº31 do 15/02/2022 Extracto-bases

Esta tarde publicáronse no DOG Nº 29 BIS dúas Ordes da Consellería de Sanidade as medidas xerais e outra coas medidas dirixidas á hostalería e ao ocio nocturno.

Estas modificacións entran en vigor do venres ao sábado 12 de febreiro:

No referente ao Plan de Hostalería segura mantéñense os requisitos de cada nivel: 1 cunchiña ou 2 cunchiñas. Pero os dous niveis vanse modificar en:

  • Amplíase o aforo ao 100% en interior e terraza.
  • O horario límite de peche ao público será o establecido na Orde do 23 de outubro de 2020 pola que se determina o horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas.

No referente ao Plan de Lecer Nocturno:

  • Amplíase os aforos ao 100% no interior e no exterior.
  • O horario límite de peche ao público será o establecido na Orde do 23 de outubro de 2020 pola que se determina o horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas
  • Obrigatorio para os dous niveis a exhibición do Certificado COVID. É dicir, para o acceso ao interior é obrigaorio a presentación dun certificado emitido polo servizo de saúde ou por un laboratorio oficial autorizado:
    1. Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización de conformidade co Regulamento (CE) nº 726/2004.
    2. Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas no caso das PCR e de 48 horas no caso dos tests rápidos de antíxenos. No caso dos tests rápidos de antíxenos deberán estar enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01, do Consello de Europa.
    3. Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses. Para iso a persoa deberá ter sido diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, e non é valido outro tipo de test.
      • Estes certificados tan só se mostrarán á entrada no momento do espazo interior, non se conservarán estes datos nin se crearán ficheiros con eles.

 

Enlaces das Ordes vixentes dende ás 00.00h do sábado 12 ao 26 de febreiro de 2022:

ORDE do 21 de outubro de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia.

ORDE do 22 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Axencia de Turismo de Galicia publica no DOG de hoxe a resolución das bases reguladoras da Subvención para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración. Esta subvención poderase solicitar dende o martes 8 de febreiro no código de procedemento TU503A.

A finalidade é potenciar a oferta turística galega, modernizar infraestruturas e mellorar a calidade e a competitividade da oferta turística.

Dirixida a establecementos cunha antigüidade mínima de 5 anos (inscrición no REAT):

  1. -Establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, e albergues turísticos (punto 55.1 da Lei 7/2011 do Turismo de Galicia)
  2. -Restaurantes (grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011 do Turismo de Galicia)

• Investimento neto admitido ata 100.000 €, o IVE non está incluído
• Contía da axuda: entre o 30% e o 50%, sendo o máximo 50.000€ a percibir
• Prazo de solicitudes: remata o luns 7 de marzo de 2022
• Prazo xustificar o investimento: do 31 de outubro de 2022
• Investimentos iniciados a partir do 1 de xaneiro de 2022
• A Axencia de Turismo de Galicia tramita a presente axuda. Para dúbidas en fomento.turismo@xunta.gal

Os investimentos subvencionables son:

  • Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
  • Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística.
  • Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
  • Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento do contorno da instalación.
  • Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.
  • Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.
  • Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento.
  • Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos

Esta subvención regúlase en réxime de concorrencia competitiva polo que o importe a subvencionar será resultado dos criterios de valoración como a antigüidade, grado de investimento, impacto no emprego entre outros. A posesión dun certificado de calidade turística como SICTED, ademais de mellorar a xestión do establemento, facilitica acadar puntuación nalgunas subvencións.

Esta axuda é compatible coa percepción doutras subvencións, sempre que o importe total non supere o custo da actividade subvencionada. Excepto coa convocatoria da Axencia Turismo de Galicia para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago (código de procedemento TU501D) que aínda non foi publicada para este ano 2022.

DOG 7/02/2022 Subvención para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración (código de procedemento TU503A) 

DOG 7/02/2022 Extracto da subvención

O Concello da Guarda, a través da Concellaría de Desenvolvemento Local, oferta nos meses de febreiro e marzo tres obradoiros de xeito gratuíto dirixidos a comercio, hostalería e empresas.

Estes obradoiros están enmarcados na campaña de apoio a o comercio local, iniciada xa no ano 2020 por mor da situación sanitaria e que, a finais de 2021, propiciou a realización de dous obradoiros e que, nesta primeira parte de ano 2022, inclúe un obradoiro para a realización de Plans de Marketing para Campañas Comerciais, outro sobre Venta a través das principais redes sociais e un sobre venta online web e a través de marketplaces.

No obradoiro sobre “Plans de Marketing para Campañas Comerciais” os participantes terán a oportunidade de aprender cales son os pasos necesarios para actuar ante unha campaña comercial elaborando un Plan de Marketing, porqué é necesario facelo e cales son os seus beneficios, así como os pasos a seguir para a súa correcta elaboración, ferramentas e aplicacións que axudan á súa correcta execución. Terá lugar o venres 18 de febreiro ás 20:30h na Sala de formación no 1º andar do concello vello.

O sobre “Ventas a través das principais redes sociais” permitirá coñecer cales son as principais redes sociais do mercado que permiten a venda a través das súas plataformas, cales son as súa vantaxes e desvantaxes e como é o seu funcionamento. Terá lugar o venres 4 de marzo ás 20:30h na Sala de formación no 1º andar do concello vello.

O último obradoiro para esta primeira parte do ano 2022 versará sobre “Venta online web e a través de marketplaces”, onde os participantes ampliarán información sobre as diversas plataformas de venda multicanal existentes no mercado, empregando unha comparativa que axudará a elixir cal é a máis axeitada en función de cada tipo de sector ou empresa, os seus custos e metodoloxías de traballo. Terá lugar o venres 18 de marzo ás 20:30h na Sala de formación no 1º andar do concello vello.

Os obradoiros teñen unha duración aproximada dunha hora e media e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986610000 ext.7 ou remitindo un correo electrónico a informacion@aguarda.es, as prazas son limitadas.

O venres pasado publicaronse dúas axudas para promover a consolidación do emprego autónomo mediante incentivos. Xa está disponible toda a información e aberta a tramitación na sede electrónica.

 

Programa I. Incentivos á contratación por conta allea e á formación (código de procedemento TR342C).

Este programa ten dúas liñas: unha de incentivos á contratación por conta allea e outra de incentivos ás accións formativas no centro de traballo:

– Liña de incentivos á contratación por conta allea.
Inclúe catro tipos de axudas compatibles entre si, sempre que a persoa traballadora pola que se solicitan os incentivos non sexa a mesma:

  1.  Incentivos á contratación indefinida inicial, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas mozas, persoas desempregadas de longa duración, mulleres desempregadas e persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.
  2. Incentivos á contratación temporal, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación temporal de persoas desempregadas mozas, persoas desempregadas de longa duración, mulleres desempregadas e persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.
  3. Incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos só no caso das persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.
  4. Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas iniciais a tempo parcial só no caso das persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.

– Liña de incentivos ás accións formativas no cento de traballo (opcional).
Está dirixida ás persoas contratadas mediante contratación indefinida inicial e temporal por medio desta orde de convocatoria, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

 

Programa II. Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas. (código de procedemento TR349F).

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

  1. Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.
  2. Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

 

O prazo dos dous programas remata o 30 de setembro de 2022 (axuda en concorrencia non competitiva ata esgotamento do crédito)

Na tarde do venres publicouse no DOG 19 BIS a Orde da Consellería de Sanidade as novas medidas xerais de prevención pola COVID que estarán vixentes ata as 00.00 horas do día 12 de febreiro de 2022.

Ademais de informar de medidas noutros ámbitos, nesta Orde informase novamente que o Plans foron actualizados e incorporan as últimas modificacións do día anterior.

En resumo, manteñense as mesmas medidas só que agora están no mesmo documento. Deste xeito, evitar as interpretacións nas continuas modificacións:

Na tarde de onte publicouse no DOG 18 BIS a Orde da Consellería de Sanidade que establece as novas medidas de prevención pola COVID e que entrarán en vigor ás 00.00 horas do día 29 de xaneiro de 2022 e estarán vixentes ata as 00.00 horas do día 12 de febreiro de 2022.

Debido ás consultas formuladas polas medidas publicadas que inducían a erro, a Consellería de Sanidade actualizou o Novo Plan de Hostalaría Seguro a 28 de xaneiro (versión 9). Este documento detalla todas as medidas vixentes a partir das 00.00h do 29 de xaneiro.

Modificacións do Plan de Hostalaría (restaurantes, cafeterías e bares de nivel 1 e 2 cunchiñas):

  • Está permitido o consumo en barra. Non se poderán compatibilizar os distintos usos polo que se deberá diferenciar a zona destinada a clientes da zona destinada ao persoal.
  • O horario límite de peche ao público será ás 01:00 horas, agás a noite do venres ao sábado e do sábado ao domingo, e vésperas de festivos que será ás 1:30 horas.
  • Permítese a realización de cócteis e actos de recepción con aperitivo e público de pé que, no momento de retirada da máscara para o consumo, deben respectar a distancia interpersoal de seguridade entre persoas non conviventes. Os grupos de persoas de pé poderán ser de ata oito persoas no interior e quince na terraza.
  • Actualizar o modelo de cartel segundo o nivel dunha ou dúas cunchiñas na plataforma de Turespazo

Modificacións do Plan de lecer nocturno:

  • O horario límite de peche ao público será ás 4.00 horas para os establecementos que teñan título habilitante de pubs e de cafés espectáculo, salvo as noites do venres ao sábado, do sábado ao domingo e as vésperas de festivos, en que o horario límite será ás 4.30 horas.
  • O horario límite de peche ao público será ás 5.00 horas para os establecementos que teñan título habilitante de salas de festa ou discotecas.
  • Permitirase o consumo en barra. Recoméndase que os clientes na barra manteñan a máscara correctamente colocada nos momentos en que non se poida garantir a distancia interpersoal co persoal traballador. Na barra non se poderán compatibilizar distintos usos, polo que haberá que diferenciar a zona destinada a clientes e a zona de barra destinada ao persoal, respectando en todo momento as distancias de seguridade e impedindo a formación de aglomeracións

Para todos os establecementos de hostalaría e ocio nocturno:

  • A ocupación máxima será de 8 persoas no interior e 15 persoas na terraza, por mesa ou agrupación de mesas.
  • Obrigatoriedade da exhibición do Certificado COVID para o acceso ao interior de restaurantes, cafeterías e bares durante todo o horario de apertura.
  • A obriga do emprego da aplicación PASSCOVD para o control do acceso.

A Consellería de Sanidade fixo público as medidas acordadas no Comité Clínico de hoxe e que entrarán en vigor ás 00.00h do sábado 29 de xaneiro de 2022.

As medidas para a hostalería e restaurantes:

  • Permítese o uso de barra.
  • Permítese a organización de cocteles de pé.
  • Ampliase o horario de peche ata á 1:00h de domingo a xoves.
  • Ampliase o horario de peche ata á 1:30h na fin de semana.
  • Ampliase ata 15 persoas nunha mesa ou agrupación no exterior. (mantense a 8 persoas máximo no interior).

As medidas para os locais de ocio nocturno:

  • Ampliase o horario de peche ata á 4:30h de domingo a xoves.
  • Ampliase o horario de peche ata á 5:00h na fin de semana.

No referente a obligatoriedade de mostrar o certificado COVID manterase 15 días máis á espera de que sexa ratificado polo Tribunal Superior de Xustiza Galego.

 

NOTA DE  PRENSA 26/01/22: A Xunta recupera a mobilidade nocturna con non conviventes e amplía os horarios de hostalería e lecer nocturno