15/09/2022 Recordatorio das xornadas de asesoramento enerxético

O Concello da Guarda, a través do Plan Rehabita, organiza xornadas de asesoramento enerxético.

Trátase dun asesoramento individualizado sobre temas relacionados coa eficiencia enerxética de fogares e empresas da vila e que se realizará os días 16 e 30 de setembro e 14 e 28 de outubro, en horario de 9:00h a 13:00h con cita previa chamando ao 986610000 ext.2.

Dúas persoas se encargarán deste asesoramento individualizado, Belén Novoa é especialista na área de contratación e sistema de tarifas do mercado eléctrico e Santiago González é un experto no campo das enerxías renovables.

O obxectivo final é mellorar a eficiencia enerxética dos fogares e empresas da vila cun asesoramento individualizado que permitirá aos interesados en coñecer cales son as solucións existentes no mercado enerxético, a presentación e asesoramento en materia de enerxías renovables, as solucións de calefacción, illamentos, peches, fiestras ou caldeiras de biomasa, entre outras.

Comentarios

Leave a Reply