A Concellería de Eventos Deportivos volve este ano coa organización de andainas para coñecer novos lugares.

En total, son catro andainas que se reparten na primavera e outono do 2025. Todas elas contan con servizo de autobús para o desprazamento e guía interpretativo, polo que se establece un prezo de 20€/persoa para cada andaina.

Todas rutas están entre os 10 e 18 kilómetros, polo que as persoas interesadas deben atoparse na condición física adecuada para realizar estes tramos e con certa dificultade polo desnivel.

A primeira andaina será o 26 de abril para realizar a primeira etapa da Vía Mariana que une Braga con Muxía, polo que se percorrerá a localidade portuguesa. Un mes máis tarde, o 24 de maio, recorreremos o interior da provincia co ruta do río Xesta e a fervenza do río Oitavén, percorrendo o concello da Lama.

Antes do remate do verán, o 13 de setembro, retómase as saídas cun roteiro por Lobios (Ourense) para desfrutar deste paisaxe de interior. Para pechar a actividade, o 11 de outubro, farase unha ruta pola Serra do Galiñeiro na que se poderá visitar a Cova da Becha e os petróglifos de auga da Laxe.

As prazas son limitadas e o prazo de inscrición establécese do luns 17 ao venres 28 de marzo. O martes 1 de abril informarase aos interesados da lista de admitidos.

Máis información e inscrición na Casa dos Alonso (terceira planta) ou ben a través do correo electrónico en turismo@aguarda.es ou no tel. 986614546, aínda que se priorizara a inscrición presencial.

A Guarda inaugurará o Entroido 2025 co Desfile Escolar o próximo venres 28 ás 11:30h, cando preto de 400 alumnos e alumnas da Guarda tomen as rúas para amosar os seus mellores disfraces.

Durante a fin de semana continuará a programación na Alameda. O sábado haberá noite de djs con Axel, Matt, Joan Roca e Diego Mariño. A tarde de domingo arranca co espectáculo de clow infantil “A vida tola de Pajarito”, quen fará participar ao público e transeúntes coas súas tolemias.

Despois, a charanga Cantos Somos amenizará o resto da tarde de domingo. O luns e martes de Entroido temos as tardes completas de actividades para desfrutar na Alameda. O luns 3 teremos xogos populares na Alameda, mentres que o martes 4, haberá festa de Entroido e Baile de Disfraces con pintacaras, globoflexia e búsqueda do tesouro.

O prato forte chegará o venres 7 de marzo co Desfile de Entroido. Este sairá ás 20:30h da Rúa Porto Rico (Esquina Famosa) e percorrerá a Rúa Galicia ata rematar na Alameda. Alí, comezará a festa con Darío GZ, Adrián Mesu, Christian Pereira e DJ Charlie.

(En caso de chuvia, proporase unha nova data para a celebración do desfile)

Ide preparando os vosos mellores disfraces, que chega o Entroido 2025!

A partir do 15 de febreiro volve a abrir o MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega, que permitirá aos visitantes comprender a importancia deste xacemento arqueolóxico grazas a exposición de pezas atopadas nas diferentes escavacións.

A longo do ano o horario do MASAT modificarase para atender aos visitantes de martes a domingo. Durante o 2023, unhas 40.000 persoas visitaron o Museo.

A novidade deste ano é o lanzamento do proxecto de visitas virtuais que permitirán coñecer mellor o Monte Santa Trega e outros espazos de interese na vila da Guarda. Esta iniciativa financiouse cunha subvención da Axencia de Turismo de Galicia.

Aqueles que visiten o Monte Santa Trega poden empregar esta ferramenta que permite realizar unha visita 360º do monte e ampliar a información coas audioguías. Ademais tamén está dispoñible a recreación virtual dunha unidade familiar do castro, que transportará ao visitante a finais do século I aC.

Esta nova ferramenta dixital está dispoñible na web turismoaguarda.es ou directamente no QR de enlace do recorrido virtual Castro Santa Trega.

Trasladase a información achegada polo Clúster de Turismo de Galicia sobre a organización dunhas mesas de traballo participativas abertas ao sector turístico co obxectivo é coñecer a situación actual do turismo na Eurorregión.

Nestes encontros abordaranse os puntos fortes, preocupación, expectativas, etc. sobre a Eurorrexión como destino turístico, a través de varias dinámicas de traballo onde participarán empresas galegas e portuguesas.

As mesas organizaranse o mércores de 26 de febreiro en Vila Meâ en territorio portugués e o xoves 27 de febreiro nas instalacións da Bodega Terras Gauda (horario de España), con dúas quedas:
-Programa de mañá:
▪ Recepción de asistentes, entre as 11:15h e as 11:30h
▪ Mesa de traballo, entre as 11.30h e as 14:00h.
▪ Almorzo networking, entre as 14:00h e as 15:20h. Asistirán os integrantes das mesas das quendas de mañá e da tarde
▪ Fin da xornada ás 15:30 h

-Programa da tarde:
▪ Recepción de asistentes, entre as 13:45h e as 14:00h
▪ Almorzo networking, entre as 14:00h e as 15:20h. Asistirán os integrantes das mesas das quendas de mañá e da tarde
▪ Mesa de traballo, entre las 15:30h y las 18:00h
▪ Fin da xornada ás 18:00 h

Os interesados deben cumprimentar o formulario online indicando a entidade ou empresa á quen representan e seleccionando a sesión de traballo a que desexa asistir. A participación é gratuíta pero sí está limitada a 20 entidades por mesa de traballo (10 empresas galegas e 10 portuguesas en cada mesa participativa). Para facilitar as dinámicas de traballo, só se admitirá unha persoa por entidade.

Esta actividade enmarcase no proxecto CLUSTERTUR, cofinanciado pola Unión Europea a través do programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027. O Cluster de turismo organiza en colaboración coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal (AECT) e co apoio Turismo Porto Norte e de Turismo de Galicia.

A Axencia de Turismo de Galicia abre o prazo para a presentación das solicitudes da Subvención para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración (código de procedemento TU503A)

A finalidade é potenciar a oferta turística galega, modernizar infraestruturas e mellorar a calidade e a competitividade da oferta turística.
Dirixida a establecementos cunha antigüidade mínima de 5 anos (inscrición no REAT):

  • Establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticas e albergues turísticos (punto 55.1 da Lei 7/2011 do Turismo de Galicia)
  • Restaurantes (grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011 do Turismo de Galicia) e debidamente inscritos e clasificados no REAT.

Prazo de solicitudes: remata o martes 11 de marzo de 2025.
• Contía da axuda: entre o 40% e o 60%, sendo o máximo 60.000€ a percibir.
• Investimento neto admitido ata 100.000 €, o IVE non está incluído.
• Investimentos iniciados a partir do 1 de xaneiro de 2025.
• Prazo xustificar o investimento: do 31 de outubro de 2025.
• A Axencia de Turismo de Galicia tramita a presente axuda. Para dúbidas en fomento.turismo@xunta.gal ou no tel. 981 54 63 64 e 981 54 74 05

Os investimentos subvencionables son:
• Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
• Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística.
• Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
• Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento do contorno da instalación.
• Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.
• Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.
• Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento. O investimento en equipamentos e telefonía móbil non poderá ser superior ao 5 % do orzamento total do proxecto ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel.
• Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.

Esta subvención regúlase en réxime de concorrencia competitiva polo que o importe a subvencionar será resultado dos criterios de valoración como a antigüidade, grado de investimento, impacto no emprego entre outros. A posesión dun certificado de calidade turística como SICTED, ademais de mellorar a xestión do establecemento, facilita acadar puntuación como nesta subvención.

DOG 11/02/2025 Subvención para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración (código de procedemento TU503A)
DOG 11/02/2025 Extracto

A finalidade desta subvención é diminuír o consumo de enerxía, aumentando a eficiencia enerxética e promovendo a introdución da mellor tecnoloxía dispoñible. E deste xeito, reducir a factura de enerxía e aumentar a competitividade das pemes e autónomos.

Prazo de presentación das solicitudes: do 17/01/2025 ata o 25/06/2025 ou ata esgotar o crédito.

Pemes e autónomos beneficiarios (seccións do CNAE 2009), entre outras:
– Sección G: comercio por xunto e polo miúdo (divisións 45, 46 e 47)
– Sección I: Hostalaría:
• Servizos de aloxamento (división 55): Hoteis, aloxamentos turísticos, campings e outros.
• Servizos de comidas e bebidas (división 56): restaurantes, cafeterías e bares.
– Sección R: actividades artísticas, recreativas e de entretemento (división do 90 ao 93)
– Sección S: outros servizos, só divisións 94 e 96.

Tramitación:
Directamente co INEGA (Instituto Enerxético de Galicia, tel. 981 953 543) onde están dispoñibles os modelos da documentación requerida como os anexos e a memoria técnica do proxecto.
Sede electrónica da Xunta (código de procedemento IN417Z)
Contía da axuda: 80 % do custo elixible da actuación ata un máximo de 6.000€.

GASTOS SUBVENCIONABLES:
Son obxecto de subvención os proxectos de mellora enerxética que inclúan investimentos en equipamentos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente.
Investimento mínimo: 1.000 euros, sen incluír o IVE. No caso de que a solicitude recolla exclusivamente o bono de asesoramento enerxético, o investimento mínimo da solicitude establécese en 200 euros por solicitude, sen incluír o IVE.
Investimentos subvencionables realizados entre o 1 xaneiro e o 1 de outubro de 2025.
Resumo das tipoloxías para gastos subvencionables (pódense combinar varios bonos no mesmo proxecto):
• Bono asesoramento enerxético: diagnoses e auditorías enerxéticas.
• Bono envolvente: elementos de control solar (toldos de control solar e/ou térmico).
• Bono iluminación: renovar os equipos de iluminación interior ou exterior, incluídos rótulos e escaparates.
• Bono instalacións eléctricas: mellora das instalacións eléctricas coa renovación de transformadores, sistemas de alimentación interrompida,…
• Bono equipamento: renovar o equipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras ou secadoras, …
• Bono climatización: equipos para a redución do consumo enerxético nas instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria.
• Bono inmótica: sistemas domóticos e inmóticos que permitan xestionar a enerxía e o gasto de xeito máis eficiente.

DOGA Nº6 do 10/01/2025. Bases reguladoras de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes do sector servizos (programa Bono enerxía peme).

As datas festivas están á volta da esquina e para desfrutar delas, A Guarda ten unha programación chea de actividades para toda a familia.

A música será a gran protagonista, con concertos e pasarrúas, mais tamén haberá contacontos e espectáculos de maxia ou circo. Ademais recibiremos visitas moi especiais, como Papá Noel, as carteiras reais e os Reis Magos.

Durante as vindeiras semanas, irase dando a coñecer máis información sobre cada unha das actividades.

Ante a redución do número de peregrinos nestas datas de Nadal, o Albergue Municipal de Peregrinos permanecerá pechado do luns 16 de decembro ata o xoves 16 de xaneiro, abrindo novamente a partir do venres 17 de xaneiro.

Os meses de menor afluencia de peregrinos son decembro e xaneiro debido aos días curtos, o empeoramento do tempo e as celebración do Nadal. Nestas semanas de peche do albergue aproveitase para realizar tarefas de mantemento das instalacións.

Durante este 2024 aloxáronse 4.250 peregrinos, uns 150 peregrinos máis con respecto a 2023. O albergue ten unha capacidade para 36 persoas polo que moitos peregrinos escollen outros tipos de aloxamentos turísticos como os hoteis, especialmente nos meses de inverno.

O Camiño Portugués da Costa segue a crecer, sendo notable a presenza constantes dos peregrinos que percorren as nosas rúas e tamén como reflexan os datos rexistrados na Oficina do Peregrino en Santiago con 74.500 peregrinos a día de hoxe, superando os 52.000 rexistrados en todo o 2023.

A oferta de visitas guiadas ao Castro de Santa Trega sempre tiveron unha excelente collida entre veciños e visitantes que escollen A Guarda ou arredores para gozar das súas vacacións.

Estas visitas guiadas son un complemento perfecto visitando o Monte Santa Trega, recorrendo noso territorio a través das rutas de sendeirismo, desfrutando da natureza no Esteiro do Miño, descubrindo a vida mariñeira no porto e no Museo del Mar e degustando a nosa gastronomía e produtos locais.

Esta campaña especial das visitas guiadas centrase nos valores arqueolóxicos do Monte Santa Trega, un dos recursos máis destacados de Galicia e un dos exemplos mellor conservados da Cultura castrexa.

Esta visita guiada realizaranse o venres 6, sábado 7 e domingo 8 de decembro ás 12:00h e terán unha duración duns 45 minutos. A visita centrase no valor arqueolóxico da zona escavada do Castro de Santa Trega, nun recorrido de menos dun quilómetro que inclúe o Barrio Mergelina e finaliza nas vivendas reconstruídas. As explicacións do guía permitirán coñecer como vivían os castrexos no Trega fai máis de 2.000 anos.

Esta actividade non precisa inscrición previa, os interesados tan só terán que presentarse minutos antes do comezo da visita no aparcadoiro da Casa Forestal que se atopa uns metros despois de cruzar o castro. Aqueles que accedan en vehículo ao monte deberán abonar a taxa de acceso, sendo a visita guiada gratuíta.

Ademais con motivo da Ponte da Constitución a Rede de Museos da Guarda conta cunha apertura ampliada:
• MASAT (Museo Arqueolóxico). Do venres ao domingo: 10:00 a 19:00h
• Museo do Mar. De venres a domingo: 11:00 – 14:00 / 16:00 -19:00h
• Castelo de Santa Cruz: Espazo público aberto todos os días: 10:00-18:00h.

Por último, recordar que a Oficina Municipal de Turismo contará tamén cun horario especial e estará aberta de venres a domingo de 10:00 a 14:00h. Tamén pódese consultar no mail a turismo@aguarda.es ou no tel. 986 61 45 46.

Co comezo de setembro redúcese o número de visitantes ao monte pero seguiranse ofrecendo as visitas guiadas gratuítas ao Castro de Santa Trega como en anos anteriores.

Unha vez comezado setembro os visitantes poderán coñecer mellor o valor arqueolóxico coas visitas dos sábados en dúas quendas: ás 12:00 e ás 17:00, excepto o sábado 14 que só haberá a visita da tarde.

A duración das visitas gratuítas é de 45 minutos e só se precisa estar á hora no punto de encontro do parking da casa Forestal, xa que non se necesita reserva previa. Mais para grupo de máis de 12 persoas pídese consultar ao MASAT no teléfono 690 01 70 38.

Aínda que as visitas son de balde, a tarifa de acceso de vehículos non está incluída.

Durante a primavera tiveron lugar as dúas primeiras andainas pola provincia de Pontevedra organizadas pola Concellería de Eventos Deportivos da Guarda.

Despois do descanso do verán retómase coa saída do sábado 28 setembro polo interior cunha nova ruta do río Xabriña en Mondariz e pecharase o 19 outubro co Camiño de Taverneiro en Pazos de Borbén.

Esta actividade organizase cun autocar para o traslado dos participantes e con guías interpretativos da natureza que acompañarán ao grupo. A distancia destas rutas rondan entre os 10 e 15 km polo que as persoas interesadas deberán atoparse en condicións físicas adecuadas para realizar andainas duns 15 km e con certa dificultade polo desnivel.

O luns 2 de setembro abre o prazo de inscrición para completar as prazas aínda dispoñibles para estas dúas andainas de outono. O prezo público de cada andaina é de 17€ por persoa.

Máis información e inscrición na Casa dos Alonso (terceira planta) ou a través do mail turismo@aguarda.es ou no tel. 986614546, aínda que se priorizará a inscrición presencial.

O venres 30 de agosto, como peche do mes de excelencia do verán e das festas e eventos, escolleuse como data para o concerto de música do grupo GIN TONI´S. O forte vento do sábado da Festa da Langosta impediu que se realizasen os preparativos técnicos e montaxe.

Para realizar este concerto tan esperado polos amantes da música escolleuse a Alameda, concerto que comezará ás 22:30h cunha duración aproximada de 2 horas.

A banda GIN TONI’S ofrecerá un concerto cun directo fresco e un repertorio de versións dos mellores temas do Pop Rock español dende os 80 ata a actualidade coma por exemplo Alaska, Los Hombres G, Seguridad Social, Radio Futura, Loquillo, Los Secretos ou Joaquín Sabina, entre outros moitos.

Un espectáculo musical que transportarán aos asistentes ás décadas douradas da música española.

O primeiro fin de semana de xullo comezou a funcionar o tren turístico coincidindo coa Festa da Langosta. Durante este mes foi modificando a ruta e realizando saída para atopar a mellor maneira de que o usuario desfrute da nova experiencia de visitar A Guarda.

O tren permite contemplar a paisaxe e o patrimonio da Guarda dunha maneira única, incluíndo as vistas desde o monte Santa Trega ata o particular porto guardés. A súa duración aproximada é de 1 hora e 15 minutos.

A saídas realízanse na rúa Rosalía de Castro, en horario de mañá (10:30, 11:45 e 13:00 horas) e en horario de tarde (16:15, 17:45 e 19:15), mais realizarán sempre unha parada previa, uns 15 minutos antes, no Porto da Guarda, para recoller aos usuarios que queiran subir ata o Monte Santa Trega.

Xa na cima do monte, o tren realiza unha parada duns 10 minutos para que os pasaxeiros e pasaxeiras admiren as vistas, fagan fotos ou visiten o MASAT.. Mais tamén poden quedar no Monte Santa Trega para desfrutar del con tranquilidade e baixar noutra das viaxes do tren.

O tren comezará a baixada do Monte ás 11:00, 12:15 e 13:30 horas da mañá e pola tarde ás 17:00, 18:30 e 20:00 horas. Alí mesmo, un matrimonio de Barcelona contou que eles baixaban e subían diariamente no tren, xa que estaban aloxados no Monte Santa Trega.

O prezo para os adultos é de 6€, mentres que residentes guardeses e nenos de 6 a 14 anos pagarán unha taxa reducida de 3€. O prezo inclúe tamén a taxa de acceso ao monte e a visita ao MASAT, ademais do propio paseo en tren.

O tren turístico conecta dous dos emblemas da Guarda, porto e monte, dun xeito único.

Para máis información, existen dou números de teléfono e de WhatsApp: 628 689 689 e 654 11 43 18.

A seguridade da cidadanía e dos visitantes é prioritaria para o Concello da Guarda, polo que as atraccións permanecerán pechadas ata que non se poida garantir a seguridade.

A documentación presentada por parte dos feirantes foi deficitaria e non cumpre a normativa vixente; nalgúns casos falta documentación técnica, etc.

Onte á tarde, a horas da apertura das atraccións, presentaron ante o Concello o parte do enxeñeiro contratado polos feirantes que acredita a súa seguridade e boa montaxe, así como o seguro de responsabilidade civil. Esta documentación debe ser revisada polos servizos municipais.

Todo este proceso garante que a cidadanía, moitos deles nenos e nenas, desfruten das atraccións e das festas con total seguridade e sen sobresaltos.

Por último, desde o Concello queremos pedir aos medios de comunicación que corroboren co consistorio a información ou, como mínimo, den a coñecer a súa versión antes da publicación de certas informacións que poden causar falsos rumores ou inseguridade respecto a festa, desacreditando a labor dos traballadores municipais e do goberno da Guarda.

O mes de agosto presenta numerosas oportunidades para visitar o castro Santa Trega nunha visita guiada gratuíta.

Os martes haberá ata catro sesións: 12:00,13:00, 18:00 e 19:00h. Os mércores, venres e domingos só haberá sesións de tarde (18:00 e 19:00 horas), mentres que os xoves só haberá sesións matutinas (12:00 e 13:00 horas).

Hai que ter en conta que non haberá visitas os sábados, nin os domingos 11 e 25 de agosto. Ademais, o domingo 11 non se poderán subir vehículos pola Romaría das Festas do Monte.

A duración das visitas gratuítas é de 45 minutos e só se precisa estar á hora no punto de encontro do parking da casa Forestal, xa que non se necesita reserva previa. Mais para grupo de máis de 12 persoas pídese consultar ao MASAT no teléfono 690 01 70 38.

Aínda que as visitas son de balde, a tarifa de acceso de vehículos non está incluída.

A Festa do Peixe Espada celebra esta fin de semana a súa 19ª edición. Darase comezo o venres 26 de xullo, co acto de inauguración no Concello ás 19:00 horas, onde tamén se dará entrega do premio do concurso infantil; desta vez, a Laura Santos Adrover.

Xa o sábado, a asociación Piueiro organiza un obradoiro infantil con pintacaras na praza Avelino Vicente a partir das 11:00 horas. Ademais, abrirase a exposición etnográfica mariñeira da Asociación Piueiro no edificio Casa do Pescador, que terá un horario de 11:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas.

Para levar música as rúas, o Trebón dos Xidos fará un recorrido desde a praza de Avelino Vicente ata o Porto, tanto o sábado como o domingo pola mañá.

Para achegarnos ao mar, o volanteiro Piueiro ofrecerá saídas que precisan reserva previa na Oficina de Turismo da Praza do Reló ou no 986 61 45 46.

Durante a fin de semana 15 restaurantes ofrecerán diferentes tapas ou pratos que terán como protagonista o peixe espada. Deste xeito, mostran a variedade de formas nas que se pode consumir o peixe.

No mes de xullo, as visitas ao castro de Santa Trega verán reducidos os seus horarios por indisposición dun dos guías.

Polo tanto ata final de mes os horarios serán os seguintes: os martes ás 12:00, 13:00, 18:00 e 19:00; os mércores e venres ás 18:00 e 19:00; e os xoves serán en horario de mañá ás 12:00 e ás 13:00 horas.

Durante a fin de semana non haberá visitas, agás o domingo 21 que se realizarán visitas pola tarde ás 18:00 e ás 19:00 horas.

O punto de encontro é o aparcadoiro da Casa Forestal e a visita recorre menos de 1 km polas diferentes áreas escavadas durante os últimos cen anos, incluíndo a zona norte coas vivendas reconstruídas e a muralla ata a zona de Mergelina, na ladeira ao río Miño. Sempre é interesante completar esta actividade coa visita ao MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega.

Estas visitas guiadas non precisan reserva previa e son gratuítas pero aqueles que accedan ao Monte Santa Trega en vehículo deberán abonar o prezo público.

Informarase dos horarios confirmados das visitas guiadas ao Castro de Santa Trega para o próximo mes de agosto. Quedan suspendidas ata novo aviso as visitas nocturnas previstas para os martes dos meses de xullo e agosto.

Para calquera dúbida poden consultar directamente no Museo Arqueolóxico no tel. 690 01 70 38 ou un mail a masat@aguarda.es.

En el mes de julio, las visitas al castro de Santa Trega verán reducidos sus horarios por indisposición de uno de los guías. Por lo tanto, hasta final de mes los horarios serán los siguientes: los martes a las 12:00, 13:00, 18:00 y 19:00; los miércoles y viernes a las 18:00 y 19:00; y los jueves serán en horario de mañana a las 12:00 y a las 13:00 horas.
Durante el fin de semana no habrá visitas, excepto el domingo 21 que se realizarán visitas por la tarde a las 18:00 y a las 19:00 horas.
El punto de encuentro es el aparcamiento de la Casa Forestal y la visita recurre menos de 1 km por las diferentes áreas excavadas durante los últimos cien años, incluyendo la zona norte con las viviendas reconstruidas y la muralla hasta la zona de Mergelina, en la ladera al río Miño. Siempre es interesante completar esta actividad con la visita al MASAT, Museo Arqueológico de Santa Trega.
Estas visitas guiadas no precisan reserva previa y son gratuitas pero aquellos que accedan al Monte Santa Trega en vehículo deberán abonar el precio público.
Se informará de los horarios confirmados de las visitas guiadas al Castro de Santa Trega para el próximo mes de agosto. Quedan suspendidas hasta nuevo aviso las visitas nocturnas previstas para los martes de los meses de julio y agosto.
Para cualquier duda pueden consultar directamente en el Museo Arqueológico en el tel. 690 01 70 38 o un mail a masat@aguarda.es.

O Concello da Guarda colabora un ano máis coa Asociación Piueiro e durante os meses de verán ofrecerán saídas gratuítas de navegación pola costa co Volanteiro Piueiro.

A Oficina de Turismo da Guarda (Praza do Reló) xestionará as reservas das saídas a partir do sábado anterior ás saídas da semana seguinte. As reservas poderanse realizar presencialmente (que terán prioridade) ou chamando ao 986 61 45 46 en horario da oficina, que está aberta de martes a sábado, e atendida pola informadora turística contratada grazas á subvención da Deputación de Pontevedra para persoal de atención e información nas Oficina de Turismo da Rede Info Rías Baixas

Debido ao número reducido de prazas dispoñibles unha persoa poderá inscribir a un total de catro, excepto as unidades familiares. A idade mínima para participar é de 10 anos. Recordase que é preciso estar 15 minutos antes da saída no peirao do porto (escaleiras do muelle alto) e a saída terá unha duración aproximada de 45 minutos.

Os horarios previstos das saídas diarias son 16:30h, 17:30 e 18:30h e das datas previstas segundo semana son:

Xullo:

Luns 15 e xoves 18

Martes 30

Agosto:

Venres 2

Mércores 14 e sábado 17

Martes 20 e venres 23

Martes 27 e sábado 31

Setembro:

Martes 3

Luns 9 e mércores 11

Estas saídas de navegación comezaron a pasada fin de semana coincidindo coa Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira e continuarán esta fin de semana con motivo da Rosegha, xuntanza mariñeira organizada pola propia Asociación Piueiro. Durante este verán esta asociación compaxinará as saídas de navegación coa participación noutros eventos difundindo a nosa cultura mariñeira.

Esta fin de semana celebrouse na Guarda a XXXII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira. Os datos certifican o éxito desta 32ª edición, xa que se venderon 700kg de langosta, a principal protagonista.

Durante toda a fin de semana, a asistencia foi espectacular, cunha carpa de 1000m2 que por momentos, parecía quedar pequena, a pesares das máis de 500 prazas. Só durante o mediodía do sábado vendéronse 270 kg de langosta, todo un récord.

As ganas de comer e beber ben non quedaron só na langosta, pois tamén se ofertaban croquetas, empanadas, langostinos, paella… polo que os percebes e o viño da adega Gran Novás tamén remataron existencias antes do peche da carpa.

Xa desde o venres, a afluencia foi enorme, pois tras o pregón de Luis Zahera na Praza do Reló, foron moitos os que se achegaron ata a carpa coa pequena comitiva para comezar a degustar os produtos.

O sábado arrancou co pasarrúas do Trebón dos Xidos, quen pasou o testemuño a Brassica Rapa, que animaron as rúas durante a tarde. Nesa mesma tarde, presentouse o que será a celebración desta fin de semana: A Rosegha. Por iso, aínda que estes días O Piueiro tivo que suspender varias saídas, haberá máis oportunidades esta finde.

O domingo, A Boalleira encargouse de comezar o día co seu pasarrúas. Pouco despois, o programa Aquí Portugal arrancou a súa emisión na RTP e TVG para dar a coñecer a historia, gastronomía, paisaxes, cultura e deporte da nosa vila. Xa pola tarde, o grupo Broken Peach cautivou ao público ao lado da carpa.

Os restauradores e traballadores da Festa da Langosta recoñecen a asistencia récord desta edición, pola que o Concello calcula que pasaron unhas 15.000 persoas.

As Guerreras desfrutaron o pasado venres dunha visita no monte Santa Trega. As xogadoras quedaron asombradas coas vistas panorámicas e mostraron interese pola historia da Guarda.

Explicáronlle a historia da Insua, do castro, das cetáreas e tamén das festas e da Sociedade Pro-Monte. Algunhas das Guerreras tamén comentaban coas súas compañeiras algunhas curiosidades que elas mesmas viviran na súa etapa como xogadoras no Mecalia Atlético Guardés.

Ademais, agasallaron ao Concello cunha camiseta asinada por todas.

A presentación da XXXII Festa da Langosta tivo lugar en Vilanova de Arousa, co obxectivo de dar a coñecer a festa entre veciños e visitantes para que nos visiten a próxima semana.

A xente que por alí pasou puido probar os produtos que se poderán degustar no porto da Guarda a fin de semana do 5,6 e 7 de xullo. Os asistentes quedaron fascinados coa calidade do produto e xa facían plans sobre a súa visita á Guarda.

O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, convidou a todos e todas a visitarnos, non só pola gastronomía, se non tamén pola historia e paisaxe local. O tenente alcalde de Vilanova de Arousa, Javier Touris, mostrouse agradecido por ser o municipio elixido para esta presentación e, anunciou que eles presentarán a súa Festa do Mexillón na Guarda.

O alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, puxo en valor as diferenzas entre os dous concellos polas súas características de mar aberto e de ría. Durán non dubidou da gran calidade dos produtos de ambos concellos e tamén recordou a influencia e importancia que ten o mar na vida local.

Apenas faltan tres semanas para a XXXII Festa da Langosta, que arrancará o venres 5 de xullo co pregón de Luis Zahera ás 20:30 horas na praza do Reló.

Tras ese acto haberá un pasarrúas co grupo Bregadiers, e non será o único da festa, pois o sábado e domingo pola mañá, Trebón dos Xidos e A Boalleira, respectivamente, serán os encargados de levar a música polas rúas.

Pola tarde non cesa a música con Brassica Rapa o sábado e con Broken Peach o domingo, ambos a partir das 20 horas. Á noite do sábado chegará o grupo Gin Toni’s, que interpretarán versións de clásicos pop e rock desde as 23:00 horas.

A asociación Piueiro terá un papel destacado na festa. O volanteiro arrancará a súa oferta saídas de navegación deste verán con saídas o sábado e domingo ás 16:30, 17:30 e 18:30. Toda a información e reservas estará dispoñible no punto de información da carpa.

Ademais, Piueiro presentará o evento que se producirá o seguinte fin de semana no porto da Guarda: a Xuntanza mariñeira Rosegha. Trátase dunha xuntanza de embarcacións tradicionais, pero que traerá consigo outras actividades que se explicarán o sábado 6 de xullo no Auditorio de San Bieito, ás 20:30 horas.

Para un lecer en familia, o xogo dixital de escapismo ao aire libre “Esencia mariñeira” (Eureka Reto Cultural) seguirá dispoñible ata o domingo 14 de xullo. O acceso ao reto está dispoñible en riadevigobaixomino.gal.

As actividades habituais non cesan, polo que haberá visitas guiadas ao Castro San Trega de balde. As visitas, de 45 minutos de duración, realízanse desde a casa forestal do monte de martes a domingo cos seguintes horarios: 12:00, 13:00, 18:00 e 19:00. Nin o reto nin as visitas precisan de inscrición previa.

A Festa da Langosta ten sona por toda Galicia e norte de Portugal. Tal é o interese que este ano será o escenario do programa en directo “Aquí Portugal”, unha colaboración da TVG coa RTP. O programa gravarase durante toda a xornada do domingo desde as once da mañá ata as oito da tarde, cun descanso de dúas a catro da tarde.

Será unha fin de semana completa na Guarda: gastronomía, música, lecer e mar uniranse no porto. Todo o programa está na páxina web: langosta.turismoaguarda.es

A inauguración da XXXII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira conta cun pregoeiro galego de proxección nacional: Luis Zahera, o recoñecido actor que foi premiado co Goya ao Mellor actor de reparto nos anos 2019 pola película “El reino” e 2023 por “As Bestas”. Este ano 2024 foi distinguido coa Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes.

Dende hai unhas décadas Luis Zahera é un dos rostros habituais da pantalla grazas o seu talento e capacidade camaleónica para os diferentes papeis. Ten participado en numerosas películas e curtametraxes, destacando películas de gran recoñecemento como “Celda 211” ou “Todo es silencio” ou polos seus papeis en series de televisión. Moitos galegos o coñecimos como “Petróleo” en Mareas Vivas ou “Anibal” en Matalobos da TVG. Tamén participado con éxito en series a nivel nacional como “Sin tetas no hay paraíso”, “Sin Permiso” ou “Entrevías”, por destacar algunhas. Recentemente estreou a súa nova película “Pájaros” onde é protagonista xunto con Javier Gutierrez.

Luis Zahera ademais da súa faceta interpretativa tamén destaca polo seu bo humor tendo realizado monólogos con gran éxito. A Festa da Langosta de 2019 contou na programación coa súa presenza co monólogo CHUNGO deixando ao público fascinado, motivo polo que foi proposto como pregoeiro para esta edición.

A localización do acto de inauguración será na Praza do Reló, o venres 5 de xullo ás 20:30h. Ademais do pregón, farase entrega da distinción “Langosta de Honra” á unha entidade local en recoñecemento o seu desempeño e labor na promoción e recuperación da cultura na nosa vila. Nesta edición que contará cun especial protagonismo a música. O acto estará acompañado polos Bregadiers, conxunto de músicos que ofrecerán un acompañamento especial con ritmos swing, jazz e rock rock&roll. Unha vez finalizado o acto os asistentes desprazaranse ata Porto da Guarda para proceder á apertura oficial da carpa co pasarrúas dos Bregadiers.

Aventura, historia e cultura mesturaranse para mergullarse no pasado mariñeiro da Guarda nun novo desafío de ‘Eureka Reto Rural’, unha iniciativa posta en marcha por EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño a través da que se están a realizar xogos de escapismo temáticos ao aire libre, de forma dixital e para todos os públicos. Un proxecto que permite ir percorrendo o territorio para descubrir a riqueza dos 14 concellos do territorio dun xeito ameno, divertido e orixinal.

Este sábado 15 de xuño A Guarda acolle un novo encontro no que as persoas participantes terán a oportunidade de explorar a Casa do Pescador, un lugar emblemático que revela moitos aspectos da vida dunha vila mariñeira. A historia dos diques, fundamentais na protección da vila; a atalaia dende onde os vixiantes protexías as costas; a importancia da xente do mar ou das cetáreas e a rica gastronomía guardesa serán outros aspectos que o público irá descubrindo durante o percorrido.

O escape room partirá ás 20.00 horas do Auditorio de San Benito nunha ruta circular de dificultade moderada e accesible. As persoas que desexen participar deberán inscribirse de forma individual a través do formulario habilitado na web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño e acudir ao punto de encontro. Todas e todos os menores de 12 anos deben ir acompañados dunha persoa adulta. Ademais de poder realizarse o día de estreo, o escape room permanecerá aberto ao público durante un mes a través da web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño para que calquera persoa poida desfrutar da experiencia.
Sandra González, presidenta da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste EuRural, convidou a todas as persoas a participar nestes xogos de escapismo ao aire libre, “unha oportunidade única para conectar co noso patrimonio, fomentar un turismo sostible e promover o coñecemento do noso territorio dunha forma orixinal e entretida. As persoas que participan non só viven unha emocionante aventura, senón que ao rematar levan consigo un anaco da nosa cultura e tradicións”.

Como sinala o alcalde da Guarda, Roberto Álvarez Carrero, “esta iniciativa pon en valor o noso patrimonio mariñeiro mediante un xogo que permitirá a veciñanza e visitantes descubrir con maior profundidade a cultura mariñeira, que é a esencia de como se formou a nosa vila. As rúas, as casas e a economía xiraron arredor ao porto”. “Esta actividade será moi interesante e divertida, percorrendo rúas e recunchos do noso porto pesqueiro, polo que convidamos a todas as persoas interesadas a inscribirse para este sábado”, anima o rexedor.

O equipo que consiga superar a proba no menor tempo posible gañará unha experiencia para descubrir a paisaxe natural de Prado, en Gondomar, con cea degustación e aloxamento na Lonquexa do Gañán. Ademais, entre todas as persoas participantes o Concello da Guarda sorteará un lote de produtos de degustación do mar valorado en 150 euros.

É importante lembrar que será unha fin de semana chea de escape rooms no territorio. Xunto coa cita na Guarda o sábado 15, o domingo 16 de xuño temos outro encontro en Mos para descubrir os segredos da Festa da Rosa tras adiarse a data inicial prevista por mor da choiva. O escape room de Mos sairá ás 11.00 horas do Pazo de Mos.

As seguintes datas, concellos e temáticas dispoñibles tras A Guarda serán:
• 16 de xuño. Mos. ‘Festa da Rosa’.
• 22 de xuño. O Porriño. ‘Antonio Palacios’.
• 30 de xuño. Oia. ‘O mosteiro de Oia’.
• 6 de xullo. Gondomar. ‘O Conde no Camiño’.
• 12 de xullo. O Rosal. ‘O sector vinícola’.
• 14 de xullo. Fornelos de Montes. ‘Festa gastronómica da carne do Suído e da Chanfaina’.
• 20 de xullo. Tomiño. ‘Camiño da Nosa Señora do Norte’.
• 27 de xullo. Pazos de Borbén. ‘A emigración: As casas indianas’.
• 14 de agosto. Soutomaior. ‘María Vinyals’.
• 20 de setembro. Redondela. ‘A historia da nosa vila’.

Toda a información pormenorizada das actividades, con horario e puntos de encontro están dispoñibles na web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.

O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, xunto co tenente alcalde, Óscar Alonso, e dous representantes de restaurantes locais desprazáronse ata Madrid para presentar unha das festas máis recoñecidas da vila, a XXXII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira. O acto tivo lugar na Casa de Galicia de Madrid, onde foron acollidos polo seu director, Javier Vázquez.

Máis de 100 persoas achegáronse á Casa de Galicia, sendo o acto máis asitentes desta institución neste ano. Todos puideron comprobar a calidade dos produtos que se ofertarán na festa: a protagonista, a langosta, mais tamén a rosca de xema, percebes, viño do Rosal… Entre os invitados estaban autoridades como Marta Rivera de la Cruz, exconselleira de Cultura, Turismo e Deportes da Comunidade de Madrid; diversos membros do gabinete de Madrid, e numerosos profesionais relacionados co sector turístico e gastronómico, moitos dos cales descoñecían a vila e a súa festa e quedaron sorprendidos pola súa beleza.

Roberto Carrero presumiu dos encantos guardeses, tanto das súas paisaxes e historia como da súa xente. Tamén quixo recordar a todas aqueles galegos que viven en Madrid e regresan cada ano durante as súas vacacións. Para rematar a súa intervención, invitou a todos a visitar A Guarda, xa que “A Guarda e a súa festa deixan pegada”.

Pola súa parte, o alcalde da capital, José Luis Martínez-Almeida exerceu como padriño desta edición, e dedicou numerosos eloxios á vila galega. Almeida confesou que tras realizar todas as rutas do Camiño de Santiago, a que máis desfrutou foi precisamente a que comezou desde A Guarda ata Mougás. Ademais, agarda volver á vila para desfrutar de novo da súa gastronomía.

A tradicional cita gastronómica celebrarase os días 5, 6 e 7 de xullo no porto da Guarda. E, como cada edición, a langosta estará acompañada doutros excelentes produtos do mar e gastronomía local. A parte da oferta gastronómica, a oferta cultural e de entretemento será ampla para acompañar eses días no porto guardés. Ao longo do mes iranse coñecendo as actividades e actuacións que se agardan para esa fin de semana.

​ Dende hai unhas semanas veciños da Guarda están traballando nos preparativos das alfombras florais, recollendo os materiais vexetais e flores e picando grandes cantidades que van acumulando en caixas. Comezarán coa elaboración das alfombras florais este sábado pola noite e continuarán durante a madrugada.
​ Os veciños están agrupados por tramos de rúa e as diferentes xeracións das familias traballan para continuar con esta tradición. A noite do sábado é moi especial para os nenos que se esforzan colocando os perfís dos debuxos ou colocando pétalos ou flores con moita paciencia. É importante que os rapaces participen na elaboración para desta maneira que a tradición continúe. Hai uns anos os responsables de cada tramo organizáronse e crearon a Asociación Cultural Alfombras da Guarda para por en valor esta tradicional festa.
​ A medida que avance a noite os deseños secretos de cada tramo de alfombras irase desvelando. Dende a mañá do domingo poderanse contemplar as alfombras decorativas rematadas incluída a alfombra de sal tinguida de cores, que dende hai décadas sorprende cos detalle dos seus deseños.

A praza do Reló, as rúas Oliva e Hernán Cortes, Praza de Jose María Lomba, rúa Malteses e Concepción Arenal é percorrido das alfombras florais. Ás 18:00 celebrase a Misa na Igrexa parroquial de Santa María en honra ao Santísimo e despois a Procesión, momento de especial emoción para todos os integrantes da Asociación e veciños da Guarda.

O Monte Santa Trega é o recurso máis destacado da Guarda polos seus valores patrimoniais, relixiosos e paisaxísticos e o Padroado Municipal de Santa Trega ofrece unha temporada máis as visitas guiadas ao Castro Santa Trega para que os visitantes e veciños poidan coñecer mellor o valor arqueolóxico deste monte.

No verán de 2023 superáronse as 4.000 persoas que realizaron a visita guiada centrada no Castro de Santa Trega. Isto supón un incremento con respecto a anos anteriores, asegurando a oferta destas visitas guiadas na programación de xuño a setembro.

O punto de encontro é o aparcadoiro da Casa Forestal e a visita recorre menos de 1 km polas diferentes áreas escavadas durante os últimos cen anos, incluíndo a zona norte coas vivendas reconstruídas e a muralla ata a zona de Mergelina, na ladeira ao río Miño. Sempre é interesante completar esta actividade coa visita ao MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega.

Os meses de xuño e setembro adoitan ser datas preferentes para visitas guiadas concertadas para grupos e escolares polo que a visita guiada regular nestes meses será as fins de semana ás 12:00h.

Para os meses de maior afluencia, xullo e agosto, amplíase a oferta con visitas de martes a domingo e 4 quendas ao día (12:00, 13:00, 18:00 e 19:00h). Deste xeito, os visitantes interesados terán a oportunidade de coñecela cultura castrexa e a nosa paisaxe.

Estas visitas guiadas non precisan reserva previa e son gratuítas pero aqueles que accedan ao Monte Santa Trega en vehículo deberán abonar o prezo público.

A novidade desta temporada é a visita nocturna de Historias e petróglifo que se realizará cada martes dos meses de xullo e agosto. A proposta é dar a coñecer as lendas e historias percorrendo a área norte do castro e que incluirá a visita ao petróglifo Laxe Sagrada e mapa. O punto de encontro é o mesmo, o aparcadoiro da Casa Forestal, pero para esta visita nocturna si é preciso realizar inscrición previa. A apertura das inscricións será o xoves anterior e tramitarase desde o MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega, no WhatsApp 690 01 70 38 para 4 persoas máximo por petición ou unidade familiar.

Para calquera dúbida poden consultar directamente no Museo Arqueolóxico no tel. 690 01 70 38 ou un mail a masat@aguarda.es.

O pasado mércores 10 de abril celebrouse no Hotel Pazo Los Escudos de Vigo a Gala Anual de Turismo da Deputación de Pontevedra, evento para recoñecer a importancia do sector turístico da provincia e onde se fixo entrega dos distintivos SICTED, Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino.

No acto estivo presente o Alcalde da Guarda, Roberto Álvarez Carrero, e unha representación dos establecementos da vila que tamén renovaron o seu distintivo.

O Concello da Guarda integra ao destino turístico “Provincia de Pontevedra-Rías Baixas” e leva traballando dende o 2009 na implantación do distintivo SICTED coa Oficina de Turismo e a praia do Muíño recollendo o seu diploma da renovación.

Actualmente no Concello da Guarda hai 10 establecementos turísticos xa distinguidos e que seguen renovando e apostando polo compromiso da calidade no seu servizo:

Aloxamentos:
Albergue O Peirao
Camping Santa Tecla
Hotel Apartamentos Marouco
Hotel Vila da Guarda

Restaurantes:
Arruaz
Casa de la Abuela
Celtic
O Cangrexal
Xantar

Bar:
La Botica

Sobre o distintivo

A Deputación de Pontevedra financia este proxecto na súa totalidade: adhesión, formación, implantación e avaliación. Ademais a Xunta puntúa este distintivo de calidade na valoración de méritos de axudas e subvencións.

O SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Traballa con empresas e servizos de ata 37 oficios diferentes co obxectivo de mellorar a experiencia e a satisfacción dos e das turistas. Para logralo, o sistema ofrece ás empresas e servizos adheridos un plan de formación, asistencia técnica, obradoiros, grupos de traballo e manuais de boas prácticas.

A obtención do distintivo SICTED implica o cumprimento dos requisitos fixados, e da conta do esforzo e o compromiso coa calidade e a mellora continua, á vez que distingue ao establecemento fronte á competencia. O certificado ten validez bienal, aínda que precisa dunha avaliación anual de seguimento.

Ata xuño está aberto o prazo de adhesión ao proxecto SICTED para este 2024 polo que si algunha empresa ou servizo está interesada pode contactar coa Oficina de Turismo da Guarda.

A Deputación de Pontevedra lanza o proxecto DA TÚA MAN co obxectivo de fortalecer e impulsar a actividade comercial da nosa provincia e prestar especial atención ao produto e comercio locais.

Este proxecto está integrado por 19 concellos e está en liña co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

O concello da Guarda adheriuse coa sinatura do convenio “Da túa man. Rural II” para a realización de actuacións como visibilizar e modernizar o pequeno comercio mediante o uso das novas tecnoloxías, xerar prácticas que promovan a economía circular e mellorar os espazos para ofrecerlle un servizo óptimo á poboación local e que atraia visitantes.

Unha das iniciativa é a creación da Rede de Comercio Local “MOVE” intregada polos establecementos e apoiada nunha plataforma en liña para darse a coñecer, para compartir e para establecer relacións comerciais e novas oportunidades de negocio.

Esta semana a Deputación (BOPPO Nº69 do 9/04) abriu o procedemento para adherirse a esta rede de Comercio Local e para dar a coñecer esta iniciativa vanse realizar xornadas para informar dos beneficios da rede, de cómo adherirse e, sobre todo, para a resolución de dúbidas. No anexo 1 e 2 das bases publicadas está detallados os códigos IAE admitidos nesta iniciativa.

A xornada informativa do Concello da Guarda será o vindeiro xoves 18 de abril ás 20:00h na Casa dos Alonso e está dirixida a produtores locais, comerciantes, hostaleiros e empresas de aloxamento. Non é preciso inscribirse pero poden consultar previamente en turismo@aguarda.es