As visitas ao Castro Santa Trega modifican os seus horarios durante o mes de xullo

No mes de xullo, as visitas ao castro de Santa Trega verán reducidos os seus horarios por indisposición dun dos guías.

Polo tanto ata final de mes os horarios serán os seguintes: os martes ás 12:00, 13:00, 18:00 e 19:00; os mércores e venres ás 18:00 e 19:00; e os xoves serán en horario de mañá ás 12:00 e ás 13:00 horas.

Durante a fin de semana non haberá visitas, agás o domingo 21 que se realizarán visitas pola tarde ás 18:00 e ás 19:00 horas.

O punto de encontro é o aparcadoiro da Casa Forestal e a visita recorre menos de 1 km polas diferentes áreas escavadas durante os últimos cen anos, incluíndo a zona norte coas vivendas reconstruídas e a muralla ata a zona de Mergelina, na ladeira ao río Miño. Sempre é interesante completar esta actividade coa visita ao MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega.

Estas visitas guiadas non precisan reserva previa e son gratuítas pero aqueles que accedan ao Monte Santa Trega en vehículo deberán abonar o prezo público.

Informarase dos horarios confirmados das visitas guiadas ao Castro de Santa Trega para o próximo mes de agosto. Quedan suspendidas ata novo aviso as visitas nocturnas previstas para os martes dos meses de xullo e agosto.

Para calquera dúbida poden consultar directamente no Museo Arqueolóxico no tel. 690 01 70 38 ou un mail a masat@aguarda.es.

Comentarios

Leave a Reply