A Festa do Peixe Espada celebra esta fin de semana a súa 19ª edición. Darase comezo o venres 26 de xullo, co acto de inauguración no Concello ás 19:00 horas, onde tamén se dará entrega do premio do concurso infantil; desta vez, a Laura Santos Adrover.
Xa o sábado, a asociación Piueiro organiza un obradoiro infantil con pintacaras na praza Avelino Vicente a partir das 11:00 horas. Ademais, abrirase a exposición etnográfica mariñeira da Asociación Piueiro no edificio Casa do Pescador, que terá un horario de 11:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
Para levar música as rúas, o Trebón dos Xidos fará un recorrido desde a praza de Avelino Vicente ata o Porto, tanto o sábado como o domingo pola mañá.
Para achegarnos ao mar, o volanteiro Piueiro ofrecerá saídas que precisan reserva previa na Oficina de Turismo da Praza do Reló ou no 986 61 45 46.
Durante a fin de semana 15 restaurantes ofrecerán diferentes tapas ou pratos que terán como protagonista o peixe espada. Deste xeito, mostran a variedade de formas nas que se pode consumir o peixe.
Comentarios