O boletín da Xunta publica hoxe as bases reguladoras do Programa de apoio ao peche do ocio nocturno para aqueles establecementos que optaron polo rexime de peche do 31 de decembro ao 3 de xaneiro (código de procedemento TR750A)
•Prazo de solicitudes: do 16 de febreiro ao 15 de marzo de 2022.
•Prazo de resolución: 1 mes
•A Consellería de Emprego e Igualdade tramita a presente axuda. Para dúbidas no tel. 981544666 ou mail dx.emprego@xunta.gal
Requisitos dos beneficiarios desta axuda (entre outros):
- Discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festa, salas de concertos e similares.
- Atoparse de alta na actividade económica como mínimo desde o 1 de novembrode 2021 e, no caso de persoas autónomas, estar de alta non RETA desde a mesma data.
- O establecemento de lecer nocturno debeu permanecer pechado desde as 0.00 horas do día 31 de decembro de 2021 ata as 3.00 horas do día 3 de xaneiro de 2022 e non ter adiantado ou atrasado a outras datas as festas ou eventos, nos termos recollidos na Orde da Consellería de Sanidade do 29 de decembro de 2021.
- Realizar a comunicación previa conforme o previsto no punto sétimo da Orde da Consellería de Sanidade do 29 de decembro de 2021.
- A concesión da axuda realízase pola comprobación da concorrencia dos requisitos establecidos na persoa ou entidade solicitante
O importe da axuda determinarase por establecemento de lecer nocturno e en función dos metros cadrados do local conforme a seguinte escala:
- 2.500 € para os locais de menos de 100 metros cadrados
- 5.500 € para os locais de 100 a 250 metros cadrados.
- 9.000 € para os locais de 250 a 500 metros cadrados.
- 14.000 € para os locais de 500 e 700 metros cadrados.
- 27.000 € para os locais de 700 a 2.000 metros cadrados.
- 45.000 € para os locais de máis de 2.000 metros cadrados.
Comentarios