O Concello da Guarda publica a licitación de novos postos para a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira

Tralo bo resultado da última edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, o Concello da Guarda e os postos participantes acordaron ampliar a oferta gastronómica con dous novos postos: un posto adicado á repostería e outro posto adicado de promoción e venda preferentemente de mariscos e outros produtos procedentes da pesca e da acuicultura (restaurante).

A tramitación realizase mediante a licitación a través da plataforma de contratación del sector público do Estado, dispoñible no perfil do Concello da Guarda (código do expediente 3218/2023)

Prazo de presentación ata 26 de febreiro ás 23:59h

Trátase dun procedemento aberto e de carácter ordinario cunha duración dun ano (2024) e prorrogable por outro máis (2025). Este procedemento establece un prezo anual, que poderá ser mellorado á alza por licitador, para cada posto:
• 350 € para o posto adicado á repostería
• 750€ para o posto de promoción e venda preferentemente de mariscos e outros produtos procedentes da pesca e da acuicultura (restaurante).

As persoas interesadas en participar nesta licitación deberán tramitar a través da plataforma de contratación pero a continuación inclúese a documentación para a súa descarga e facilitar o seu coñecemento:

 

Comentarios

Leave a Reply