Chega setembro, mes no que nos despedimos do bo tempo e do verán, e é hora de facer balance antes de comezar o novo curso. Na Guarda, para o sector turístico en xeral, este foi un dos mellores veráns dos últimos anos, cunha afluencia constante de turistas durante os meses de xuño, xullo e agosto.

Así o corroboran tamén os establecementos de hostalería da vila que fan unha valoración moi positiva do verán de 2016. Afirman que o mes de xuño foi, en datos, moi similar ó de 2015. Pola súa banda, os meses de xullo e agosto foron excelentes, uns meses de constante traballo tal e como amosan os datos recollidos.

No caso dos hoteis da Guarda, viron mellorados sensiblemente os datos de ocupación.

A tendencia ascendente que xa se observou o ano pasado continuou, cun constante incremento da ocupación. De media, os datos de xullo aumentaron nun 20%, e en agosto nun 10%, con respecto ó mesmo período do ano pasado. Isto fixo que, nos dous meses, a maioría de hoteis colgaran o cartel de “completo”, cunha ocupación de practicamente o 100%.

Para os restaurantes tamén foi un verán de moito traballo, cun mes de xuño moi similar ao do 2015 e uns meses de xullo e agosto que non se poden clasificar por menos que excelentes.

Pódese dicir que, en xeral, para os establecementos de hostalería e para o sector turístico da Guarda en xeral os meses de xuño, xullo e agosto deste ano 2016 foron dos mellores dos últimos anos, cunha campaña de verán moi satisfactoria.

Ó igual que ocorreu o ano anterior, os datos recollidos nos puntos máis turísticos da xeografía guardesa corroboran a tendencia á alza que está conseguir o turismo na vila da Guarda.

O bo tempo destes meses de verán, así como a ampla oferta de puntos de interese, cada día máis variada, que se poden atopar os turistas na Guarda atrae ano tras ano a milleiros de persoas.

O Monte Santa Trega, a xoia da Guarda que ademais é un dos lugares que máis turistas atrae de toda Galicia, recibiu nos meses de xuño, xullo e agosto deste ano 2016 a máis de 100.000 persoas. Trátase dunha cifra récord, con 9.000 persoas máis que na mesma tempada do ano anterior, o que supón un incremento do 10%.

O mes máis destacado foi o mes de agosto, durante o cal subiron ó Monte de Santa Trega máis de 50.000 persoas.

Estes datos positivos tamén se reflicten nas visitas ó MASAT, o Museo Arqueolóxico de Santa Trega. Preto de 30.000 persoas accederon ó Museo do Monte Santa Trega neses tres meses.

En canto á Oficina de Turismo da Guarda, o número de persoas atendidas tamén tivo unha subida considerable. Respecto ós mesmos tres meses de 2015, os datos recollidos amosan que este ano se atendeu a un 20% máis de persoas e que, neste meses, repartíronse uns 15.000 rueiros nas empresas de aloxamento e comercios, oficinas de turismo e rede de museos e outros puntos da Guarda como o despacho do ferry. Só na Oficina de Turismo que se atopa no Porto da Guarda repartíronse 2.500 rueiros, 1.000 máis que no mesmo período do ano anterior.

Pola súa parte o Museo do Mar, outro dos puntos de referencia para os visitantes que se achegan á Guarda, mantén datos similares ós do ano pasado, con preto de 1.500 visitantes. Comparando os datos nestes dous últimos anos houbo un incremento do 30%, que representan 400 persoas máis en relación ás cifras do ano 2014.

A máis que favorable meteoroloxía dos meses de xullo e agosto, así como as fermosas e variadas praias que se poden atopar na costa guardesa, contribuíron a que esta fora unha das mellores tempadas para o turismo e as praias da vila do Baixo Miño.

A Guarda conta con numerosos atractivos entre os que destacan as súas praias, tendo a posibilidade de relaxarnos xunto ó río ou ó mar. Ademais conta con dous areais con bandeiras azuis: a praia de Area Grande e a do Muíño, xunto á desembocadura do río Miño. Estas están unidas por un sendeiro litoral que é un dos 11 recoñecidos como sendeiros azuis na provincia de Pontevedra e que une os dous areais, e o mar e o río, nunha ruta de gran beleza natural.

Para poder manter os estándares de calidade, as praias da vila tiveron unha completa posta a punto no mes de xuño, no que se realizou unha exhaustiva limpeza manual. Esta limpeza é moito máis custosa pero tamén moito mellor en termos de conservación medioambiental. O sistema que se empregou consistiu na acumulación de lixo en montes ou en sacos, segundo o tamaño dos fragmentos, para que logo un tractor fixera o traslado ata o punto de recollida do camión. En ningún caso se utilizan sistemas mecánicos de rastrillado da area. Con isto se conseguiu un uso da praia e do seu entorno no que a xente pode gozar da natureza con criterios de sostibilidade medioambiental.

Ademais, as dúas praias de bandeira azul contaron con servizo de socorrismo dende finais de xuño, que continuou ata onte, domingo 11 de setembro. As súas bandeiras azuis poñen de manifesto a calidade destas praias en canto ás augas de baño, a información e educación ambiental, a xestión ambiental e seguridade, así como os servizos e instalacións. Trátase, pois, dunhas das mellores praias da xeografía galega que nestes meses de verano visitaron, e aínda seguen a facelo, milleiros de persoas, nunha tempada que se desenvolveu de maneira satisfactoria e sen incidentes.

Esta vindeira fin de semana, do venres 9 ao domingo 11 de setembro, a cultura tomará as rúas da vila da Guarda, cunha máis que interesante oferta de lecer.

O venres hai unha cita co primeiro pase de “Os trillizos da Socorro”, obra do Teatro Vamolandando que se representará no Centro Cultural ás 21 horas e que está organizado polo propio grupo “Vamolandando Teatro” en colaboración con concello da Guarda. A obra é unha comedia que conta a historia de Socorro e os seus tres fillos, uns trillizos ya adultos que, non obstante, están moi malcriados e só pensan en xogar e facer cousas de nenos. Isto cambiará coa chegada de Evarista, a asistenta.

O sábado volverán a representar esta obra no mesmo escenario e tamén ás 21 horas. Ademais, ese mesmo sábado 9 de setembro, é a segunda das datas do ciclo de cinema “Camposancos de cine”. Nesta segunda proxección, poderase visionar no Casino de Camposancos ás 21 horas o filme “15 pesetas por Frete”, dirixido por Estefanía Alonso.

Para rematar este cultural fin de semana na Guarda o Festival Espazos Sonoros ofrecerá un concerto de cantares de cego no Castelo de Santa Cruz o domingo día 11 ás 19:30 horas. Trátase dunha proposta musical diferente e orixinal que ofrece música en espazos de interese cultural. Esta iniciativa conxuga, por tanto, música, paisaxe e arquitectura. Neste caso, na Guarda, poderemos desfrutar de Cantos de Cego de Galicia e Portugal a cargo de César Prata e Ariel Ninas. Este concerto xira entorno a un personaxe singular da cultura musical universal: o invidente que canta e fai música, cun repertorio de cantos recollidos ás dúas beiras do río Miño e interpretados por músicos de Galicia e Portugal.

Sen dúbida esta é unha fin de semana ideal para achegarse ata A Guarda e os seus encantos. A piques de dar comezo o novo curso 2016/17 aínda quedan uns días de verán para desfrutar da Guarda e da ampla oferta cultural e de lecer que ofrece, como vén facendo nos último meses.

Un ano máis celébranse as esperadas “Festas do Monte” do 8 ó 15 de agosto. Estas festas de gran tradición entre os veciños de la comarca e que conseguen reunir ás familias xa que moitos regresan para desfrutar de súas vacacións nun dos recunchos de maior beleza de Galicia.

Estas festas xa centenarias son as máis destacadas da comarca. Durante a semana diferentes actos culturais e deportivos atraen a centos de visitantes. As noites están reservadas ó entretemento con citas musicais e as grandes verbenas.

Uno dos principais eventos é o Desfile folclórico do sábado 13 ó que asistirán miles de persoas para contemplar os traxes rexionais e os grupos de gaitas e folclóricos convidados que encherán de música ás rúas no seu percorrido. Tamén destacan a vintena de bandas mariñeiras que co seu toque de tambores e caixas fan único este desfile.

Estas bandas mariñeiras, familias e os visitantes ascenderán ó Monte Santa Trega a mañá do domingo 14 para celebrar a cita máis importante, a romaría centenaria. As bandas distribúense pola cima do monte nun ambiente moi animado cos tambores e caixas como protagonistas. O seu son poderase escoitar en todo o municipio sen descanso durante toda a romaría.

Para despedir as festas organizase unha tirada de fogos artificiais no porto da Guarda na medianoite do luns 15. Ó finalizar a tirada de fogos tocará comezar de novo a contar os días que quedan para volver a gozar das nosas grandes festas.

programa-festas-do-monte

Sábado, 6 – Desde las 10 a 00h en el paseo marítimo junto al Museo del Mar: “GALIFORNIA BEAT”
Evento multideportivo y multicultural con demostraciones de deportes minoritarios como la escalada o el hockey. Además se podrá participar en flyboard y el workshop de breakdance (de 17 a 19h). Durante todo el día habrá conciertos, mercadillo y mucho skate.

Durante el fin de semana se celebran las FIESTAS DE SAN CAYETANO en el barrio de la Cruzada. El viernes habrá una sardiñada desde las 21h. El sábado destaca la verbena a partir de las 22.30 h con las orquestas CONDOR y CALIFORNIA. Y el domingo se reserva para la misa y procesión a las 11.30 y las tradicionales pujas a partir de las 19 horas.

EXPOSICIONES:
Hasta el 15 de agosto en la Casa dos Alonso:
“Camiños da Imaxe” con la obra fotográfica y grabaciones del fotógrafo guardés Joaquín García Portela, conocido como “Costiña”. De martes a sábado: de 12 a 14 horas y de 19 a 22 horas por la tarde. Domingos y festivos solo de mañana.

Hasta el 20 de agosto en el Centro Cultural:
“Un mar de emocións” ofrece la mirada al mar de 19 autores. De lunes a sábado de 10:30 a 14:00h e de 19:00h a 22:00h. Domingos solo tarde.

A última fin de semana de xullo tivo un sabor moi especial na Guarda. Tras unha ausencia que se prolongou durante 9 anos, volveu á vila unha das súas festas gastronómicas máis recoñecidas, a Festa do Peixe Espada. Esta foi a XIII edición da celebración organizada por OR.PA.GU en colaboración co Concello da Guarda.

A festa comezou o sábado da mellor maneira posible, cun pregón á altura da importancia dun día tan especial para a localidade, que foi ofrecido polo cantautor guardés Tino Baz, recoñecido e admirado entre os seus veciños e veciñas, pero tamén no resto da xeografía galega. Este foi precedido pola intervención do alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, quen se encargou de dar a benvida á festa, cunhas verbas adicadas á importancia dos palangreiros e un especial agradecemento a OR.PA.GU. polo traballo de visibilización da flota guardesa, que supón o 40% da flota nacional do peixe espada.

A continuación presentou ó pregoeiro, quen fixo unha espectacular entrada á carpa do Porto da Guarda, tocando a gaita ata chegar o escenario, entre os aplausos dos asistentes. No discurso que ofreceu, coa súa potente e característica voz, quixo destacar o valor gastronómico e nutricional do peixe espada, o emperador dos mares como o definiu, e a importancia de que unha festa como esta tamén aposte pola cultura, a conciencia, a música e a creatividade. Todo isto, afirmou, se pode ver nesta celebración a través do XIII Concurso de carteis “Festa do Peixe Espada” e do I Concurso literario infantil “Homes e mulleres do mar”, cuxos premios se entregaron tras o propio o pregón.

Ese mesmo sábado día 30 tamén se puido desfrutar da actuación de música tradicional de “Fuscalho”, da actuación do grupo Ángel América (ex-vocalista da orquestra América) e da segunda proba do I Campionato Galego de Slalom Integrador.

Xa no segundo día deste vento, o domingo 31 de xullo, a principal protagonista da xornada foi a cociñeira Chus Castro do Restaurante Bitadorna, que leva 23 anos atendendo ó público na Guarda e 6 co establecemento do mesmo nome que abriron en Vigo. A cociñeira guardesa fixo unha demostración en vivo e directo de como se pode preparar o peixe espada de diferentes xeitos, demostrando a versatibilidade deste produto. Nesta masterclass preparou cinco pratos no escenario, en directo e amosando a todos os que se atopaban como realizalos paso a paso. O primeiro foi un tartar, a continuación, c unha preparación similar fixo unha receita moi diferente e das que máis gustou o público: unhas sorprendentes hamburguesas de peixe espada con sésamo. A orixinalidade foi a tónica común dos pratos alí mostrados, que se completaron cun tataki, un carpacho aliñado con alioli de soia e salsa de allo negro e por últimos uns tacos de peixe espada con doce de piña.

Rematou así esta mostra na que se puido comprobar a destreza dunha das cociñeiras máis destacadas da Comarca do Baixo Miño e de toda Galicia, cuxo Restaurante da Guarda foi recoñecido como unha das mellores marisquerías de toda España para o cal o segredo, afirma, é manter a calidade a pesar da dificultade dos tempos e ofrecer unha combinación de marisquería, cociña creativa e artesá na que se fagan cousas sinxelas que potencien o sabor dos produtos utilizados sen escondelos.

Ademais, durante toda a fin de semana tivo lugar na carpa do Porto da Guarda o IV Máster Nacional de Futbolín, houbo diferentes actividades para os nenos e nenas e, por suposto, se puido desfrutar o peixe espada en todas as súas variedades: á prancha, en empanada, en forma de croquetas, en salpicón, etc.

De toda esta oferta de actividades lúdicas e culturais puideron desfrutar os centos de visitantes que se achegaron este sábado e domingo á Guarda para rematar o mes de xullo degustando un dos peixes máis sabrosos da nosa gastronomía nunha contorna

 

A Guarda prepárase para unha fin de semana moi especial, na que volve a celebrarse, tras 9 anos de ausencia, a Festa do Peixe Espada organizada por OR.PA.GU en colaboración co Concello da Guarda. Esta será a XIII edición dunha celebración gastronómica que volve a casa cunha programación do máis completa, que ofrecerá todo tipo de actividades e grandes manxares na Carpa do Porto da Guarda o vindeiro  sábado 30 e domingo 31 de xullo.

Pero a fin de semana xa se inicia por todo o alto o venres 29 pola noite coa inauguración da primeira edición do festival “Música nas Prazas”, unha iniciativa do concello da Guarda que levará 5 actuacións de destacados grupos musicais ás prazas das diversas parroquias da localidade. O primeiro dos concertos, que se celebra este venres ás 22 horas na Praza de Santo Tomás, será ofrecido pola cantante e autora viguesa Carmen Johns, recoñecida en toda a nosa xeografía e unha das autoras que encheu os carteis das dúas últimas edicións do festival Portamérica.

Xa no sábado día 30 dará comezo a Festa do Peixe Espada co pregón ofrecido polo cantautor guardés Tino Baz, ás 12 horas na Carpa do Porto da Guarda. A continuación se entregarán os premios do XIII Concurso de Carteis da Festa do Peixe Espada e do I Concurso literario infantil “Homes e mulleres do mar”. Pola tarde, e ata a noitiña, a música será a protagonista con tres citas destacadas.

Ás 15 horas haberá unha actuación de música tradicional “Fuscalho”. Ás 20 horas celebrarase o Concerto de Folclore AMFF no Auditorio de San Benito, un evento paralelo ó que ten lugar hoxe, 28 de xullo en Vila Praia de Áncora. Esta iniciativa luso galaica busca impulsar aínda máis o vínculo entre as vilas de Caminha e da Guarda, para o que incluirá as actuacións da Orquesta da Academia de Música Fernades Fao, do  Etnográfico de Vila Praia de Ancora, Do Lusco ó Fusco e Boalleira. O día remata coa actuación, no Porto da Guarda ás 23 horas, de Ángel América. Ademais, durante todo o día A Guarda acollerá o I Campionato Integrador e o IV Máster Nacional de Futbolín (que se estenderá ata o domingo).

No seu segundo día, a XIII edición da Festa do Peixe Espada dará cabida a un showcooking, a partir das 15 horas e a actuación da banda de música Llerena, sobre as 14 horas.

Ademais durante toda a fin de semana haberá diversas actividades dispoñibles para os máis cativos como inchables, actividades con monitoras e photocall. Tamén se pode visitar a exposición Camiños da Imaxe, que amosa a obra do fotógrafo local Joaquín Portela “Costiña” na Casa dos Alonsos, cun horario que o sábado é de 12 a 14 horas pola mañá e de 19 a 22 horas, e o domingo só na quenda da mañá.

E toda esta variedade de actividades e lecer estará acompañada polas delicias cociñadas co produto protagonista da celebración, o peixe espada. Haberá 5 postos de restaurantes locais na carpa do Porto e alí se ofrecerán as distintas especialidades a prezos populares.

Non se pode pedir máis que o que ofrece esta fin de semana A Guarda: música, actividades culturais e de lecer, deporte e moita e boa gastronomía.

 

2 de 24 de 43 de 3

O Concello da Guarda ao abeiro da subvención do Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra, na liña 3 con destino as actividades deportivas, ten concedida unha axuda de 6000 euros para poder desenvolver diferentes accións e eventos deportivos ao longo de todo o ano.

Así estas axudas irán destinadas á celebración da Gala do deporte, ao desenvolvemento do programa de Andainas, Torneo de xadrez e dentro do atletismo: ao Trail do Trega e a 15k.

Con esta subvención o Concello pode facer fronte aos diferentes gastos provocados da organización destas actividades e así poder desenvolver unha programación máis diversa durante todo o ano 2016.

Tras meses de traballo, o Concello da Guarda presenta, este mércores día 20, a súa nova web de turismo. A presentación ante os medios de comunicación e sectores interesados da páxina web terá lugar na planta baixa do Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz, ás 12 horas. Este Centro foi inaugurado recentemente e é o lugar idóneo para este evento, pois representa o compromiso do concello da Guarda coa potenciación do turismo da vila.

Esta web nace co obxectivo de proporcionar unha mellor experiencia a visitantes e turistas, que agora contarán cunha páxina específica de turismo na que consultar as súas dúbidas. A páxina web achegará información sobre os recursos turísticos da Guarda, sobre como se pode chegar, onde se pode durmir ou comer, o que hai que visitar ou as diferentes e variadas festas que se celebran na Guarda ao longo do ano, entre outras cousas. Todo isto cun deseño moi visual e atractivo no que as imaxes que amosan a beleza natural e paisaxística, así como o variado patrimonio da vila, son as protagonistas. Creouse así unha web que amosará ó mundo todo o que ten que ofrecer este especial e único recuncho do Baixo Miño.

E isto é só o comezo. O mesmo día da presentación, este mércores, tamén se amosará ó asistentes en exclusiva un vídeo de promoción turística da Guarda. Ademais, despois do arranque da web, a páxina irá actualizándose e ampliando o seu contido para dar cabida a todas as novidades e así ofrecer a información máis completa a todos os que visiten a web. Entre os diversos apartados con actualizacións periódicas atópase un adicado a novas sobre a Rede de Museos da Guarda.

Deste xeito, a nova páxina web axudará a completar a labor que xa viñan facendo a web do concello e a aplicación para móbil, constituíndo as tres ferramentas dixitais nas que visitantes e veciños e veciñas da vila poderán consultar toda aquela información sobre turismo que precisen.

Este verano ofrécense as visitas habituais dende o Museo ás 12:00 cunha duración de 90 minutos visitando el museo e facendo o recorrido completo a pé ata o Castro. E en sentido inverso ás 18.30 h con comenzo no castro e finalizando no Museo.
A novidade deste ano é a visita das 17.00 horas cunha duración de 60 minutos centradas no Castro. O punto de comenzo é a vivenda reconstruída do castro e que incluirá a visita ó barrio de Mergelina, zona sur do castro que foi escavada recentemente.

Estas visitas guiadas son gratuítas e non precisan de inscrición tan so hai que presentarse á hora de comenzo no punto de encontro.

Os grupos de máis de 10 persoas deben realizar reserva previa no MASAT (tel. 986 61 05 04 o en masat@aguarda.es)

Este domingo día 24, celébrase na praia do Muíño da Guarda, a edición XXV Concurso de Figuras de Area. Como en anteriores edicións o Concello espera que sexan moitos os nenos e nenas que se animen a participar nesta divertida iniciativa.

Este ano os premios mudarán para celebrar o seu XXV aniversario xa que gran parte dos nenos xa son os fillos dos participantes nas primeiras edicións.

Como novidade este ano tamén se modifican as categorías. A proba terá marcadas tres categorías segundo a idade: de 3 a 5 anos, de 6 a 10 e de 11 a 16 anos. Tamén haberá a posibilidade de participar en grupo (ata 4 participantes) en dúas categorías en función da idade media dos nenos para facer a competición máis xusta.

A inscrición realizarase o mesmo día no acceso principal da praia do Muíño a partir das 11 da mañá. A proba comezará ás 12 horas e disporán dun espazo delimitado para realizar a figura durante unha hora.

Todos os nenos recibirán un agasallo por participar. Tres xuíces escollerán os gañadores do concurso nas diferentes categorías. Tras comunicar os resultados será a quenda da entrega de agasallos.

A Festa do Peixe Espada volve á Guarda despois de nove anos de ausencia. A última fin de semana de xullo, o sábado día 30 e o domingo 31, celebrarase no Porto da Guarda a XIII Edición dunha festa que volve como unha cita destacada dentro dos eventos gastronómicos da Comarca.

OR.PA.GU., a organización de palangreros guardeses que organiza esta festa, logra recuperar así unha celebración adicada a un peixe moi importante para a Guarda, pois a localidade ten o 40% da flota nacional do mesmo. Por iso para esta festa a organización porá a disposición dos hostaleiros da vila arredor de 2.000 racións de peixe espada, para que todos os asistentes poidan probalo nas distintas variedades preparadas polos cociñeiros locais.

Entre as novidades deste ano destaca que, por primeira vez, coordínanse os dous sectores máis importantes da Guarda, a hostalería e a pesca, para poder ofrecer ós visitantes a mellor das celebracións. Esta Festa contará, ademais de cos manxares elaborados co peixe espada, cunha variedade de actuacións musicais durante toda a fin de semana, ademais de actividades para os máis cativos da casa.

O concello da Guarda quere convidar a todo o mundo a achegarse ata o Porto da Guarda e degustar as delicias gastronómicas nunha XIII Edición da Festa do Peixe Espada que dará comezo o sábado día 30 ó mediodía, na carpa do Porto, coa apertura oficial da Festa e o pregón.

Durante o último mes os veciños, veciñas e visitantes que se achegaron á Guarda os venres, sábados e domingos dende o 27 de maio puideron desfrutar da terceira edición de “Tapearte A Guarda”, ruta gastronómica organizada polo Concello da Guarda que remata este domingo día 26 de xuño.

Esta iniciativa, que busca impulsar e apoiar a gastronomía da Guarda en colaboración cos hosteleiros locais, celebrou neste ano a súa edición de máis duración, debido á boa acollida que tivo nas ocasións anteriores. Así, “Tapearte A Guarda 2016” abarca 5 fins de semana nas que nun horario que vai das 12 a 13 horas e pola tarde das 19 a 21 horas, pódense degustar as 20 tapas que ofrecen 20 establecementos ao módico prezo de 2€ cada unha.

Unha das novidades que se presentaron na edición deste ano foi a creación dun pasaporte para potenciar o concepto de ruta. Este inclúe os 20 establecementos adheridos e nel se selarán aquelas tapas que sexan consumidas. Os que completen o pasaporte e selen as 20 tapas terán un agasallo directo asegurado, que pode ser un altavoz inalámbrico e un detalle elaborado pola Asociación Avelaíña que recollerán na Oficina de Turismo do Concello da Guarda canxeando o pasaporte, como xa fixeron algúns participantes. Ademais, aqueles que cheguen a selar 12 das 20 tapas, entrarán no sorteo de diversos agasallos como reloxos, set de viños ou baterías portátiles que terá lugar o mércores 6 de xullo no Concello da Guarda.

Pero tamén as tapas levan premio, pois os propios consumidores teñen a posibilidade de puntualas no Concurso da Mellor Tapa de Tapearte 2016. Os participantes poden valorar no propio pasaporte do 1 ao 3, sendo 3 a maior puntuación. Deste xeito se premiará ao establecemento coa mellor puntuación, e tamén ó que ofreza o maior número de tapas.

Dende o Concello da Guarda anímase a todo ó mundo a desfrutar este venres, sábado e domingo dos últimos tres días dunha ruta que conta con tapas de gran calidade, representativas da cociña da vila, e a non perder a oportunidade de gañar un agasallo asegurado completando o pasaporte ou de entrar no sorteo.

A Guarda está disposta a facer do verán guardés un dos máis completos da comarca no que a oferta sociocultural se refire, como xa se demostrou na recente presentación da Axenda de Actividades do Verán 2016. E todo comeza esta fin de semana que contará con tres días debido ao festivo autonómico, co que haberá aínda máis tempo para dar a benvida á época estival por todo o alto.

As actividades comezan este xoves pola noite coa celebración, a partir das 22 horas, do “San Xoán no Fuscalho” na zona da Atalaia, que contará con fogueira e actuacións de diversos grupos folk incluída a do Coro Fuscalheiro.

O venres 24, ás 18,3 horas, a Asociación pola Recuperación do Traxe Galego inaugura a súa exposición anual na Casa dos Alonsos, unha mostra que estará aberta ao público ata o 8 de xullo. Tamén este venres 24 de xuño terá lugar na Alameda, ás 2o horas, o Baile de verán da Agrupación Musical da Guarda. Ademais, durante todo o día se celebrará en Campo de Chans, no Monte de Santa Trega, a 1ª Romería Castrexa organizada polas tres Comunidades de Montes da Guarda.

O día seguinte, sábado 25 de xuño, o Auditorio de San Benito acollerá o XII Festival Folclórico Luso-Galaico organizado pola Asociación Cultural Xamaraina, no que se poderán ver as actuacións de tres grupos galegos e un de Portugal. A continuación, ás 22,30 horas na Praza do Reló o grupo Lareira dará un concerto organizado pola Asociación pola recuperación do Traxe Galego para celebrar a apertura da exposición.

A Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira é a data gastronómica de referencia da zona do Baixo Miño pero non todo é comida nesta celebración. Os días 1, 2 e 3 de xullo, ademais de poder degustar a langosta e as delicias da cociña guardesa, os visitantes comprobarán como as rúas da Guarda se enchen de actividades culturais para todos os gustos e públicos.

Nesta edición a programación musical ofrece música moi variada para que todos os asistentes gocen da nosa festa gastronómica. A Orquestra FUTURO ofrecerá o seu espectáculo de música a todos os asistentes na noite do venres.

As mañás estarán amenizadas por concertos de grupos de pop-rock guardeses, ás 12,30 horas no Porto da Guarda. O sábado a actuación correrá ó cargo do grupo 2MIS e o domingo será a quenda de SONGODIN’S.

Na noite do sábado o escenario da carpa acollerá o serán mariñeiro. A partires das 22,30 horas grupos de música tradicional e as pandereitas ofrecerán boa música e entretemento a todos os asistentes.

No último día da celebración, a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira contará, o domingo 3 de xullo, co espectáculo musical infantil de “Uxía Lambona e a Banda Molona”, unha oportunidade para desfrutar dun espectáculo para toda a familia, que seguro fará as delicias dos máis pequenos e pequenas da casa, ás 19 horas no Porto da Guarda. A continuación, no mesmo lugar ás 20 horas, dará comezo a “Noite de Fado” que inclúe a actuación da artista portuguesa Marla Amastor, aclamada cantante de fados, letrista e compositora do país veciño

Durante a fin de semana os asistentes poderán percorrer a rúa do Porto e  visitar a recoñecida Feira de Artesanía. Como xa ven sendo habitual o Tren turístico que percorrerá as rúas da Guarda e tamén se realizarán visitas guiadas ao Museo do Mar, o Castelo de Santa Cruz e o Monte Santa Trega dentro da Rede de Museos.

Dentro das iniciativas culturais destaca “O muro da arte”, que invita a artistas a embelecer as rúas coas súas obras e ademais a Asociación pola Recuperación do Traxe Galego ofrecerá a súa exposición anual na Casa dos Alonsos e que se poderá visitar durante a fin de semana de 19 a 22 horas.