Este domingo 24 de Xullo celebrarase na praia Do Muíño o XXV concurso de figuras de area

Este domingo día 24, celébrase na praia do Muíño da Guarda, a edición XXV Concurso de Figuras de Area. Como en anteriores edicións o Concello espera que sexan moitos os nenos e nenas que se animen a participar nesta divertida iniciativa.

Este ano os premios mudarán para celebrar o seu XXV aniversario xa que gran parte dos nenos xa son os fillos dos participantes nas primeiras edicións.

Como novidade este ano tamén se modifican as categorías. A proba terá marcadas tres categorías segundo a idade: de 3 a 5 anos, de 6 a 10 e de 11 a 16 anos. Tamén haberá a posibilidade de participar en grupo (ata 4 participantes) en dúas categorías en función da idade media dos nenos para facer a competición máis xusta.

A inscrición realizarase o mesmo día no acceso principal da praia do Muíño a partir das 11 da mañá. A proba comezará ás 12 horas e disporán dun espazo delimitado para realizar a figura durante unha hora.

Todos os nenos recibirán un agasallo por participar. Tres xuíces escollerán os gañadores do concurso nas diferentes categorías. Tras comunicar os resultados será a quenda da entrega de agasallos.

Comentarios

Leave a Reply