16/02/2022 Nova xornada informativa sobre o Plan de Calidade SICTED

Esta convocatoria informativa será o 22 de febreiro ás 10:30h en formato online ou presencial na sede de Turismo Rías Baixas (no Palacete das Mendoza de Pontevedra).

A finalidade deste proxecto é mellorar a competitividade das pemes e a posición das Rías Baixas como destino turístico a través do SICTED.

No proxecto de Calidade Turística SICTED poden participar aqueles sectores ou oficios que teñen contacto cos visitantes e turistas como empresas de aloxamento, bares e restaurantes pero tamén comercio, artesáns, guías turísticos, taxis, ... O obxectivo SICTED é que o turista reciba unha atención e servizos de calidade nos diferentes sectores que forman un destino.

A Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas financia este proxecto na súa totalidade: adhesión, formación, implantación e avaliación.

Esta xornada informativa precisa inscrición previa. Toda a información do proxecto e da xornada informativa e tamén o formulario de inscrición no enlace.

A posesión dun certificado de calidade turística como SICTED, ademais de mellorar a xestión do establemento, facilitica acadar puntuación nalgunas subvencións como convocatoria da mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración da Xunta de Galicia (presentación de solicitudes ata o 7 de marzo de 2022)

A Oficina de Turismo e as praias de Area Grande e O Muíño foron distinguidas en 2010 e na actualidade son 10 os establecementos turísticos distinguidos da vila. No mes de marzo está prevista a  Gala do Turismo da Deputación onde se fara público os novos distinguidos tras a adhesión e implantación realizada o ano pasado.

Comentarios

Leave a Reply