Xa está dispoñible na plataforma de Contratación do sector público o prego de claúsulas técnicas que xeren o contrato administrativo da cafetería-restaurante na Estación Marítima do Pasaxe.
Tamén se pode acceder dende a web municipal www.aguarda.es na sección de “Perfil do contratante” que accede directamente a plataforma de contratación. Nesta nova páxina xa está o anuncio deste contrato como expediente 2990/2021.
Neste prego detallase o obxecto do contrato, obrigas, tarifas e demais información de interese. Ademais publicarase a data e hora para a visita das instalacións.
O prazo para presentar as ofertas remata o venres 11 de marzo ás 19:00h
Comentarios