15/02/2022 Último día para inscribirse no Caldo de Gloria polo Día de Rosalía

Hoxe martes 15 de febreiro é o último día para inscribirse nesta iniciativa no tel. 986 610 000 ext. 5 ou en cultura@aguarda.es

O departamento de cultura do Concello da Guarda traslada o convite da Fundación Casa de Rosalía, como en anos anteriores,  para celebrar o aniversario de Rosalía co “Caldo de Gloria”.

Esta iniciativa inspirada no poema “Miña casiña, meu lar” na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia. Polo que a proposta da Fundación Casa de Rosalía é conmemorar o día de Rosalía conxuntamente con bares e restaurantes ofrecendo aos clientes un Caldo de Gloria durante a xornada do mércores 23 de febreiro.

Os bares e restaurantes que participen nesta inicitiva recibirán manteis individuais e folletos informativos de parte da Casa de Rosalía e que serán facilitados dende o concello e informarase publicamente.

Prema para máis información do CALDO DE GLORIA

Comentarios

Leave a Reply