A Axencia de Turismo de Galicia publica no DOG do 2 de decembro a resolución das bases reguladoras da Subvención para actuacións de eficiencia enerxética, en réxime de concorrencia non competitiva, ás empresas turísticas no marco do Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. Con data do 24 de marzo fíxose público o acordo para a ampliación do prazo de presentación das solicitudes ante a complexidade da documentación a presentar.
A finalidade é apoiar as actuacións de eficiencia enexética que impulsen a economía circular en edificios completos cuxo uso sexa o aloxamento turístico.
Dirixida as seguintes tipoloxías de empresas turísticas de aloxamentos:
• Hoteis
• Pensións
• Establecementos de turismo rural
• Albergues turísticos
• Apartamentos turísticos.
Quedarán excluídos:
• Os establecementos de aloxamento turístico que ocupen parcialmente un edificio e aqueles construídos e con uso turístico posterior ao ano 2007.
A contía das axudas para cada unha das tipoloxías de actuacións subvencionables está establecida no anexos II (Contía das axudas ás persoas beneficiarias) e III (Actuacións subvencionables e custos elixibles) desta resolución, cun límite de 150.000,00 euros (IVE excluído) por proxecto subvencionable.
En todo caso, a persoa beneficiaria deberá realizar un gasto efectivo, que deberá xustificar, de polo menos 5.000,00 euros (IVE excluído) no proxecto subvencionable.
Tramitación:
• Sede electrónica da Xunta (código de procedemento TU986B)
• Información: Axencia de Turismo (Fomento) no teléfono: 981.546.360 / 986.547.404 ou vía mail: fomento.turismo@xunta.gal
• Sistema de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito dispoñible.
• Prazo de solicitudes: remata o 30 de marzo de 2023. Ampliado ata o 2 de maio de 2023.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES (ANEXO III)
1. Deben cumprir cos requisitos específicos que se establecen no anexo III e encadrarse nunha ou varias das seguintes tipoloxías:
a) Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica (tipoloxía 1).
b) Mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria; incluída a instalación de redes de calor e frío alimentadas por fontes de enerxía renovable e/ou calor residual para complexos turísticos de varios edificios (tipoloxía 2).
c) Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación (tipoloxía 3).
2. As actuacións subvencionables deberán realizarse en edificacións existentes e construídas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2007, sempre que sexan edificios completos cuxo uso sexa o aloxamento turístico: hoteis e pensións, previstos no Decreto 57/2016, do 12 de maio, polo que se establece a ordenación dos establecementos hoteleiros, establecementos de turismo rural, previstos no Decreto 191/2004, do 29 de xuño, de establecementos de turismo rural, albergues turísticos, previstos no Decreto 48/2006, do 21 de abril, polo que se establece a ordenación dos albergues turísticos, e apartamentos turísticos, previstos no Decreto 12/2017, do 26 de xaneiro, polo que se establece a ordenación dos apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Estas actuacións deberán alcanzar as dúas condicións seguintes:
– Unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable do 30 % respecto á situación de partida.
– A mellora da cualificación enerxética total do edificio en, polo menos, unha letra medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO2/m2 ano). Este último criterio non será de aplicación cando o edificio acredite ter unha cualificación enerxética A.
Para a obtención das condicións anteriores poderanse combinar as actuacións que se vaian realizar, e non é necesario o seu cumprimento por cada actuación individualmente.
4. As actuacións obxecto da axuda deberán cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación, así como contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas, no caso de que as ditas actuacións as requiran.
5. Adicionalmente, deberán cumprirse outros requisitos.
6. O prazo máximo para a conclusión das actuacións obxecto da axuda será o que se fixe na resolución de concesión, sen que poida superar os 12 meses contados desde a data da notificación da resolución de concesión da axuda.
DOG 02/12/2022 Extracto da subvención.
DOG Nº59 do 24/03/2023 Acordo da ampliación do prazo de presentación.
Comentarios