​ O Concello da Guarda asinou o convenio do Plan de Sostibilidade Turística en Destino

Nesta semana o Concello da Guarda avanzou na tramitación do Plan Sostibilidade Turística en Destino coa súa sinatura do convenio que regula esta subvención.

O convenio foi asinado entre a Axencia de Turismo de Galicia e Concello da Guarda para a execución do Plan de Sostibilidade Turística da Guarda no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU e que corresponde á convocatoria extraordinaria do 2022.

Unha vez asinado este convenio solicitouse formalmente ante a Axencia de Turismo o adianto do importe total concedido, subvencionado ao 100%. A transferencia do 1.000.000€ será efectiva nas vindeiras semanas.

Paralelamente o Concello da Guarda segue a traballar no desenvolvemento das actuacións previstas no ámbito da sostibilidade, mobilidade e a Competitividade turística. Estas actuacións e as posibles modificacións serán presentadas ao Comité de seguimento coa Axencia de Turismo para a súa aprobación e así dar comezo á execución deste plan.

Comentarios

Leave a Reply