11/02/2022 Modificación nos horarios de peche da hostalería e do ocio nocturno

Esta tarde publicáronse no DOG Nº 29 BIS dúas Ordes da Consellería de Sanidade as medidas xerais e outra coas medidas dirixidas á hostalería e ao ocio nocturno.

Estas modificacións entran en vigor do venres ao sábado 12 de febreiro:

No referente ao Plan de Hostalería segura mantéñense os requisitos de cada nivel: 1 cunchiña ou 2 cunchiñas. Pero os dous niveis vanse modificar en:

  • Amplíase o aforo ao 100% en interior e terraza.
  • O horario límite de peche ao público será o establecido na Orde do 23 de outubro de 2020 pola que se determina o horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas.

No referente ao Plan de Lecer Nocturno:

  • Amplíase os aforos ao 100% no interior e no exterior.
  • O horario límite de peche ao público será o establecido na Orde do 23 de outubro de 2020 pola que se determina o horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas
  • Obrigatorio para os dous niveis a exhibición do Certificado COVID. É dicir, para o acceso ao interior é obrigaorio a presentación dun certificado emitido polo servizo de saúde ou por un laboratorio oficial autorizado:
    1. Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización de conformidade co Regulamento (CE) nº 726/2004.
    2. Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas no caso das PCR e de 48 horas no caso dos tests rápidos de antíxenos. No caso dos tests rápidos de antíxenos deberán estar enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01, do Consello de Europa.
    3. Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses. Para iso a persoa deberá ter sido diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, e non é valido outro tipo de test.
      • Estes certificados tan só se mostrarán á entrada no momento do espazo interior, non se conservarán estes datos nin se crearán ficheiros con eles.

 

Enlaces das Ordes vixentes dende ás 00.00h do sábado 12 ao 26 de febreiro de 2022:

ORDE do 21 de outubro de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia.

ORDE do 22 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

Comentarios

Leave a Reply