07/04 Aberta unha nova convocatoria para solicitar a subvención do Bono Enerxía Peme para hostalaría, comercio e outros servizo.

A finalidade desta subvención é dimunir o consumo de enerxía, aumentando a eficiencia enerxética e promovendo a introdución da mellor tecnoloxía dispoñible. E deste xeito, reducir a factura de enerxía e aumentar a competitividade das pemes e autonómos.

Pemes e autónomos beneficiarios (seccións do CNAE 2009):

– Sección G: comercio por xunto e polo miúdo (divisións 45, 46 e 47)

– Sección I: Hostalaría:
• Servizos de aloxamento (división 55): Hoteis, aloxamentos turísticos, campings e outros.
• Servizos de comidas e bebidas (división 56): restaurantes, cafeterías e bares.

– Sección R: actividades artísticas, recreativas e de entretemento (división do 90 ao 93)
• Actividades deportivas, recreativas e de entretemento (división 93): xestión de instalacións deportivas, actividades de clubs de deportivos e ximnasios.

– Sección S: outros servizo, só divisións 95 e 96.

Tramitación:

  • Directamente co INEGA (Instituto Enerxético de Galicia, tel. 981 953 543) onde están dispoñibles os modelos da documentación requerida como os anexos e a memoria técnica do proxecto.
  • Sede electrónica da Xunta (código de procedemento IN417Z)

Prazo de presentación das solicitudes: remata o 14 de de xullo de 2022 ou ata esgotar o crédito.

Contía da axuda: 80 % do custo elixible da actuación ata un máximo de 6.000€.

GASTOS SUBVENCIONABLES:
Son obxecto de subvención os proxectos de mellora enerxética que inclúan investimentos en equipamentos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente.

Investimento mínimo: 1.000 euros, sen incluír o IVE.
Investimentos subvencionables realizados entre o 1 xaneiro e o 30 de setembro de 2022.

Resumo das tipoloxías para gastos subvencionables (pódense combinar varios bonos no mesmo proxecto):
• Bono envolvente: elementos de control solar. térmico.
• Bono iluminación: renovar os equipos de iluminación interior ou exterior, incluídos rótulos e escaparates.
• Bono instalacións eléctricas: mellora das instalacións eléctricas coa renovación de transformadores, sistemas de alimentación interrompida,…
• Bono equipamento: renovar o equipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras ou secadoras, …
• Bono climatización: equipos para a redución do consumo enerxético nas instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria.
• Bono inmótica: sistemas domóticos e inmóticos que permitan xestionar a enerxía e o gasto de xeito máis eficiente.

DOGA 05/04/2022 Bases reguladoras de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes con actividade de comercio, hostalaría ou artístico-recreativas (programa Bono enerxía peme).

Comentarios

Leave a Reply