08/02/2023 Xornadas informativas do Plan de Calidade do SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos)

A Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas organizan unhas xornadas de divulgación do proxecto “Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos” (SICTED) da Provincia de Pontevedra – Rías Baixas,  que terán lugar entre o 15 de febreiro e o 1 de marzo en sete concellos da provincia de Pontevedra.

O obxectivo deste proxecto é mellorar a competitividade das pemes e a posición das Rías Baixas como destino turístico a través do SICTED.

Os beneficios que ofrece para a súa empresa son, entre outros:

  • Mellorar a xestión interna, estruturando os procesos.
  • Xerar un sistema documental.
  • Orientar as e os responsables sobre posibles melloras.
  • Incrementar a cualificación do equipo mediante un plan formativo.
  • Recibir asistencia técnica e apoio para acadar a mellora continua.
  • Exhibir un distintivo que acredite o nivel de calidade obtido tras un proceso de avaliación anual.

Os proxectos SICTED están financiados pola Deputación de Pontevedra e por Turismo Rías Baixas.

A obtención do certificado SICTED, sen ningún custo para o seu negocio, favorece a implantación e desenvolvemento dun sistema de mellora da competitividade nas entidades do sector turístico e recoñece o esforzo e o compromiso coa calidade e  mellora continuas.

A xornada do mércores 15 de febreiro ás 16.30 horas tamén se poderá seguir en liña en directo, a través da ferramenta Zoom.

Estas son as datas e lugares das xornadas que se repetirán en 7 vilas:

  • Mércores 15/02 – 11:00h en Vigo na sede da Deputación (rúa Eduardo Chao, 7).
  • Mércores 15/02 – 16:30h en Pontevedra na sede de Turismo Rías Baixas (Palacete das Mendoza, avda. Santa María s/n).
  • Xoves 16/02 – 11:00h no Grove na sala de Cunchas do Concello (Praza do Corgo, 1).
  • Xoves 16/02 – 16:30h en Vilagarcía de Arousa no Auditorio Municipal (Praza da 2ª República, avda. Marina, 23).
  • Martes 28/02 – 11:00h na Oficina de Turismo de Redondela (rúa Isidro Queimaliños, 2).
  • Martes 28/02 – 16:30h no Auditorio de Nigrán (avda. Castelao, 2).
  • Mércores 1/03 – 11:00h no Casal de Ferreiros en Poio (Avda. Andurique, 43).

Máis información e formulario para a inscrición previa (incluida a xornada online) en https://turismoriasbaixas.com/gl/xornadas-sicted-2023

Comentarios

Leave a Reply