O mes de agosto presenta numerosas oportunidades para visitar o castro Santa Trega nunha visita guiada gratuíta.
Os martes haberá ata catro sesións: 12:00,13:00, 18:00 e 19:00h. Os mércores, venres e domingos só haberá sesións de tarde (18:00 e 19:00 horas), mentres que os xoves só haberá sesións matutinas (12:00 e 13:00 horas).
Hai que ter en conta que non haberá visitas os sábados, nin os domingos 11 e 25 de agosto. Ademais, o domingo 11 non se poderán subir vehículos pola Romaría das Festas do Monte.
A duración das visitas gratuítas é de 45 minutos e só se precisa estar á hora no punto de encontro do parking da casa Forestal, xa que non se necesita reserva previa. Mais para grupo de máis de 12 persoas pídese consultar ao MASAT no teléfono 690 01 70 38.
Aínda que as visitas son de balde, a tarifa de acceso de vehículos non está incluída.
Comentarios