A Guarda remata o 2023 con máis de 10.000 de persoas atendidas na Oficina de turismo.

A Concellería de Turismo realiza unha valoración positiva dos datos de visitantes, turistas e peregrinos ao longo deste 2023.

Durante este ano foron atendidas na Oficina de Turismo máis de 10.000 persoas interesadas en coñecer que visitar na Guarda e arredores. O Monte de Santa Trega segue sendo a consulta máis numerosa.

No verán as consultas sobre as visitas guiadas ao Castro de Santa Trega e as saídas de navegación na embarcación do Piueiro son numerosas son as actividades máis demandadas polos visitantes e, mesmo os veciños.

Segundo os datos recollidos a longo deste meses pódese aportar información sobre a tipoloxía de visitantes e turistas. O 40% das persoas que visitan a Oficina están aloxadas, sendo as estancias máis longas nos meses de verán. Unha gran porcentaxe dos turistas son nacionais cunha procedencia tradicional como Madrid e Castilla e León, seguidos de País Vasco e Andalucía, estas dúas comunidades creceron con respecto a outros anos. Os visitantes internacionais son peregrinos a excepción de portugueses e franceses, que tamén están crecendo nestes últimos anos. Cerca do 10% dos visitantes e turistas repetiron a súa visita a nosa visita.

Durante o 2023 a Oficina de turismo ampliou o seu horario e datas de apertura co obxectivo de mellorar a atención dos peregrinos. Para ofrecer esta atención o Concello da Guarda percibiu unha subvención da Deputación de Pontevedra para dotar con dous informadores turísticos grazas a que a Oficina de Turismo está integrada na Rede provincial de Info desde 2018.

A previsión para 2023 era un incremento dos peregrinos e foron máis de 4.000 peregrinos atendidas na Oficina. Polo que os datos afianzan a importancia da Guarda no Camiño Portugués da Costa. As consultas dos peregrinos na oficina son para selar o seu credencial ou realizar algunha consulta sobre o camiño ou a vila. Ademais da atención presencial, é constante as consultas por teléfono ou mail para a organización previa da peregrinación.

O albergue municipal de peregrinos estivo aberto do 17/01 ao 17/12 de 2023 e aloxaronse máis de 4.000 peregrinos. Hai que ter en conta que o perfil do peregrino que realiza o Camiño Portugués da Costa é estranxeiro e que ten preferencia polos hoteis. O crecemento deste camiño queda acreditado polos datos da Oficina de peregrinos en Santiago con máis de 53.000 peregrinos que recolleron a súa Compostela á espera dos datos finais co peche do ano. En 2022 os peregrinos rexistrados en Santiago superaron os 30.000 polo que a evolución deste camiño queda reflexa incrementando a chegada en máis de 20.000 peregrinos.

O Monte Santa Trega pódese afirmar que segue a ser o recurso máis destacado da Guarda mantendo os visitantes anuais pero destacou a boa acollida das visitas guiadas do verán e que estiveron centradas no Castro de Santa Trega. Tamén houbo un incremento das visitas didácticas concertadas para os centros escolares e tamén para adultos. Mostra deste interese son as reservas para visitas didácticas realizadas por colexios para a segunda quincena de febreiro do vindeiro ano. O MASAT, Museo de Santa Trega, pechará o día 30 de decembro regresando o 15 de febreiro con ben sendo habitual.

Esta valoración positiva tamén se trasladou a boa acollida da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira na súa edición XXXI nos datos de visitantes achegados e de racións vendidas. O bo resultado en 2023 promove a organización da vindeira edición os días 5, 6 e 7 de xullo de 2024.

No outono lanzouse unha nova imaxe e slogan para a promoción da Guarda e unha web con mapas dixitais que ofrecen rutas e recursos para visitar.
Por último, destacar que a Axencia de Turismo repetiu a iniciativa da iluminación de edificios emblemáticos dos Camiños a Santiago coa frecha amarela durante estas semanas do Nadal. A Guarda como o primeiro concello galego do Camiño Portugués da Costa conta coa iluminación da Torre do Reló.

Comentarios

Leave a Reply