08/03/2022 Aberto o prazo para a adhesión dos establecementos turísticos a Campaña Turística #QuedamosenGalicia22

O boletín Nº 46 da Xunta publica hoxe as condicións e procedemento para adhesión dos establecementos turísticos e axencias de viaxes do programa Bono turístico #QuedamosenGalicia22. (código de procedemento TU985C).

Esta é a terceira convocatoria desta iniciativa da Axencia de Turismo de Galicia para apoiar ao sector turístico axudando a manter a actividade na tempada baixa e a desestacionalizar a oferta.

Establecementos turísticos que se poden adherir:

  • Aloxamentos turísticos excepto vivendas de uso turístico.
  • Axencias de viaxes que elaborarán paquetes turísticos coa oferta complementaria (resturantes, turismo activo, industrial,…)

Requisitos:

  • As empresas deben estar inscritas no REAT e precisan a sinatura ou código identificativo do establecemento.
  • É imprescincible dispor de TPV con número de comercio que os identifiquen no servizo de pagamentos españois.

Tramitación a partir 9 de marzo :

  • Presentación telemática da solicitude co anexo I ata o 1 de decembro de 2022.
  • Unha empresa que xa estivo adherida á campaña Bono turístico #Quedamos en Galicia do ano 2021 debe volver adherirse, cos datos requiridos, para poder participar na campaña 2022.

 

Quenes serán os beneficiados dos bonos turísticos 2022?

Persoas maior de idade, empadroadas nos concellos galegos e con preferencia para os que non foran beneficiados na convocatoria 2021.

Estos cidadáns poderán facer a súa solicitude a través da sede electrónica da Xunta cando sexa publicado o procedemento tamén no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Nesta convocatoria, a Xunta asumirá 40% do custe dos servizos consumidos e os particulares o 60%. O límite para o seu uso é o31 de decembro de 2022 e non se poderán empregar en temporada alta (1 de xullo  – 15 de setembro) para desentacionalizar o sector.

O Bono turístico 2022 é unha tarxeta moedeiro e os cidadáns disporán de tres tipos para escoller.

  • Tarxeta de 500 € (200 € aportación da Xunta – 300 € aportación da persoa)
  • Tarxeta de 375 € (150 € aportación da Xunta – 225 € aportación da persoa)
  • Tarxeta de 250 € (100 € aportación da Xunta – 150 € aportación da persoa)

Comentarios

Leave a Reply